CITIC Research UDC's Avatar

CITIC Research UDC

@citicresearch.bsky.social

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da @udc.gal Centro de Excelencia da #RedeCIGUS. https://citic.udc.es/

113 Followers  |  35 Following  |  122 Posts  |  Joined: 31.01.2025
Posts Following

Posts by CITIC Research UDC (@citicresearch.bsky.social)

Preview
A IA como ferramenta estratéxica para mellorar a produción e a loxística empresarial - CITIC O CITIC da Universidade da Coruña acolle o curso para a obtención da microcredencial “IA aplicada ao control e mellora de procesos de produción e loxística”, unha formación práctica dirixida a profesi...

📢 Aberto o prazo de preinscrición para a microcredencial “IA aplicada ao control e mellora de procesos de produción e loxística” da @udc.gal, que terá lugar no #CITIC.

🗓️Preinscrición ata 15/03
➡️ Datas: 8-30 de abril
⏱️ Duración: 30 horas
📝 Matrícula: do 16-29 de marzo

💰 Prezo subvencionado: 85€

05.03.2026 09:59 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Os Almorzos TIC Talk analizan como os astrocitos, as “estrelas” ocultas do cerebro, poden impulsar a intelixencia artificial - CITIC O CITIC acolleu este martes unha nova edición dos AlmorzosTIC Talk. Nesta ocasión, a investigadora Ana Ribas foi a encargada de impartir a charla titulada “But… what is an astrocyte?”, centrada na conexión entre neurociencia e intelixencia artificial.

🧠 No #TICTalk de hoxe, Ana Ribas Rodríguez falou sobre o papel dos astrocitos e o seu potencial para impulsar a intelixencia artificial. 

👇🔗

24.02.2026 13:39 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

🗳️A UDC elixe direccións dos seus 3 centros de investigación do campus da Coruña:

🔹 Fernando Martínez Abella continuará á fronte do @citeec.bsky.social 
🔹 Manuel González Penedo renova no @citicresearch.bsky.social 
🔹 Carlos Platas, novo director do @cicaudc.bsky.social 

🔗https://bit.ly/ElCICDC

18.02.2026 11:26 — 👍 4    🔁 4    💬 0    📌 0
Post image

☕ 🥐 Apúntate xa ó TIC Talk de febreiro!

Ana Ribas Rodríguez impartirá o relatorio "But... what is an astrocyte?", centrado na conexión entre neurociencia e intelixencia artificial.

👉 Rexistro: forms.office.com/e/RB1R1iFLFS

19.02.2026 11:23 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Onte, o CICA celebrou a mesa redonda “Ser científica hoxe”, con Socorro Castro, María Suárez Taboada e Mª Isabel Martínez Lage, no que se falou do día a día da investigación, conciliación e visibilidade das mulleres en ciencia. 👩‍🔬

Grazas á Biblioteca Municipal Durán Loriga por acoller este encontro!

12.02.2026 16:50 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🔬O @cicaudc.bsky.social organiza o 11F unha mesa redonda con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia.

👩‍🔬Participan:
Socorro Castro, investigadora do CICA
María Suárez Taboada, investigadora do @citicresearch.bsky.social 
Mª Isabel Martínez Lage, investigadora do @citeec.bsky.social

10.02.2026 09:56 — 👍 3    🔁 3    💬 0    📌 0
Preview
A UDC e o Ministerio de Xuventude e Infancia asinan un convenio para impulsar a ciencia e a inclusión entre a mocidade - CITIC O CITIC será o principal encargado de canalizar as accións contempladas no acordo, tendo ao seu programa Talentos Inclusivos como un dos eixos centrais.

✍️ A @udc.gal e o @juventudinfgob.bsky.social asinaron hoxe un convenio para impulsar a ciencia, a tecnoloxía e as vocacións STEM entre a infancia e a mocidade, con foco na inclusión.

👉 O #CITIC liderará estas accións tendo como eixo o proxecto Talentos Inclusivos.

06.02.2026 17:45 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
O CITIC da UDC lidera un proxecto europeo que impulsa a simulación de fluídos complexos para protexer o medio ambiente e mellorar a saúde - CITIC Oito institucións de Europa e América traballan de maneira coordinada desde o CITIC para deseñar modelos precisos que se aplicarán a fenómenos como o fluxo de lava e o transporte de fármacos en tecido...

María González coordina no #CITIC o proxecto #InNoPor, unha iniciativa #MSCA na que participan 8 institucións de Europa e América.

Desenvolveranse modelos numéricos para entender fluidos non newtonianos en rochas e tecidos, que se aplicarán en enerxía, medio ambiente e biomedicina.

