🚮 Arrinca en Novo Mesoiro a campaña de difusión sobre o quinto contedor
♻️ Unha carpa informativa visitará os distritos segundo se vaia poñendo en marcha neles o novo modelo de recollida
ℹ️https://i.gal/zfvw3
@concellodacoruna.bsky.social
Perfil oficial do Concello da Coruña. http://coruna.gal
🚮 Arrinca en Novo Mesoiro a campaña de difusión sobre o quinto contedor
♻️ Unha carpa informativa visitará os distritos segundo se vaia poñendo en marcha neles o novo modelo de recollida
ℹ️https://i.gal/zfvw3
🎄✨ Bebeto acenderá o alumeado de Nadal da Coruña o 28 de novembro en María Pita
⚽️ O brasileiro, lenda do Deportivo, participará tamén nunha charla con escolares organizada polo Concello no Ágora o día 27
ℹ️ https://i.gal/RA9L9
🎟️ Á venda as entradas para ‘Reinventio’ no Teatro Colón, un espectáculo que une maxia, danza e circo
Haberá tres funcións:
🗓️ Sábado 3 de xaneiro → 18.00 e 20.30h
🗓️ Domingo 4 de xaneiro → 18.00h
ℹ️https://i.gal/0jNJP
🧯 O Birloque acolle a primeira das charlas formativas sobre prevención de incendios no fogar
🤝 O Concello e a Federación de Asociacións Veciñais organizan estes encontros nos que participa persoal da área de Seguridade Cidadá
ℹ️ https://i.gal/bEPQ5
📣 O Concello únese á rede nacional pioneira en innovación urbana, coa apertura dun novo Centro de Excelencia e Oficina do Dato (CEOD)
👉 A iniciativa supón unha aposta pola innovación e o uso dos datos como motor de desenvolvemento económico
ℹ️ https://i.gal/RLIev
📽️ O III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) arrinca na Coruña cunha chamada á diversidade e á inclusión no sector
👉 Profesionais destacados do sector protagonizarán mesas redondas, charlas e proxeccións do 5 ao 7 de novembro
ℹ️ https://i.gal/sDJUj
🏆O Palacio dos Deportes de Riazor acollerá este domingo o XXVII Trofeo Teresa Herrera de Judo
🥋O torneo reunirá máis de 120 judokas de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León e forma parte do sector oeste do Campionato de España Absoluto 2025
ℹ️https://i.gal/ECYEH
🔭A Casa das Ciencias estrea a película de planetario «A grande aventura do sistema solar»
✨O primeiro pase será o venres 31 de outubro ás 18.00 horas, e desde o sábado 1 de novembro poderá verse nas sesións de fin de semana ás 13.00 e ás 17.00 horas
ℹ️https://i.gal/b5dHB
🚲 O Concello activa as estacións de BiciCoruña de Pedralonga e Palavea
➕ En total, hai xa 66 estacións en servizo, ás que haberá que sumar outras tres instaladas na avenida de Oza, Agrela e San Pedro de Visma
ℹ️ https://i.gal/5aD0M
🚒 O Concello contará cun novo posto de mando móbil para a xestión de emerxencias e eventos especiais
👉 O Concello aprobou diferentes melloras para o servizo municipal por 1,3 millóns de euros, incluíndo a ampliación do parque de Agrela
ℹ️ https://i.gal/UdirO
🤝 A alcaldesa, Inés Rey, visitou hoxe as instalacións de Afaco (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer).
