Cascarelo 🪨's Avatar

Cascarelo 🪨

@cascarelo.bsky.social

Como che vai, Sindo? Ás veces chorando e ás veces rindo. 📍Foz / Santiago de Compostela

2,351 Followers  |  153 Following  |  4,899 Posts  |  Joined: 30.08.2024
Posts Following

Posts by Cascarelo 🪨 (@cascarelo.bsky.social)

Quíxenme facer o intelectual, pero non sei se se di “reprodutividade” ou “reprodutibilidade”. Agora xa foi, Marica non chores.

08.03.2026 12:00 — 👍 8    🔁 0    💬 0    📌 0

Durante case toda a historia, un emblema era algo tipo “unha cabeza de lobo e un caldeiro” e a forma concreta en que se representaban importaba pouco ou nada. A idea actual do logo sempre idéntico a si mesmo e regulado por un manual de identidade corporativa é moi recente.

08.03.2026 11:56 — 👍 7    🔁 1    💬 1    📌 0

É curioso como na época (1972) aínda non se completara a fase de “reprodutividade técnica da obra de arte” enunciada por Benjamin décadas antes. A cara do paisano da parede era diferente da do paisano da furgoneta, aínda que os elementos son comúns. Así funcionou tamén a heráldica durante séculos.

08.03.2026 11:43 — 👍 10    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Yearning from a time I don’t remember.

08.03.2026 11:37 — 👍 34    🔁 4    💬 1    📌 0

O BNG defendendo os nosos sectores produtivos: o cochismo e os enterros. Que mamen los haters.

08.03.2026 11:29 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Denantes morto que contribuír ao erario.

08.03.2026 11:26 — 👍 6    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

A las puertas de la tercera guerra mundial, la actualidad vibra.

08.03.2026 10:42 — 👍 73    🔁 13    💬 2    📌 0

Só veño dicir que os brasileiros chaman “Estragão” ao “Instagram”. O país do futuro.

07.03.2026 21:11 — 👍 27    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Estou de acordo coa frase en castrapo.

06.03.2026 14:59 — 👍 15    🔁 0    💬 1    📌 0
Preview
a woman is sitting at a table in front of a microphone in front of a bookshelf . ALT: a woman is sitting at a table in front of a microphone in front of a bookshelf .
02.03.2026 14:34 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0

Contrario a dereito mais xustificado, o que teño aquí colgado.

02.03.2026 14:09 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

A próxima vez que me poñan unha multa por mexar na rúa en Bruxelas (emulando o boneco creepy que teñen) direi que é unha práctica contraria a dereito, pero xustificada: hai unha realidade dos principios e un principio de realidade.

02.03.2026 13:53 — 👍 14    🔁 2    💬 3    📌 0
Post image

Así entenderán mellor.

02.03.2026 13:10 — 👍 15    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image 01.03.2026 01:10 — 👍 3    🔁 1    💬 2    📌 0

É. Apertas! ❤️

02.03.2026 11:54 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Cando tiña 16 anos negueime a facer a confirmación e agora atráeme isto. As voltas que dá a vida.

01.03.2026 07:30 — 👍 19    🔁 1    💬 0    📌 0

É como o meme da frase de Bart Simpson.

28.02.2026 11:53 — 👍 9    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

A diferenza entre o lunático normal e o lunático premium que temos neste sagrado país é que os nosos sempre teñen unha explicación racional para todo.

28.02.2026 10:47 — 👍 48    🔁 10    💬 2    📌 0

Saudades dos tempos en que para saber as últimas noticias debías ir a unha feira de gado e pagarlle un viño a un cego para que recitase en verso cousas acontecidas dez anos atrás.

28.02.2026 10:21 — 👍 19    🔁 0    💬 0    📌 0

Curioso timing para a discusión sobre se o Campechano debe saír de Abu Daddy.

28.02.2026 09:47 — 👍 10    🔁 0    💬 0    📌 0

"Que uso lle podo dar eu a unha tartaruga viva de 400 quilos?", debeu pensar o xerente do Parador de Cambados cando lla foron vender os mariñeiros.

28.02.2026 08:35 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Buscando outra cousa, topei coa historia da tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) que foi "pescada" na ría de Arousa en 1966 e describiu Plácido Castro. 🐢

28.02.2026 08:31 — 👍 8    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

Lembreime deste meme.

27.02.2026 20:37 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Como están as cabezas.

27.02.2026 20:29 — 👍 12    🔁 2    💬 3    📌 0

A versión española do “rouba mas faz” brasileiro é “rouba mas aparentemente não dá golpes de estado”.

27.02.2026 12:56 — 👍 13    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

Esta biografía dun candidato da UCD ás eleccións de 1977 é como unha novela do Far West.

26.02.2026 21:03 — 👍 23    🔁 0    💬 0    📌 0

Levo aquí máis anos que o antigo deán, pero os asuntos considerados “polémicos” en Santiago nunca deixarán de sorprenderme.

26.02.2026 14:30 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0

CEIP Alma, Corazón y Ciga.

26.02.2026 14:28 — 👍 5    🔁 0    💬 1    📌 0

Está todo carísimo, pero entre os therians e isto non nos podemos queixar do nivel de calidade das cortinas de fume.

26.02.2026 13:47 — 👍 6    🔁 0    💬 0    📌 0

Ben deitamos que o golpe o deu el e non a muller.

26.02.2026 13:37 — 👍 6    🔁 0    💬 1    📌 0