Rosa Crujeiras's Avatar

Rosa Crujeiras

@rosacrujeiras.gal.bsky.social

Profesora de Estatística e Investigación Operativa na @usc.gal. Directora Científica do mellor equipo de matemáticas e matemáticos do mundo no CITMAga.

175 Followers  |  240 Following  |  11 Posts  |  Joined: 22.12.2024  |  2.2566

Latest posts by rosacrujeiras.gal on Bluesky

O seu traballo é un exemplo de perseveranza e reflicte o compromiso das universidades públicas coa investigación de vangarda.

Dende aquí, o meu recoñecemento á súa contribución e á de todas as mulleres que abren camiños na ciencia.

07.07.2025 08:59 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

No acto de entrega dos Premios Nacionais de Investigación e Premios Nacionais de Investigación para Mozos 2024.

Moitos parabéns ás galardonadas Cristina Blanco e Verónica Bolón da Universidade da Coruña e Beatriz Pelaz da Universidade de Santiago de Compostela.

07.07.2025 08:59 — 👍 3    🔁 1    💬 1    📌 1
Preview
Fortalecer a formación médica en Galicia dende a Universidade de Santiago Ao respecto da consideración da posible fragmentación dos estudos de Medicina, ademais das paixóns centrífugas desatadas, chama a atención a falta de evidencias que xustifiquen as demandas e reivindic...

✍️ OPINIÓN | A formación de profesionais sanitarios é clave para o futuro da saúde en Galicia. É fundamental apostar pola USC neste reto.

25.06.2025 10:36 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0

Se perdemos este mestrado, debilitamos a nosa capacidade de reter talento. Non podemos permitir que quen quere investigar ou especializarse teña que marchar fóra por falta de opcións.

24.06.2025 14:34 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Temos un Grao en Matemáticas excelente e dous mestrados de referencia (Enxeñaría Matemática e Técnicas Estatísticas). Pero os tres xuntos son o que fan unha formación robusta e competitiva.

24.06.2025 14:34 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

Este mestrado é sinónimo de investigación sólida, educación pública de calidade e avance social. Defenderlo é defender o valor do coñecemento e as oportunidades en Galicia.

24.06.2025 14:34 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

É unha peza clave na formación matemática da Universidade de Santiago de Compostela. 15 anos de excelencia, formando persoal investigador e contribuíndo á creación dun ecosistema científico de alto nivel.

24.06.2025 14:34 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

O Mestrado en Matemáticas da USC é moito máis que un título. É un piar fundamental.

Explico a súa importancia no seguinte fío (🧶)

📷 Xoán Álvarez

24.06.2025 14:34 — 👍 6    🔁 3    💬 1    📌 0
Post image

Acabamos de publicar un estudo no que identificamos 5 grandes rexións de apelidos en Galicia. Os límites coinciden sorprendentemente cos dialectos do galego e antigas dioceses. Os apelidos contan moito máis do que pensabamos.
@ilgusc.bsky.social @citmaga.bsky.social @usc.gal @rosacrujeiras.gal

24.06.2025 07:38 — 👍 7    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
O rastro da historia nos apelidos galegos | Universidade de Santiago de Compostela O investigador do ILG da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar un artigo na revista Na...

Cada apelido é un testemuño vivo do noso pasado, e descubrir a súa orixe é unha forma de manter viva a nosa identidade.

Un privilexio traballar xunto a María José Ginzo (CITMAga) e Xulio Sousa (ILG-USC) desvelando historias e conexións que nos definen como pobo.

24.06.2025 09:03 — 👍 4    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Quero mostrar o meu apoio, tanto ao equipo docente como ao estudantado do Mestrado de Matemáticas da USC.

Solidarizándose e mostrando o seu apoio canda min, a presidenta da SEIO, Begoña Vitoriano, o presidente do CEMAT, Alfonso Gordaliza e a presidenta entrante da SEIO, Mª Dolores Martínez.

11.06.2025 21:01 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

🌞 A #UniversidadeVerán2025 permitirá que as persoas asistentes coñezan as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos.

A inscrición remata o 4 de xullo!

🌻 www.usc.gal/gl/servizos/...

