Instituto da Lingua Galega's Avatar

Instituto da Lingua Galega

@ilgusc.bsky.social

Conta oficial do Instituto da Lingua Galega (USC)

336 Followers  |  64 Following  |  251 Posts  |  Joined: 12.12.2024
Posts Following

Posts by Instituto da Lingua Galega (@ilgusc.bsky.social)

Presentación - VIII CIDS 2026 O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela en parcería co Projeto Atlas Linguís...

📢 Últimos días para inscribirse con tarifa reducida no CIDS 2026!

⏰ Lembrade que o prazo para realizar o pagamento con tarifa reducida remata o 9 de marzo.

🔗 Máis información e inscrición en 👉 ilg.usc.gal/cids2026

06.03.2026 09:04 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

⏳ Ampliación de prazo!

Amplíase ata o 15 de marzo de 2026 o prazo para o envío de propostas ao coloquio internacional sobre prácticas heteroglósicas nos espazos hispano-lusófonos, que se celebrará en París en 2026 e no que participa o ILG como coorganizador.

🔗 ℹ️: pratheterogloss.sciencesconf.org

05.03.2026 09:03 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

📚✨ O alumnado do CEIP López Ferreiro achegouse ao ILG para coñecer a que foi residencia de Rosalía de Castro entre 1863 e 1865… e acabou descubrindo tamén todo o que se fai hoxe dentro do Instituto!

04.03.2026 09:57 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Conferencia de Carsten Sinner sobre o galego e o castelán de Uruguai O ILG acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:00 horas, a conferencia “O contacto entre galego e castelán en Uruguai. Análises sobre o corpus PRESEEA de Montevideo”, impartida por Carsten Sinner, catedr...

🧷 ilg.usc.gal/gl/actividad...

@usc.gal

02.03.2026 00:29 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

📢 Carsten Sinner falará o día 3, ás 11 h, no ILG sobre contacto galego e castelán en América.

🗣️ Abordará a cuestión de por que o galego apenas espertou o interese da lingüística hispánica. Ademais, presentará exemplos concretos de influencias lingüísticas do galego sobre o castelán do Uruguai.

👇

02.03.2026 00:29 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Video thumbnail

🗣️👉🏼Es PDI nunha universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia? O ILG convoca 2️⃣ axudas, financiadas polo @culturagob.bsky.social, para a realización de estadías de 2 a 4 semanas no seu centro!!

💰Máximo de 1500 €
🗓️ Envío de solicitudes ata 24/03
🧷 ilg.usc.gal/gl/novidades...

01.03.2026 23:24 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image 25.02.2026 11:32 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

🗣️📚 Onte recibimos no ILG a visita de Rosa Crujeiras, candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, que acudiu xunto a Ana Cabana e Marcelino Maneiro, membros do seu equipo, para escoitar as nosas dúbidas e preocupacións.

Grazas pola visita e polo diálogo aberto! 🤝

25.02.2026 11:32 — 👍 3    🔁 1    💬 1    📌 1
Post image Post image 25.02.2026 09:50 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🫱🏾‍🫲🏾O ILG reforza o seu compromiso coa investigación en Humanidades Dixitais coa designación de Vítor Míguez como coordinador de CLARIAH-GAL.

Esta infraestrutura dixital, impulsada polo noso Instituto en colaboración co CiTIUS, forma parte de CLARIAH-ES.

@clariahes.bsky.social

20.02.2026 13:00 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

O coloquio vai ser retransmitido por Zoom (anu.zoom.us/j/8468141404...) e tamén vai ser gravado.

19.02.2026 13:00 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Carmen Parafita, Montse Recalde e Carme Silva, membros do ILG, presentan "Authority, Authenticity, and Variation: The Sociolinguistic Ecology of Galician" no congreso de AILASA sobre diversidade lingüística en España.

🗓️20/02 en Australia - 19/02 en Galicia
⌚8:30 Canberra / 22:30 Galicia
📹 Zoom 👇

19.02.2026 13:00 — 👍 3    🔁 1    💬 1    📌 0
Video thumbnail

🎭 O Entroido fai comunidade.

Nesta gravación de 2006 recollida no Arquivo do Galego Oral, un home de 80 anos fala sobre o Entroido de Caldesiños, en Viana do Bolo, en que participaba toda a xente da aldea. Fala da preparación dos traxes, das disputas, das comparsas...

Viva o Entroido!! 🥁✨

17.02.2026 20:00 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

💞 Antes do Tinder, moceábase: petábase á porta, falábase un anaco, íase ás romarías e ás foliadas…
❤️🥖🍷Nas vodas había regueifa, carolo e ata cinzarrada!
Este #DíaDosNamorados deixámosvos as regueifas dunha muller de Aríns (Santiago).
🎧 Gravación no Arquivo do Galego Oral
📸 Imaxes da Galiciana

14.02.2026 23:19 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🎶 Como soaba a Galicia do século XIX?

