Manuel Gago's Avatar

Manuel Gago

@magago.bsky.social

Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1

2,201 Followers  |  134 Following  |  1,518 Posts  |  Joined: 06.11.2023
Posts Following

Posts by Manuel Gago (@magago.bsky.social)

Post image Post image

...pero se foramos viaxeiros medievais e accederamos polo antigo camiño do mosteiro, observariamos a vista orixinal, que é espectacular. Por iso cando restauramos un monumento deberamos ter un plan para a paisaxe que o envolve. E non pasa nada por talar.

07.03.2026 18:42 — 👍 25    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

Un detalle no que ás veces non reparamos é que todo espazo humano está pensado para ser visto desde un punto de vista concreto, e ás veces non coincide co lugar polo que hoxe chegamos a ese lugar.
Esta é a vista que hoxe vemos cando chegamos ao mosteiro de Carboeiro.
Pero...

07.03.2026 18:41 — 👍 39    🔁 7    💬 1    📌 0
Post image Post image

Portas do Deza.

07.03.2026 18:41 — 👍 41    🔁 5    💬 0    📌 0
Preview
CAD 2026 "Inscrición Congreso de arqueoloxía de Deza 2026"

E se queredes inscribirvos, aquí tedes o formulario:
docs.google.com/forms/d/e/1F...

04.03.2026 20:25 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

Xa está dispoñible o programa do CAD Lalín, o Congreso de Arqueoloxía de Deza, que se celebrará o 21 e 22 de marzo. Andarei por aí moderando unha mesa sobre patrimonio e desenvolvemento local, pero hai moitos relatorios interesantes!

04.03.2026 20:25 — 👍 9    🔁 0    💬 1    📌 0

No artigo que andan moitos incautos compartindo estes días sobre a suposta "descuberta" das Aras Sestianas preto de Fisterra non se achega nin a máis mínima evidencia -repito, nin a primeira- de que esas aras estean nesas localizacións. Nin sequera un miserable indicio. Tremendo.

04.03.2026 19:04 — 👍 11    🔁 1    💬 0    📌 0

Quedou chula, verdade? Un monllo de florciñas que poderías coller tanto na ribeira escocesa como galega.

04.03.2026 07:09 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0

Entrementres, agradecería moito 💟 e RTs para axudar a que o libro se coñeza e poida chegar ás persoas interesadas.
Calquera axuda é boa!

03.03.2026 20:39 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
https://rinoceronte.gal/morgante/produto/ata-que-os-mares-sequen-unha-escocia-en-clave-galega/

O libro estará dispoñible en librarías o 18 de marzo. Aquí tedes a ficha.

Téñovos informados das presentacións. Se desde a vosa asociación ou entidade queredes organizar unha, non tedes máis que comentalo comigo (magago arroba gmail.com).

t.co/XpYh5yyHVP

03.03.2026 20:38 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image Post image

Vai desde os castelos dos lochs nos que se servía viño do Ribeiro ata as mámoas que agochan no seu interior inscricións que conducen a Galicia.
E vai tamén da miña viaxe persoal, porque todos cambiamos cando decidimos facer un tránsito. E Escocia é un marcador vital para min.

03.03.2026 20:38 — 👍 4    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image Post image

Esta historia lévanos desde o Pilar do Aprendiz da capela de Rosslyn ata a sancristía de Oseira. Vai moito máis alá dos típicos relatos do celtismo, e explora dúas culturas europeas das marxes do continente e unha historia de relacións pensada os diálogos do século XXI.

03.03.2026 20:38 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Pero sobre todo 'Ata que os mares sequen' é un ensaio dun novo tipo de diálogo literario que creo pouco frecuente en Galicia: o de dúas culturas nacionais falando de ti a ti, sen prexuízos, explorando as súas conexións pero tamén conectadas no marco da Europa atlántica.

03.03.2026 20:38 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Nunca imaxinei o lonxe que me ía levar esta viaxe. Dun límite do imperio romano a outro, acompañado de guerreiros, escritores, bruxas e raíñas, poetas e médicos. Cada capítulo é un diálogo cun pé en Galicia e outro en Escocia, saltando como fai a nosa cabeza cando viaxamos aló.

03.03.2026 20:37 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

'Ata que os mares sequen' naceu como un libro de viaxes. Pero medrou para ser converter noutra cousa: unha exploración das historias que conectan un rico legado común que une a Escocia e Galicia. Pero tamén de como esas historias discorreron en marabillosos paralelos.

03.03.2026 20:37 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

'Ata que os mares sequen' nace desa sensación que vivimos cando visitamos un país atlántico.

Intúes que lendaa che van contar.
Intúes que hai na volta do camiño.
Sabes como remata o chiste.
Pasas todo o tempo comparando acó e aló.