10.06.2025 09:37 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
"A estima polo noso cantigueiro tardou en espertar, pero non parou de medrar desde os 70" - Praza Pública Antón Santamarina é autor, xunto a Dorothé Schubarth, do Cancioneiro popular galego. Ten parte de responsabilidade na decisión da Academia e confesa que nunca antes viu tanto entusiasmo arredor da cel...

ENTREVISTA | Antón Santamarina, académico da @realacademiagalega.bsky.social e autor, xunto a Dorothé Schubarth, do 'Cancioneiro popular galego': "A estima polo noso cantigueiro tardou en espertar, pero non parou de medrar desde os 70"

16.05.2025 19:18 — 👍 26    🔁 10    💬 0    📌 0
Post image

@pakolas.bsky.social

pakolas.com

12.05.2025 15:21 — 👍 7    🔁 4    💬 1    📌 0
Post image

💡 EFEMÉRIDE
🔔 Día da Muller Matemática (12-M)

🗣️ Quen é para ti unha muller matemática inspiradora?
📝 Estamos desexando lervos!

Participa!

09.05.2025 10:15 — 👍 4    🔁 4    💬 3    📌 0

Feliz día!! Uff… Que complicado! Unha das mellores estatísticas do mundo mundial: Ingrid Van Keilegom. Moitas da escola galega tivemos a sorte de traballar con ela.

12.05.2025 14:24 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Irene Vallejo: “Antes las humanidades eran un lujo de ricos, luego se democratizaron y ahora se atacan por inútiles” La autora de 'El infinito en un junco' defiende las bibliotecas como trincheras de resistencia contra la desigualdad, la exclusión social, la pobreza cultural y la concepción utilitarista del mundo

🎙️ Irene Vallejo: “Antes las humanidades eran un lujo de ricos, luego se democratizaron y ahora se atacan por inútiles”

✍️ @elenacabrera.bsky.social

20.04.2025 11:28 — 👍 53    🔁 16    💬 1    📌 2
Preview
Vicente Feijoo: "Os veciños coñecen os microtopónimos, pero non as historias que se agochan tras eles" - G24 Galicia Nomeada supera medio millón de xeorreferencias e os 4.000 colaboradores, na súa web podemos ver os topónimos ou aportar novos  A aplicación recolleu en 5 anos case 88.000 microtopónimos ...

O coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG e de #GaliciaNomeada pasou polo #ZigZag para falar deste proxecto colaborativo e interxeracional que rescata nomes de leiras, veigas, camiños ou fontes. Vós tamén podedes ser parte desta rede de voluntariado cultural.
www.g24.gal/-/-vicente-f...

14.04.2025 06:48 — 👍 12    🔁 3    💬 1    📌 0
Post image Post image

🎉¡El @imusus.bsky.social y las Matemáticas de la @unisevilla.bsky.social están de enhorabuena!🎉

El IMUS, Instituto de Matemáticas de la US ha sido acreditado con el prestigioso Sello de Excelencia María de Maeztu, que concede la @ageinves.bsky.social

ℹ️https://www.imus.us.es/www/#noticia/2167

11.04.2025 08:31 — 👍 9    🔁 8    💬 1    📌 1
Preview
Nace a Declaración de Compostela, o compromiso cunha ciencia útil e responsable A iniciativa xorde dos tres centros galegos interuniversitarios e aspira a chegar a todo o ecosistema investigador

🥽 Tres centros interuniversitarios únense para poñer a ciencia ao servizo da sociedade.

A Declaración de Compostela aspira a chegar a todo o ecosistema investigador galego.

