's Avatar

@xisbe.bsky.social

Amante dos cans, camiñante, fotógrafo e lector.

13 Followers  |  28 Following  |  38 Posts  |  Joined: 21.11.2024  |  1.9919

Latest posts by xisbe.bsky.social on Bluesky

Post image

Pontia daplidice (Linnaeus, 1758)
A única de tres Pontia presentes en Europa que voa en territorio galego, sempre perto das súas plantas nutricias (Reseda e outras). Normalmente véxoa no fin do verán en lugares bastante secos.

17.06.2025 20:29 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Anarrhinum bellidifolium
Nun lugar inculto que asulaga coas cheas, seco e reseco o resto do ano medra esta planta, de forma escasa. varios talos erguidos que en alguns lugares da peninsula chaman "acicate de olor" ou "espuela de Adonis".

16.06.2025 08:55 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Nada por aquí, menos por acolá

Traio aquí unha reflexión da entomóloga Manu Sanders, traducida no blog de José Luis Yela, sobre o declive de insectos e a actitude de tantos, negándoo.
joseluisyela.wordpress.com/2025/05/25/n...

12.06.2025 07:55 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Un bicho raro: Raphidioptera spec.
Con un prototórax alongado que parece un pescozo, chámanlle "mosca xirafa" ou "mosca serpe". Pequenos, de como moito 25 mm. As femias teñen un longo ovopositor, coma unha agulla, para furar a madeira podre onde poñen os ovos (daí o nome raphi, raphe en grego).

09.06.2025 12:52 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Libelloides spec.
Xa se empezan a ver os Libelloides, insectos grandes, amarelos, que voan rápido nas pradeiras e terrapléns á caza de outros artrópodos.
Orde Neuroptera/Suborde Myrmeleontiformia/Fam Ascalaphidae/Subfam Ascalaphinae/Xen Libelloides
Libelloides baeticus, Lastra, 2013

27.05.2025 07:52 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Mutillidae (Hymenoptera)
Femias con apariencia de formigas e que, coma elas, non voan (tirando as raíñas cando saen do niño).
Con sona de picadela que doe moito (en EE.UU. de América a algunha chámanlle "cow killer"), aquí son coñecidas por formigas de veludo pola pilosidade que as cobre.

26.05.2025 08:25 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Abella de suco cincento
É a traducción do nome ingles (Ashy furrow bee). Para entomólogos e entusiastas esta pequena abella chámase Lassioglosum sexnotatum (Kirby, 1802), da familia Halictidae.

22.05.2025 19:17 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Adiviña: Avespa ou abella?
Grosso modo: As abellas teñen pelos e as avespas non. As avespas teñen o abdome máis afiado e as abellas arredondado. As abellas voan coas patas recollidas e as avespas extendidas.
Abella Nomada succinta (Panzer, 1798)
Mimetismo batesiano: parecerse a alguén perigoso.

19.05.2025 20:14 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Avespa cuco: Chrysis viridula (Linnaeus, 1761)
Unha avespa cuco (pon os seus ovos nos niños de outras especies de himenópteros) vistando niños de Odynerus sp., neste caso xa baleiros.

19.05.2025 09:19 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Abella europea
Unha Apis melifera pendurada dunha flor de herba de San Roberto (Geranium robertianum)

17.05.2025 13:56 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Adivinha: Quem tem as antenas mais largas?
Ollo que o português non é o galego.
Unha Eucera sp, xénero de abellas bravas da familia Apidae, liba na flor da Lavandula stoechas.
Por certo nunca fun quén de poñerlle apelido a unha Eucera. na península ibérica debe de haber unhas dez especies.

16.05.2025 21:04 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

A depredadora Polistes dominula
Unha avespa papeleira (fan un niño cunhas celas de pasta semellante ó papel) devora unha eiruga de Depressaria daucella (Denis & Schiffermüller, 1775) sobre unha planta de Oenanthe crocata. Pensei que so zugaban no néctar ata que vin unha cazar unha formiga león.

08.05.2025 07:52 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Esta si que era Forcipomya
Sobre unha Coenonympha pamphilus no ano 2013. Son mosquitos que zugan na hemolinfa de outros insectos. Téñoo visto en outras especies de lepidópteros e en odonatos en algunha fotografía de outras persoas.

06.05.2025 13:30 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Tenthredopsis con polizón
Nin siquer estou seguro de que este sínfito (Symphyta) sexa do xénero Tenthredopsis como tampouco podo asegurar que o polizón sexa da especie Forcipomya.

