Plataforma Defende Mos's Avatar

Plataforma Defende Mos

@defendemos.bsky.social

Plataforma veciñal en defensa do territorio do noso concello ante as infrastruturas que o ameazan. Actualmente loitando contra o novo trazado da A-52.

5 Followers  |  2 Following  |  9 Posts  |  Joined: 23.03.2025  |  1.8271

Latest posts by defendemos.bsky.social on Bluesky

Post image

🚨PRÓXIMO 16 DE MAIO MANIFESTACIÓN EN CONTRA DO NOVO TRAZADO DA A-52.

Saída ás 19:00h da discoteca Queen.

O concello de Mos e os seus veciños necesítante! Únete a nós o próximo 16 de maio!

25.04.2025 19:21 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

Bo día!
Como vedes na publicación, estes días atopáronse marcas brancas nos camiños do noso concello, que coinciden co novo trazado da A-52. Se atopas algunha, ou observas algunha outra información ao respecto, non dubides en contactar con nós!

#defendemos

13.04.2025 21:37 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0

Viva Mos! Viva Bembrive! Xunt@s pararemos esta desfeita!

30.03.2025 10:57 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0

Neste perfil iremos compartindo futuras accións que se realizarán para paralizar esta desfeita, como a recollida de alegacións, a cal estívose facendo nos meses pasados, e a creación dunha comparsa reivindicativa que estivo desfilando polos entroidos da zona.

30.03.2025 10:57 — 👍 2    🔁 2    💬 1    📌 0

Por isto, a veciñanza das parroquias de Mos, tras algo menos de vinte anos, volvémonos xuntar arredor desta plataforma para reivindicar o noso territorio. +

30.03.2025 10:57 — 👍 2    🔁 2    💬 1    📌 0

Todo isto, cando unha autopista, a AP-9, xa está construída e que, de estar liberada, podería cumplir a función que pretenden que cumpla este novo trazado da autovía. +

30.03.2025 10:57 — 👍 2    🔁 2    💬 1    📌 0

Trátase dun novo tramo da A-52 que implicaría a destrución de vivendas e a afección de moitas outras; a tala masiva de árbores; a construción dun túnel que xeraría moitos metros cúbicos de escombro que iría a parar aos nosos montes, ademais da afección a 7 comunidades de augas. +

30.03.2025 10:57 — 👍 2    🔁 2    💬 1    📌 0

O pasado decembro do 2024, a veciñanza do concello de Mos e de Bembrive (concello de Vigo) enterámonos de que unha nova infraestrutura rompería o noso concello e a parroquia viguesa. +

30.03.2025 10:57 — 👍 2    🔁 2    💬 1    📌 0
Post image

Bo día a todas e todos.

Desde a plataforma Defende Mos, abrimos esta conta coa intención de difundir oa máximo a nosa posición respecto ao proxecto do novo trazado da autovía A-52 que, de realizarse, suporía un impacto nocivo para o noso concello. +

30.03.2025 10:57 — 👍 4    🔁 2    💬 1    📌 0

@defendemos is following 2 prominent accounts