Galiza é toda unha escola-borroka segundo a versión de Paula Bolsonaro
www.eldiario.es/galicia/pp-g...
@susobermello.bsky.social
Galiza é toda unha escola-borroka segundo a versión de Paula Bolsonaro
www.eldiario.es/galicia/pp-g...
A unidade, cando non se dá a nivel sindical (o acontecido co acordo da vergoña de 2023 é o mellor exemplo do porqué non se dá), pode vir da man do profesorado. Ese é o cometido dun sindicato con vontade mobilizadora como é @cigensino.bsky.social
Se detrás vén quen quedou atrás, mellor.
A CIG colabora coa recollida de medicamentos e material sanitario promovida pola asociación de amizade galego cubana Francisco Villamil
Pódense depositar nos locais do sindicato @galizacig.bsky.social @cigensino.bsky.social
Bota unha man e baleira o botiquín!
Solidariedade galega co pobo de Cuba!
🇵🇸#ParoXeral15O A clase traballadora galega para polos dereitos do pobo palestino e a fin da ocupación ilegal
📣Milleiros de persoas participaron nas 15 mobilizacións convocadas pola CIG con motivo da xornada de paro xeral
#15OxPalestina #StopXenocidio #GalizaConPalestina #BoicotIsrael
Hoxe participar nos paros laborais é unha demostración de solidariedade e dignidade fronte ao xenocidio e a construción dun relato trumpista e sionista da historia que ameaza con arrasar por completo co pobo palestino. Toda rebeldía comeza no individual por simbólica que sexa
15.10.2025 07:04 — 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0📢A unión do profesorado pon contra as cordas a Consellaría de Educación
www.nosdiario.gal/articulo/soc...
✊📢 O maior seguimento dunha folga no ensino público galego nos últimos anos
🙌 Orgullo de sindicato @CIGEnsino
👏 👏 👏 a un profesorado digno e combativo fronte ao sindicalismo de patacón, á deriva reaccionaria de @EduXunta e a censura dos medios afíns www.cig-ensino.gal/nova/o-maior...
Nova lección de dignidade, compromiso e responsabilidade en moitas frontes. Do profesorado, de familias e dun sindicato que sabe cal é o lado correcto no que actuar. Nin se vende nin se limita á proclama fácil.
Avante toda.
O 25 se setembro, folga xeral no ensino público galego.
Hoxe é de día de mobilización en defensa do ensino público e do seu profesorado.
Para que un goberno cego e quen lle rin as grazas rectifiquen.
Para un recoñecemento que merecemos como docentes.
Para recuperarmos o que nos recortaron.
Imos! @CIGEnsino
Na SIC portuguesa optan polo binormativismo 😜
30.06.2025 16:17 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0Laura Arroxo, secretaria nacional da CIG-ENSINO: "Manter o xefe de inspección educativa no posto é ser cómplice das cousas inadmisibles que di" @praza.gal praza.gal/politica/man...
24.06.2025 14:06 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Sobre os ataques de Trumpilandia a Irán só podo lembrar a adaptación persa do noso himno:
Cumprido fin...Terán.
Están practicando cos sionistas para que o paso sexa máis levadeiro
20.06.2025 15:05 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0Tolerante cos intolerantes, equidistante co xenocidio e protagonista da campaña de acoso e derrubo contra o idioma propio do país. Completen o nome, admite varios. Román, Rueda, PP.
Consentir isto 👇 nun cargo político posto a dedo é unha infamia. www.cig-ensino.gal/files/novas/...
A CIG pide cesar o xefe da inspección educativa por escribir contra as autonomías, a esquerda ou a "clase ociosa" do profesorado @praza.gal praza.gal/politica/a-c...
20.06.2025 08:25 — 👍 0 🔁 4 💬 0 📌 0Piden o cese do subdirector xeral de Inspección, que cualificou o profesorado de "clase ociosa que nunca espertará do seu soño dogmático" - www.nosdiario.gal/articulo/pol...
20.06.2025 08:23 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0A FP galega progresa adecuadamente cara a súa privatización total.
Mentres napública pechan ciclos ou non reforzan os que teñen lista de agarda, na privada concédense aperturas alegremente.
O negocio que non pare!
E agora isto: meter ás empresas directamente nos centros públicos.
Unha nova secretaria nacional da @CIGEnsino sempre rigorosa e con fortes conviccións na defensa do ensino público, da lingua galega, do país. E tamén sempre coa humildade dos e das que cremos que somos uns máis a vogar nun proxecto colectivo. Avante toda!
www.nosdiario.gal/articulo/tra...
A semana negra do goberno sectario de Rueda.
Luns negro, o do embaixador sionista.
Martes negro, o da mani ultrafascista de Madrid.
Mércores negro, o da lei mordaza nas escolas.
Xoves negro, o conselleiro investigado por agresión sexual.
Venres negro, o da TVG.
E aínda queda semana!
🟣 El PP y la prensa sensacionalista revictimizan a la mujer que denunció a Alfonso Villares por una agresión sexual
✍️ Por Juan Oliver
❌ A CIG-Ensino acusa a Xunta de "ditatorial" e querer "controlar" docentes e alumnado coa 'neutralidade ideolóxica'
📢 O sindicato maioritario no sector celebra este sábado, 7 de xuño, o seu noveno congreso baixo o lema "A forza do compromiso"
www.nosdiario.gal/articulo/soc...
Queren un profesorado submiso, un alumnado baixo control e un sistema educativo equidistante fronte á barbarie ambiental ou o xenocidio. Non o terán. Non hai mordaza reaccionaria que nos faga calar.
www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-e...
Hai que ter a cara de cemento armado. "A lexislatura do profesorado" debe ser a nova "marca España"
28.05.2025 14:17 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0A “política de colegas” dos gobernos de Feijóo e Rueda son unha ruína para os servizos públicos do país. A barra libre para os Escotet na universidade privada regalada pola Xunta é boa mostra. Agora van pola formación da rama sanitaria.
Son depredadores.
www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-d...
No Congreso da CIG. Na reafirmación de que non hai avance social sen loita obreira e poder sindical. ✊
24.05.2025 10:17 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0 “Coa Forza da Nosa Clase: Traballo, Dereitos e Soberanía”.
Toda unha definición dos sinais de identidade da primeira forza sindical do país.
Imos!
A segunda acepción de parásito cádralle perfectamente a algún sindicato do ensino público galego que ten como principal cometido seguir á CIG-Ensino e pretender que toma non se sabe ben que iniciativa.
Consello: a xente sabe de sobra o que hai. Traballen por conta propia
Hoxe celebramos a nosa lingua, o noso dereito a vivir en galego todos os días.
Hoxe tamén é o día da hipocrisía de medios nos que o galego só é que aparece ritualmente no #17M
E que maior grao de cinismo que traer este señor a mentir sen escrúpulos?
#DíaDasLetrasGalegas
O Noroeste™, para iso queren que quedemos. Entre iso e ouvir falar a organizacións sindicais e políticas españolas de “territorios” estou por pensar que somos protagonistas dun western.
13.05.2025 17:44 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0