O Grupo FILGA da USC organiza este seminario, coordinado polo investigador do ILG Pablo García Martínez, no que Eva Moreda Rodríguez (University of Glasgow) abordará as paisaxes sonoras históricas para reinterpretar a cultura e os textos do XIX desde o son. 🎧

10.02.2026 08:42 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Estamos en época de comer cocido e un ingrediente básico é o porco. Aquí tedes o mapa inédito de "porco" do 'Atlas Lingüístico Galego'. Tede en conta que en varios puntos foi indicado que o "rancho" é o porco pequeno.

"O cocido, ben cocido; e o asado, mal asado". (Dicionario de dicionarios)

09.02.2026 13:30 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

📈 A implicación do alumnado de Ames e das súas familias permitiu un notable aumento das gravacións de fala espontánea, con voces diversas e contidos moi variados en #galego.
🩵 Grazas a todas as persoas participantes! A plataforma continúa aberta para seguir colaborando. 🫱🏾‍🫲🏾

04.02.2026 09:15 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

🎙️ O Proxecto Nós, en que participan o ILG e o CiTIUS, colaborou con Modo Galego. Actívao! cun reto de doazón de voz en Common Voice. Esta é unha iniciativa de dinamización lingüística da Real Academia Galega e do Concello de Ames.

04.02.2026 09:14 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image Post image Post image

🎙️ A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra participou na 6ª edición da escola de inverno ALPES (Zürich–Lausanne), onde abordou os desafíos metodolóxicos no estudo de actos de fala pouco frecuentes. A partir do caso do piropo, reflexionou sobre datos naturais, dilemas éticos e o uso do DCT. 🧠📊

03.02.2026 13:09 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

🎙️ A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra participou na 6ª edición da escola de inverno ALPES (Zürich–Lausanne), onde abordou os desafíos metodolóxicos no estudo de actos de fala pouco frecuentes. A partir do caso do piropo, reflexionou sobre datos naturais, dilemas éticos e o uso do DCT. 🧠📊

03.02.2026 13:09 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

📚 María Álvarez de la Granja, Marta Negro e Reis Rodríguez participaron na III Xornada Experiencias Con-Ciencia na Facultade de Filoloxía. 🧠 O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I iniciouse na lingüística galega cunha xincana divertida 🎲🔍🤝

03.02.2026 10:07 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Feliz día da Candeloria!! ❤️🐦🐦❤️

"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar".
 
Dito recollido no 'Dicionario de dicionarios'.

ilg.usc.gal/ddd/

#ilgusc #Candeloria #inverno #Dicionariodedicionarios

02.02.2026 13:27 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

🗣️🌍 Estela Fidalgo-Garra (ILG) e Miguel Guisantes-Alonso participaron no LIV Simposio da Sociedad Española de Lingüística cun relatorio sobre as tensións ideolóxicas entre o galego e o inglés nos discursos da mocidade galega.

29.01.2026 12:02 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🔎📍No LIV Simposio da SEL, Xulio Sousa (ILG) presentou en Madrid unha comunicación sobre a variación e o cambio no uso do artigo con nomes propios en galego. Analiza factores xeográficos, sociais e pragmáticos con datos de corpus e atlas. 🩵
#ILG #Galego #XulioSousa

28.01.2026 14:13 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Vol 17 (2025) | Estudos de Lingüística Galega

revistas.usc.gal/index.php/el...

28.01.2026 09:11 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🏅 A revista `Estudos de Lingüística Galega´ (ELG) acaba de renovar o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)

📖 Xa podedes consultar en liña todos os traballos do número 17 (2025) de ELG 🌐

✍️📩 Anímate a enviar o teu artigo para o número deste ano!

28.01.2026 09:11 — 👍 1    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

Os investigadores do ILG Diego Rivadulla e Vítor Míguez participaron na reunión de CLARIAH-ES, organizada por IATEX nas Palmas de Gran Canaria, en representación de CLARIAH-GAL.

Na reunión fíxose balance do traballo realizado no último ano e fixáronse as liñas de actuación a curto e medio prazo.

27.01.2026 13:32 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🏛️Visita de INALCO ao ILG 🏛️

🗓️Onte recibimos a visita de dous membros do Institut national des langues et civilisations orientales (INALCO).

Foron recibidos pola directora en funcións Maruxa Álvarez e Francisco Dubert quen se erncargou de comenzar a visita cunha presentación sobre o labor do ILG 🩵

22.01.2026 08:39 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🗓️Visita no ILG de Alba Nogueira, candidata á Reitoría da USC, acompañada polos membros do seu equipo Daniel Lanero Táboas e Margarita Estévez-Saá.

Un encontro que serviu como espazo de diálogo arredor da universidade pública, a investigación e o compromiso coa lingua galega.

21.01.2026 11:54 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

📚✨Nova sesión de Os Luns do Ateneo.

👉 “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” da man de Francisco Fernández Rei, investigador do ILG.

🎥 O Ateneo xa ten dispoñible o vídeo completo da conferencia nas súas canles de Youtube!!
www.ateneodesantiago.gal/mediateca/re...

21.01.2026 08:13 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0