👉 Rey interesouse polo servizo de respiro familiar e apoio para a promoción da autonomía das persoas afectadas, que financia o Concello
🟣 A alcaldesa, Inés Rey,participou esta mañá no acto de presentación da programación da Delegación do Goberno con motivo do 25N
🎨 A campaña conta cun mural obra de Bea Lema, Premio Nacional do Cómic
🌳Comezan as obras de mellora no parque infantil e nos espazos verdes de Puga e Parga, en Catro Camiños
🛝 A intervención permitirá renovar os xogos, ampliar as zonas verdes e mellorar a accesibilidade do recinto
ℹ️ https://i.gal/ZCBoC
⚫ A Corporación municipal garda un minuto de silencio diante do Palacio Municipal como mostra de condena e rexeitamento polo asasinato por violencia machista dunha muller na provincia de Murcia
29.10.2025 11:15 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0🪦 O Concello amplía o horario dos cemiterios e reforza as liñas de autobús con motivo do Día de Todos os Santos
🚍 O dispositivo especial dará servizo aos camposantos de San Amaro, Feáns, San Pedro de Visma, Oza e San Cristóbal das Viñas
ℹ️ https://i.gal/Au7ZI
📣 O Concello inicia os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Antón Vilar Ponte, na Falperra
👉 A actuacións inclúe a creación dun novo paso peonil no cruzamento con Médico Durán
ℹ️ https://i.gal/5p2TH
💐 Juana de Vega, Luis Huici e Víctor López Seoane, figuras escollidas polo Concello para a homenaxe do Día de Todos os Santos
🗓️A cerimonia celebrarase este sábado, 1 de novembro, ás 12.00 horas, no cemiterio municipal de San Amaro 
ℹ️https://i.gal/taGfC
📹 A XI Carreira Popular do Ventorrillo deixou moitas imaxes para o recordo
👉 Repasa con nós o vídeo dos mellores momentos da penúltima proba do circuíto Coruña Corre: https://youtu.be/vh2rbgbKdm8
⚽ A Coruña acolle este sábado o III Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos
🤝 O concelleiro de Deportes destaca o valor do deporte veterano como ferramenta de cohesión social e promoción da cidade
ℹ️ https://i.gal/NFaat
♻️ O Concello inicia unha campaña de difusión nos barrios sobre a implantación do quinto contedor
👉 Unha carpa informativa visitará os distritos nos que xa está implantado
📈 Xa se modificaron 1.651 contedores en distintos barrios da cidade
ℹ️ https://i.gal/YTUxt
🌊 Comezan os traballos de construción da duna de protección na praia de Riazor
🚧 A estrutura de area, que superará os dous metros de altura nalgúns tramos, servirá para minimizar o impacto dos temporais sobre o Paseo Marítimo durante o inverno
ℹ️https://i.gal/U5ktq
📸 Domingo de emocións no Ventorrillo na penúltima proba do circuíto Coruña Corre
🔝 A XI Carreira Popular do Ventorrillo reuniu a máis de 1.200 persoas 
👀 Aquí podes atopar as mellores imaxes da xornada: https://i.gal/LVfkh
❗ A partir deste martes 28 de outubro comeza unha nova fase das obras de ampliación de Alfonso Molina
👉 Os traballos suporán alteracións ao tráfico no acceso á avenida desde a avenida de San Cristóbal
ℹ️ Consulta aquí toda a información: https://i.gal/9PStg
🥁 A Banda Municipal de Música da Coruña segue co seu ciclo de outono no Teatro Colón
👉 Este domingo a formación contou co percusionista Javier Eguillor como solista
🏃♀️ Nuno Moure e Alba Raso gañan a Carreira Popular do Ventorrillo
👉 O circuíto Coruña Corre pechará a súa edición deste ano o 23 de novembro en Novo Mesoiro
ℹ️ https://i.gal/ylmhz
🗣️ Inés Rey reivindica no Día do Dano Cerebral Adquirido a visibilización e apoio ao colectivo
👉 A praza de María Pita acolleu diferentes actividades deportivas e de sensibilización impulsadas por Dano Cerebral A Coruña
ℹ️ https://i.gal/JEvWM
👻 O Concello programa 13 festas e 9 obradoiros de Samaín nos centros cívicos
👉 As festas están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos e deben acudir acompañados/as por unha persoa adulta responsable
ℹ️ https://i.gal/ySQTM
🌊 O Concello comeza o próximo luns a levantar a duna da praia de Riazor
👉 A estrutura de area, que protexerá o Paseo Marítimo dos temporais do inverno, superará os dous metros de altura
ℹ️ https://i.gal/7aREK
♻️ O Concello instala catro novos puntos limpos de proximidade na Praza de Pontevedra, Matogrande, Elviña e Cidade Escolar
👉 Con estas localizacións xa son 11 as instalacións ao servizo da cidadanía para a achega de residuos de reciclaxe complexa
ℹ️ https://i.gal/mEpg6
✅ O Concello finaliza os traballos de reurbanización na rúa das Hortas
👉 A actuación forma parte do plan de melloras do Goberno de Inés no barrio de Pescaría