Os estándares internacionais, para quen os queira.
Por ter unha referencia.
Como se le “Mojtaba Jamenei”? Coa teima española de meter o “j” en nomes estranxeiros con valor velar, calquera sabe. Incluso aínda que se use no mesmo nome con outro valor.
En palabras como “folletinesco”, “novelesco”, “xograresco”, “quixotesco”… é doado ver que a desinencia -esco (do latín -iscus) equivale a un “de”. Ese é o motivo de que tantos apelidos romaneses rematen en -esco/-escu, xa que facían referencia a de quen se era.
Ma certo che no, corpo di Bacco!
Estes días fálase moito disto, e cada vez que o leo nun medio italiano pregúntome se algunha vez se animarán nese país a meterlle man ó tema dos neoloxismos, simplemente vendo como fan os seus veciños.
A entrada do día no rinodicionario.
A primeira forma de traducir esta frase é a literal, artificiosa e forzada en galego, pero que acabará soándonos natural de tanto vela nos libros. Usade, mentres poidades, calquera das outras.
No argot contemporáneo “mítico” substituíu a “típico”. → “Es la mítica persona que siempre llega tarde a todos los sitios.”
Os figos de noiva eran figos secos recheos de xema ou coco e bañados en caramelo. Aquí falan dunha confeitaría onde os facían:
ofaiadodamemoria.com/confiter-a-b...
Ferroloides! Que se note que Mario xoga na casa!
As vibras dos narcisos eses. 👌
Casa rica. Moito mármore. ☝️
Un día máis intentando entender de que se fala nas redes sociais.
Empezamos nova tradución!
A “caña” madrileña, aclaramos, que ten entre 20 e 25 cl. A “caña” galega (cana, vaso, tubo, vaso de cana ou simplemente cervexa de barril ou de presión) ten a mesma capacidade cá botella: 33 cl ou un terzo de litro.
www.eldiario.es/viajes/cana-...
Aclaro que o plano debuxado nun saco de cemento por un albanel analfabeto funcional metido a promotor e logo asinado por un titulado en arquitectura non conta como “deseñado por un arquitecto”.
Non sei como podedes meter, en xeral, cousas deseñadas por un arquitecto na saqueta do feísmo. O feísmo é cutrerío, improvisación, falta de sensibilidade estética e prolongación indefinida de solucións supostamente temporais, pero sempre a escala individual.
«Non se pon nunca coma entre o suxeito e o predicado!!!» Pois, como en todo, depende, e aquí tendes un exemplo de Séneca para demostralo.
A palabra castelá "fechoría" é un pouco rara. Trátase da acción perpetrada por un "malhechor", de modo que debería ser máis ben "malhechoría" ou "malfechoría". En galego, en cambio, si temos unha parella perfectamente regular.
A novela de Jean Echenoz sobre a vida do atleta Emil Zátopek, 'Correr', traducida por @mbarcia.bsky.social, no Zigzag.
(min. 14:30).
www.agalega.gal/videos/32196...
Se non é capaz de deducilo, porque non falou dabondo contigo sobre o tema, tes que indicarlle que te refires só a España e que por conxuntura favorable entendes unha combinación de crecemento, emprego, equilibrio macroeconómico e resiliencia.
Se queredes entender aínda menos a deriva da política española podedes preguntarlle isto a ChatGPT, Copilot, Gemini ou DeepSeek. A resposta é sempre a mesma.
É un grandísimo logro europeo que os dous países cos nomes máis parecidos da UE teñan exactamente o mesmo formato de matrícula.
As matrículas teñen unha función identificativa e de seguridade, que debe ir por diante do encanto da diversidade, como o viron claramente no Mercosur.
Por outra banda hai países que usan o mesmo carácter “I” para o 1 e para o “i” maiúsculo (Finlandia) e outros que usan tamén o mesmo carácter para o cero e para o “O” maiúsculo (España), o cal é absurdo.
Para facelas máis lexibles e menos confusas, empregando uns estándares comúns en todo o espazo de uso, onde agora hai modelos tan ilexibles como o irlandés (por acumulación de caracteres) e o italiano (por tamaño da placa e tipografía desaxeitada e apertada).
Na UE cada país usa unha tipografía de forma e tamaño distintos, algúns teñen escudos e outros elementos polo medio, fondo de cor non branca, marcos de cores… e hai 5 países (Malta, Lituania, Hungría, Chipre e Finlandia) que usan a mesma secuencia ABC123. Hai marxe de mellora.
No Mercosur non só teñen o mesmo formato, senón tamén a mesma tipografía, tamaño, cores, espazado e elementos non alfanuméricos. E unha distribución de letras e números exclusiva para cada país, de modo que a secuencia de cada un non coincide coa de ningún outro.
Un éxito sutil da UE foi establecer o formato único de matrículas co simple engadido dunha banda azul. Outros países europeos incorporaron un semellante. E o Mercosur creou tamén un sistema análogo, aínda que foron moito máis adiante.