As nosas culturas conversan dentro de nós.

03.03.2026 20:37 — 👍 6    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Con moita ilusión preséntovos o meu novo libro:

Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega.

Unha viaxe entre estradas, montañas e libros ao longo de dous países con historias comúns, camiños paralelos e diverxentes. Está editado con @morganteedicions.bsky.social.

03.03.2026 20:37 — 👍 74    🔁 36    💬 3    📌 2
Preview
Táboa Redonda on X: "#Libros 📚 @navoltadafolla: “Esta biografía podería ter sido unha folla de Excel”. Unha reflexión sobre os límites da ambición cultural, a responsabilidade de abordar figuras como Cunqueiro e o risco dos proxectos PQTMTS: Para Que Te Metes https://t.co/i3XI9hxUNk" / X #Libros 📚 @navoltadafolla: “Esta biografía podería ter sido unha folla de Excel”. Unha reflexión sobre os límites da ambición cultural, a responsabilidade de abordar figuras como Cunqueiro e o risco dos proxectos PQTMTS: Para Que Te Metes https://t.co/i3XI9hxUNk

“Un dos principais desafíos dun creador cultural é calibrar ata onde pode der chegado como autor e decidir en consecuencia.”

x.com/taboaredonda...

26.02.2026 12:50 — 👍 7    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Este xoves, en Bruxelas, conversamos en voz alta sobre como construír unha identidade galega que aproveite a diversidade e riqueza do noso pasado e nos proxecte cara o futuro. Anécdotas, algunhas risas e moita conversa.

24.02.2026 16:03 — 👍 10    🔁 1    💬 0    📌 0

Pero iso está lonxe do Ourense da Esmorga… de feito, a Esmorga sería pouco factible aí… 😉

21.02.2026 16:53 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Nace unha nova empresa con capital do Estado para aproveitar os grandes recursos naturais de Galicia.

21.02.2026 12:32 — 👍 11    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image Post image

Quen debuxou os osos do escudo de Oseira en 1677 creo que tiña ganas de cocido.

21.02.2026 12:23 — 👍 17    🔁 1    💬 0    📌 0

"Crea unha canción de rock cantando en galego". Non lle pedín máis, non sexades mal pensados.

19.02.2026 06:40 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

Se me din que este corte de música que lle pedín a Lyria, o novo xenerador musical de Google Gemini, o gravaron Los Limones ou Teo Cardalda créomo totalmente.

19.02.2026 06:40 — 👍 10    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

En 2008 fíxenlle esta foto a Vicente o Ferreiro no Mazo da Porteliña (A Fonsagrada). De aquela ese lume xa só se prendía como un agasallo da memoria. Míroa tantos anos despois e ségueme hipnotizando.

18.02.2026 21:18 — 👍 51    🔁 6    💬 0    📌 0
Preview
Náufragos O outro día revisando o catálogo do patrimonio cultural no Barbanza atopeime uns sitios que me chamaron a atención

"Ao sur da praia do Almacén de Sálvora hai dous elementos catalogados como «Enterramentos de náufragos». O primeiro non o lembro, pero moito mirei para o segundo as poucas veces que visitei a illa".

www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...

18.02.2026 07:28 — 👍 9    🔁 2    💬 0    📌 0

Se che gustou, xa sabes que un 💟 ou un RT axudan a que a historia se coñeza!

15.02.2026 10:08 — 👍 9    🔁 2    💬 0    📌 0

Por agora , non estou totalmente certo de se José Sánchez Seijas gravou o seu nome nos acontecementos dese abril de 1846. Pero todo apunta nesa dirección, que nos emociona e nos conecta entre xeracións.

Agora só falta atopar a pasaxe secreta de san Martiño Pinario!

15.02.2026 10:07 — 👍 11    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

A literatura e o xornalismo galego está cheo de referencias xeracionais: homes que lembran aqueles acontecementos que os marcaron coma o seu maio do 68 ou o Prestige. Sempre con ese misterioso subtexto que agora comezamos a comprender e que é o máis interesante daquelas xornadas.

15.02.2026 10:07 — 👍 4    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Se cadra este home participou na revolución de 1846, como tantos estudantes e galegos do seu tempo. Intensos como eran todos estes, se cadra deixou no retablo a súa mensaxe para contarnos que el estivo naquela esforzada xornada.

15.02.2026 10:07 — 👍 6    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Un detalle é que José tiña unha caligracía excelente e tomou o seu tempo para deixar o seu nome e, de xeito moi coidado, o ano.

No 46, o vasto complexo de San Martiño Pinario foi empregado como cárcere para a oficialidade e o resto dos rebeldes durante un tempo.

15.02.2026 10:07 — 👍 7    🔁 0    💬 1    📌 0