Que é esta iniciativa? Aquí o repasamos 👇

04.04.2025 09:04 — 👍 4    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
Nace a Declaración de Compostela, o compromiso cunha ciencia útil e responsable A iniciativa xorde dos tres centros galegos interuniversitarios e aspira a chegar a todo o ecosistema investigador

📰 @gciencia.bsky.social | Nace a Declaración de Compostela, o compromiso cunha ciencia útil e responsable

"Os impulsores desta iniciativa queren reunir a máis centros de investigación galegos en torno ao compromiso coa ciencia aberta"

04.04.2025 11:00 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
CISPAC, CITMAga e ECOBAS lanzan a Declaración de Compostela ‘Da ciencia con conciencia’ - CISPAC Os tres centros galegos de investigación interuniversitarios CISPAC, CITMAga e ECOBAS vimos de asinar a Declaración de Compostela Da ciencia con conciencia na que asumimos o compromiso de construír un...

cispac.gal/posts-actual... CIENCIA CON CONCIENCIA Declaración de Compostela dos Centros de Investigación Interuniversitarios de Galicia @UniversidadeUSC @uvigo @udc

03.04.2025 11:02 — 👍 5    🔁 1    💬 0    📌 1
Post image

📢 O @cispac.bsky.social @citmaga.bsky.social e @ecobas.bsky.social lanzan a Declaración de Compostela ‘Da ciencia con conciencia’.

Fan un chamamento a que os centros de investigación de Galicia se unan a esta iniciativa por unha ciencia comprometida e responsable.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

03.04.2025 08:54 — 👍 5    🔁 3    💬 0    📌 0
Post image Post image

🔬 O #CISPAC, #CITMAga e #ECOBAS lanzan a Declaración de Compostela ‘Da ciencia con conciencia’.

📝 Con ela asumimos o compromiso de construír un ecosistema científico colaborativo e aberto á cidadanía.

🫂 Este proceso participativo permite que máis centros de investigación galegos se adhiran.

03.04.2025 11:02 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
¿Para qué vale hoy la universidad? Entre las aspiraciones colectivas cumplidas en muy poco tiempo, la de llegar a la universidad puede que fuese la más flagrante

www.lavozdegalicia.es/noticia/opin... non se pode decir mellor Grazas xeracionais, @fernandatavares.bsky.social

02.04.2025 15:23 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do CITMAga firmando el acuerdo

Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do CITMAga firmando el acuerdo

🤝 A @udc.gal entregou novos espazos no ESCI para #ECOBAS, @cispac.bsky.social e #CITMAga, promovendo a colaboración interuniversitaria.

🏛️ As novas instalacións permitirán mellorar as condicións de traballo e potenciar a investigación multidisciplinar.

🚀 Un paso máis cara á excelencia científica!

26.03.2025 08:01 — 👍 4    🔁 1    💬 1    📌 0
Vista general del acto

Vista general del acto

👥 No acto participaron @rosacrujeiras.bsky.social, Directora Científica #CITMAga, e Miguel Brozos Vázquez, Presidente da Comisión de Divulgación.

🙌Desde CITMAga agradecemos á #UDC por impulsar infraestruturas que fortalecen a nosa investigación e a colaboración interuniversitaria

26.03.2025 08:02 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Cartel promocional del concurso

Cartel promocional del concurso

🎉 II Concurso #PiMAga 2025 🔢✨

Co motivo do #DíaInternacionaldasMatemáticas, buscamos premiar as actividades creativas dos docentes galegos nas súas aulas.

📝 Para participar:
🔸Dirixido a docentes de Galicia.
🔸Responde á pregunta: “Que fas na túa aula para celebrar as matemáticas?”
🔸14-31 marzo.

13.03.2025 12:01 — 👍 2    🔁 2    💬 1    📌 0
Preview
Presentation | NoLineal25 The conference venue will be at the Faculty of Mathematics (Universidade de Santiago de Compostela) in the city of Santiago de Compostela (Spain).

📢 A 14ª ed. do Congreso NoLineal celebrarase en Santiago de Compostela do 16 ao 18 de xuño. Este evento bianual reúne a especialistas en ciencias non lineais para compartir avances e investigacións.

📤Resumos: ata 15/03/2025
🗓 16-18/06
📍 Fac. Matemáticas (#USC).

12.03.2025 08:02 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

O noso centro recibiu, un ano máis, o recoñecemento de Boas Prácticas de Calidade da USC. Neste caso, a práctica recoñecida fai referencia á "Optimización dos procesos de traballo na Unidade de Xestión de Centros e Departamentos".

06.03.2025 18:47 — 👍 4    🔁 1    💬 1    📌 0

@rosacrujeiras.gal is following 19 prominent accounts