05.02.2026 13:48 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🗄️ Dispoñible en #accesoaberto no #RUC o artigo do grupo #IRlab da @fic-udc.bsky.social & @citicresearch.bsky.social
"Decoding Hate: Exploring Language Models' Reactions to Hate Speech".
#OA
doi.org/10.18653/v1/...
hdl.handle.net/2183/47249

05.02.2026 08:43 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🗄️ Bo día! Está dispoñible en #accesoaberto no #RUC o artigo do grupo #RNASA-IMEDIR da @fic-udc.bsky.social &
@citicresearch.bsky.social
"Network traffic foundation models: A systematic review".
#OA
doi-org.accedys.udc.es/10.1016/j.co...
hdl.handle.net/2183/47246

05.02.2026 08:06 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🗄️ Dispoñible en #accesoaberto no #RUC o artigo do grupo #LIDIA da @fic-udc.bsky.social & @citicresearch.bsky.social
"From Raw Feeds to Curated Clips: A Modular AI Framework for Sports Highlight Production".
#OA
doi.org/10.3233/FAIA...
hdl.handle.net/2183/47222

04.02.2026 09:50 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🗄️ Xa dispoñible en #accesoaberto no #RUC o traballo de #IRLab da @fic-udc.bsky.social e @citicresearch.bsky.social
"TalkDep: Clinically Grounded LLM Personas for Conversation-Centric Depression Screening"
#FICinvestiga #cienciaaberta #OA
hdl.handle.net/2183/47211 doi.org/10.1145/3746252.3761617

03.02.2026 16:19 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🗄️ Xa dispoñible en #accesoaberto no #RUC o artigo de #GTEC da @fic-udc.bsky.social e @citicresearch.bsky.social "Bluetooth 5 power consumption for an opportunistic edge computing system based on low-power IoT devices"
#FICinvestiga #cienciaaberta #OA
handle.net/2183/47194 doi.org/10.1016/j.io...

02.02.2026 20:17 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
Rubén Cuevas aborda no CITIC da UDC como facer a intelixencia artificial máis verde - CITIC A conferencia enmarcouse no ciclo “Converxencia Verde: IA para un futuro sustentable” impulsado pola Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes.

🌱 Rubén Cuevas presentou onte no #CITIC como optimizar o uso da #IA, reducindo custos e emisións de CO₂, a través dun enfoque práctico para avanzar cara unha intelixencia artificial máis verde e responsable.

⬇️

29.01.2026 13:59 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
A Universidade da Coruña e a empresa Denodo crean a Cátedra Denodo–UDC de Enxeñaría de Datos, Intelixencia Artificial e Innovación Tecnolóxica - CITIC A Cátedra permitirá desenvolver un amplo programa de actuacións dirixidas a reforzar a formación, a divulgación e a investigación no ámbito tecnolóxico. A Fundación CITIC de Galicia colaborou dando ap...

🤝 A @udc.gal e Denodo crean a Cátedra Denodo–UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica, dirixida por José Losada, do #CITIC e da @fic-udc.bsky.social.

Esta alianza impulsará formación, investigación e innovación, e homenaxeará a Paula Montoto cun premio ao Mellor TFG en Informática.

27.01.2026 14:34 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

➡️O #CITIC da @udc.gal  celebra a súa II #WIIPROWeek, reunindo entidades de Francia, Italia, Portugal e España para impulsar novas colaboracións en investigación e innovación🤝

🔗https://f.mtr.cool/ghgruittld

26.01.2026 11:03 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 1
Preview
Rubén Cuevas, profesor da UC3M, presenta no CITIC da UDC un método científico para medir e reducir o impacto enerxético da IA - CITIC A charla, que terá lugar o mércores 28 de xaneiro ás 12:00 h, enmárcase no ciclo “Converxencia Verde: IA para un futuro sustentable” da Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes.

🎉 O 28/01 ás 12:00, o CITIC acolle a conferencia “Un enfoque científico-práctico para a IA verde”, con Rubén Cuevas, organizada pola Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes!

👉 Info e inscrición:

21.01.2026 10:04 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

☕🥐 Comezamos cos TIC Talk de 2026!

O 27/01, Alicia Mascareñas impartirá o relatorio "É o noso Sistema electoral inxusto? Unha mirada dende a teoría de xogos". 

Apúntate 👉 https://f.mtr.cool/civyapjmtr

#FondosEuropeos #RedeCIGUS

21.01.2026 08:02 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Minia Manteiga participa como miembro del tribunal de la Medalla de Física y de los Premios al mejor investigador en Física Teórica y al mejor en Física Experimental, convocados por la #RSEF y la Fundación #BBVA

www.fbbva.es/noticias/cer...

@citicresearch.bsky.social @udc.gal @fic-udc.bsky.social

14.12.2025 18:09 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
Case 200 efectivos despréganse no simulacro transfronteirizo ATEMPO 2025, que integra solucións do CITIC Detalle de udc-news

O @citicresearch.bsky.social participou no Exercicio Multirrisco ATEMPO 2025, un gran simulacro transfronteirizo celebrado na presa do Caldeirão (Guarda, Portugal), que reuniu preto de 200 efectivos de Galicia, Portugal e Castela e León.

+info:

11.12.2025 13:32 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
Tecnoloxía e realidade virtual para frear o Alzheimer - CITIC O subdirector do CITIC da UDC, Javier Pereira defendeu a importancia dun modelo de prevención con enfoque multimodal durante a súa participación nos actos do XXX aniversario da Asociación de Familiare...