05.05.2025 12:38 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Ghasús, qué couce!

24.03.2025 21:02 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Chafandaina
#Malica#Chafandaina#Gastronomia#Ghalicia
"Lémbrome que miña nai facía un ghisote con pemento, tomate, cebola e allo para comer coas patacas secas, Que bo estaba!"
Non atopei nos diccionarios nin en outros sitios referencia a este manxar. Debe ser propio da bisbarra frieiresa.

01.03.2025 21:46 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Cópula de Xylocopa
YouTube video by Xosé Berg Cópula de Xylocopa

Cópula de Xylocopa
#Xylocopa#Hymenoptera#Copula#Natureza#Ghalicia
Chama a atención ese son que se repite en tres ocasións e que descoñezo quen o produce e o significado
youtube.com/shorts/Xs420...

28.02.2025 21:31 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Anthocharis cardamines
#Bolboreta#Femia#Pieridae#Natureza#Ghalicia
Aínda falta cando menos un mes para que apareza esta pequeniña polas brañas e prados húmidos.
Femia fotografada no Riós en 2013.
bolboretas.org

28.02.2025 10:27 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

O paxaro que chama a auga
#Malica,#Peto,#Picusviridis,#Pitoreal,#GreenWoodpecker.
#Ghalicia
Estaba Malica plantando cebolas cando de súpeto sona, non lonxe, o "relincho" forte e estrilente do peto ("Kiu-Kiu-Kiu" din nos libros). Dixo entón "aí anda o paxaro que chama á auga, que dicía miña nai".

21.02.2025 21:06 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Ayuso: “Siempre con las mismas mierdas”
#Ayuso,#7291,#MuertesenResidencias,#Madrid
www.eldiario.es/madrid/polit...
¿Qué va a ser? La mierda que usted tiene,señora.

20.02.2025 20:54 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Algunas cosas que sabemos y una que no queremos saber
#ctxt
ctxt.es/es/20250201/...
"...Sabemos que cuando la derecha controla la inmensa mayoría de medios de comunicación capaces de generar estados de ánimo entre la población no es por una enorme vocación de servicio público...".

20.02.2025 20:44 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Narcissus bulbocodium
#Floragalegha,#Amaryllidaceae,#Narcissus,
#Narcissusbulbocodium,#amarelle,#calzasdecuco,

09.02.2025 17:27 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Erithronium dens-canis
#DentedeCan,#Erithroniumdens-canis,#floraghalegha
#biodiversidade,#fotografiadenatureza
De aquí a nada, se é que non apareceron xa en algún punto da xeoghrafía ghalegha, poderemos ver os primeiros exemplares de dente de can, unha fermosa liliácea do fin do inverno.

06.02.2025 17:23 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Carcharodus alceae (Esper, 1780)
#bolboretas.org,#bolboretasgalegas,#Ghalicia,
#fotografiadenatureza,#macrofotografia,
Presente en todo o territorio galego. Planta nutricia: as malvas. Pode verse de abril a outubro.

04.02.2025 04:40 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Fotografía sen foto
#galenrowell(1940-2002)
#outdoorphotography
"A millor fotografía de natureza trascende da pura e simple información visual do mesmo xeito que a poesía vai alén do significado das verbas para comunicar non só o que hai aí fora, senón o que se sinte espiritual e emocionalmente"

28.01.2025 08:21 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Calopteryx virgo
#Calopteryx,#Gaiteiros,#Odonata,#Ghalicia
Macho

21.01.2025 17:13 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Calopteryx haemorrhoidalis
#Calopteryx,#Gaiteiros,#Odonata,#Ghalicia,#bolboretas.org
Macho

21.01.2025 17:11 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Calopteryx xanthostoma
‪ #Gaiteiros,#Calopteryx,#Odonata,#Ghalicia
Macho.

21.01.2025 17:09 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Orchis mascula
#Floraghalegha,#orquideasgalegas,#Ghalicia
Presente nas provincias de Lugo e Ourense, de marzo até xuño, onde é relativamente común, sobre todo nas zonas máis orientais. Pode chegar ó medio metro de altura.

19.01.2025 18:51 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

#Castelao,#xaneiromesCastelao, #AlfonsoDanielRodríguezCastelao, #Ghalicia

18.01.2025 21:35 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

@xisbe is following 18 prominent accounts