's Avatar

@rgequeer.bsky.social

24 Followers  |  9 Following  |  3 Posts  |  Joined: 20.12.2024  |  1.4102

Latest posts by rgequeer.bsky.social on Bluesky

Post image

🔥 O 22 de marzo vémonos aquí 🔥

07.03.2025 11:16 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

O evento contará con múltiples mesas centradas nos estudos queer e de xénero, entre as que participarán algunhes compañeires da Rede, como Alba Casas e Miguel Alcalde, ademais da mesa redonda plenaria con María Reimóndez. A asistencia certificada é de balde (info no seu instagram: xiiielc_usc).

07.03.2025 16:05 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

O noso compañeiro Miguel Alcalde Silveira é membro da organización das IV Xornadas Internacionais de Iniciación á Investigación en Estudos da Literatura e a Cultura (IV XIIIELC), que se celebrarán os días 19-21 de marzo de 2025 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

07.03.2025 16:05 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Video thumbnail

Hoxe é 16 de xaneiro, día de Santo Esmarado. Desde hoxe, toda a xente que criticou o libro pode, ademais, lelo.

16.01.2025 17:00 — 👍 23    🔁 3    💬 0    📌 0
Nos últimos días temos sido testemuñas dunha onda de ataques, ameazas e insultos contra o investigador Carlos Callón por mor da próxima publicación do seu novo libro “Vidas e historias LGBT na Idade Media”. Desde a Rede Galega de Estudos Queer condenamos esta reacción de desprezo e trasladamos todo o noso apoio ao compañeiro. Estas agresións non van só contra el, senón contra todo estudo ou investigación que tente rachar coa barreira de silencio imposta pola norma patriarcal para agochar todo aquilo que a cuestione. Como investigadoras no campo dos Estudos Queer, somos conscientes do que implica sufrir esa reacción sobre o traballo propio, xa que os ataques, os insultos, as desacreditacións e o boicote de actividades son cada día máis frecuentes na nosa axenda.

Carlos Callón foi un dos primeiros en amosar coas súas investigacións que a Galiza do pasado é moito máis diversa que o que nos transmitiron as memorias oficiais. Grazas ás súas pesquisas coñecemos a historia de Pedro e de Muño, ou a fluidez de xénero en certos contos da literatura popular como “Manflorito e a Lúa”.

O seu enfoque ten sido un piar na reconstrución colectiva da historia e a memoria da disidencia sexual en Galiza, un campo no que participan moitas disciplinas irmás dentro das Humanidades e as Ciencias Sociais. Recuperar e conservar estas historias e memorias silenciadas non só beneficia ao colectivo LGBT+, senón que pon ao servizo da sociedade no seu conxunto unha parte do seu pasado, fundamental para comprenderse no presente e para construírse dun xeito máis democrático.

Carlos Callón foi un dos primeiros en amosar coas súas investigacións que a Galiza do pasado é moito máis diversa que o que nos transmitiron as memorias oficiais. Grazas ás súas pesquisas coñecemos a historia de Pedro e de Muño, ou a fluidez de xénero en certos contos da literatura popular como “Manflorito e a Lúa”. O seu enfoque ten sido un piar na reconstrución colectiva da historia e a memoria da disidencia sexual en Galiza, un campo no que participan moitas disciplinas irmás dentro das Humanidades e as Ciencias Sociais. Recuperar e conservar estas historias e memorias silenciadas non só beneficia ao colectivo LGBT+, senón que pon ao servizo da sociedade no seu conxunto unha parte do seu pasado, fundamental para comprenderse no presente e para construírse dun xeito máis democrático.

O que estamos a vivir coa saída deste libro non é un debate, senón unha agresión contra a liberdade de expresión e investigación. A Rede Galega de Estudos Queer naceu para propiciar e participar en espazos seguros de debate rigoroso sobre os estudos das disidencias no pasado e no presente, por iso animamos a todas as persoas a ler o libro, a acudir ás presentacións e a participar destes espazos para medrar en colectivo cara a unha investigación máis democrática e inclusiva.

COMUNICADO CONTRA O ACOSO A @carloscallon.bsky.social E OS ESTUDOS QUEER NA GALIZA

17.01.2025 18:46 — 👍 14    🔁 7    💬 0    📌 0

@rgequeer is following 9 prominent accounts