Javier Pereira participou nunha mesa redonda con motivo do 30º aniversario de AFACO.
🦾 Presentou ferramentas innovadoras como a realidade virtual para estimulación cognitiva e motora, robots de acompañamento e dispositivos de apoio á vida diaria, así como solucións dixitais de apoio aos coidadores.

05.12.2025 11:53 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

🧠 Esta semana o #CITIC celebrou un curso de Comunicación Científica, promovido dentro do plan de formación do proxecto 3i-ICT COFUND e impartido por ingenyus*.

💡 O persoal investigador aprendeu sobre storytelling ou estratexias de comunicación para mellorar a visibilidade das súas investigacións.

05.12.2025 10:21 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

O @citicresearch.bsky.social reforza o seu compromiso coa innovación en saúde no proxecto europeo RePo-SUDOE, centrado no reposicionamento de fármacos e na medicina personalizada.

No marco deste proxecto, os días 15 e 16/12 terá lugar a 2ª conferencia RePo-SUDOE na Coruña.

🔗https://bit.ly/CtcPrSud

03.12.2025 13:06 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🎙️ “Queremos predicir cando vai sufrir un paciente a cardiotoxicidade”

Ana López fala en O Descodificador sobre o proxecto MCSICAR, no que aplican a estatística para predicir a cardiotoxicidade en pacientes con cancro de mama.

👉 Escoita aquí o podcast con GCiencia: open.spotify.com/episode/4bAA...

28.11.2025 11:31 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
O futuro da IA é verde - CITIC Máis de duascentas persoas participan hoxe e mañá no CITIC da UDC no I Simposio en Intelixencia Artificial Verde, impulsado pola Cátedra Inditex-UDC en Algoritmos Verdes.

👏Hoxe comezou no #CITIC o I Simposio impulsado pola Cátedra INDITEX-UDC de IA en Algoritmos Verdes.

💚 Esta iniciativa busca divulgar a importancia de desenvolver sistemas de #IA desde unha perspectiva sostible e crear un espazo de encontro entre investigación, as empresas e as institucións.

25.11.2025 14:07 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

👉 O próximo xoves, 27 de novembro, o #CITIC organiza unha xornada para explorar as oportunidades de participación nas convocatorias 2026 de #HorizonEurope e noutros programas sinérxicos

➡️ Inscrición gratuíta
💻 Asistencia presencial ou en liña

➕ Información e rexistro: citic.udc.es/gl/o-citic-o...

25.11.2025 12:25 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Talentos Inclusivos recibe o premio "conCIENCIA" de IPfest pola súa transferencia de coñecemento con impacto social - CITIC O proxecto do CITIC da UDC recibiu onte en Vigo o galardón en recoñecemento á súa contribución significativa ao progreso social a través da innovación. PhotoILike, spin-off da UDC, recibiu o premio Sc...

🏆👏 Talentos Inclusivos recibiu o premio autonómico de Transferencia de Coñecemento IPfest na categoría conCIENCIA! Esta recoñece as iniciativas con maior impacto social en España.

Unha distinción que representa a esencia deste programa do #CITIC: xerar solucións reais para quen máis as necesita.
👇📰

21.11.2025 10:40 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

✨A UDC participará na iniciativa internacional Labs UniversitarIA da SEGIB co proxecto AsistIA, un asistente para tarefas administrativas no ámbito universitario desenvolvido polos investigadores do @citicresearch.bsky.social Adriana Dapena e Carlos Escudero.

Máis info: https://bit.ly/LabsUniv

20.11.2025 09:14 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
Concha Monje reivindica a simplicidade como motor da robótica branda no marco da Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes - CITIC A Cátedra Inditex-UDC de Intelixencia artificial en Algoritmos Verdes e o CITIC acolleron o pasado 14 de novembro unha conferencia impartida por Concepción A. Monje Micharet, catedrática da Universida...

O pasado venres o #CITIC acolleu a conferencia de Concha Monje, organizada pola Cátedra INDITEX-UDC de #IA en Algoritmos Verdes.

A catedrática explicou a súa investigación no ámbito da robótica branda, facendo fincapé nas técnicas e nos múltiples usos que ofrece este campo.

19.11.2025 17:19 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Lanzamento da Rede de (CIBER)SEGURIDADE na Xestión dos Sistemas de Auga - CITIC O CITIC acollerá o próximo 21 de novembro a xornada de lanzamento da Rede de (CIBER)Seguridade na Xestión dos Sistemas de Auga Urbanos e Industriais, unha iniciativa organizada pola Cátedra INCIBE en ...

O 21/11, o #CITIC acolle a xornada de lanzamento da Rede de (CIBER)Seguridade na Xestión dos Sistemas de Auga, da Cátedra INCIBE en Dixitalización e Ciberseguridade Hídrica da @univgirona.bsky.social.

📍 Modalidade presencial ou streaming
✍ Inscricións e programa completo:

14.11.2025 14:00 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0