Gatolina é outra das fermosas gatiñas recentemente adoptadas; outra afortunada que xa ten fogar permanente.
15.02.2026 13:21 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0@abeiro.bsky.social
Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela e Teo. CER e adopcións❤️🐈⬛❤️🐈
Gatolina é outra das fermosas gatiñas recentemente adoptadas; outra afortunada que xa ten fogar permanente.
15.02.2026 13:21 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Non queremos que a súa historia quede marcada pola crueldade que sufriron. Queremos que empece de verdade agora.
Se podes ofrecerlles unha oportunidade, ou coñeces alguén que poida, escríbenos.
Ron e Gio merecen saber o que é un fogar 💛🐾
Teñen arredor de 6 meses. A pesar do que viviron, seguen sendo dous gatiños nobres, con ganas de confiar, de xogar e de descubrir que non todas as mans fan dano. Só precisan tempo, paciencia e un fogar onde sentirse seguros.
15.02.2026 11:39 — 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0Ron e Gio son dous pequenos rescatados da rúa nunha situación moi dura. Onde estaban, pegábanlles e tirábanlles pedras. Eran apenas uns bebés intentando sobrevivir nun lugar onde non había compaixón.
Foron recollidos para que non morresen. Para darlles a oportunidade que alí non tiñan.
Bo dia 💕
15.02.2026 07:21 — 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0Roxiño segue sen aparecer…
Por favor, difundide. Ás veces están moi perto e só precisan que alguén se fixe un pouco máis.
Se alguén sabe algo de Roxiño, por pequeno que pareza o detalle, que nos avise.
Bótano moitísimo de menos. As súas coidadoras seguen agardando por el. 🧡🐾
Se hoxe non pasa nada.
non lle botes a culpa ao destino. 🐱🏹
Miel, o gatiño rescatado do interior dun garaxe, cheo de medo, xa ten fogar definitivo. Grazas por axudarnos a salvar vidas coma a súa 💕
14.02.2026 11:59 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0Xa na casa 💕
14.02.2026 10:29 — 👍 4 🔁 0 💬 1 📌 0Dexter é unha pequena rescatada recentemente. Dous dos seus irmáns foron adoptados, e ela e Max ( outra peque) agardan ter pronto a mesma sorte:
14.02.2026 09:48 — 👍 7 🔁 3 💬 0 📌 0Bo día 💕
14.02.2026 09:08 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Señor falta da súa casa desde o mércores pasado, avisa se o ves por favor.
13.02.2026 15:33 — 👍 3 🔁 5 💬 1 📌 1Javi e Redondel son outra das nosas parelliñas de gatiños.
Recollidos do lixo cando apenas eran bebés, loitaron xuntos dende o primeiro día e hoxe seguen agardando a súa oportunidade.
Merecen un fogar onde, por fin, todo sexa seguridade, coidados e cariño.
O que non imos aceptar é o malmeter constante, as insinuacións e o intento de desprestixio. A próxima vez tomaremos medidas legais.
E seguiremos facendo o que sabemos facer: traballar polos animais, coordinando coas institucións para que haxa menos sufrimento na rúa.
O demais xa cansa.
Resulta curioso que estas mesmas persoas non teñan nada que dicir sobre situacións moi graves que están acontecendo en materia de protección animal. Aí non hai comunicados, nin escritos. Se alguén considera que as colonias de Teo son ilegais, que denuncie. Así poderemos defendernos onde corresponde
13.02.2026 11:59 — 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0O que si sería “legal” é que haxa concellos que non paguen nin unha soa esterilización, que ameacen a persoas por alimentar gatos e que incumpran sistematicamente a lei.
Mandan escritos para pedir información, cuestionando o noso traballo e falando de “pseudo-colonias”.
É dicir, sería ilegal que o Concello de Teo, dos poucos que está cumprindo a Lei, asuma o pago das esterilizacións.Un concello que forma parte da Fundación Refuxio de Animais e que ten convenio con Abeiro para a xestión do CER, e que paga as castracións sen que teñamos que andar mendigando.
13.02.2026 11:55 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Pois seguimos cun novo capítulo desta telenovela do mundo ao revés.
Estamos fartas. E ímolo dicir claro.
Hai persoas facendo insinuacións interesadas, afirmando que as colonias que xestionamos en Teo son “ilegais” porque os gatos se levan a clínicas privadas para seren esterilizados.
Ilegais.
Bo día 💕
13.02.2026 08:04 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Galpin atopou fogar; o pequeno siamés, simpático e cariñoso, xa ten familia definitiva. Grazas por axudarnos a salvar vidas ❤️
12.02.2026 14:51 — 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0Brandolín e Turmalino son outra das nosas parelliñas inseparábeis 🖤🖤
Con pouco máis dun ano de idade, estas preciosas panteriñas non se separan nin para durmir.
Buscan fogar permanente, a poder ser conxunto, para seguir acompañadas como merecen.
Anímaste a darlles a oportunidade?
Pepa, afortunada abeirense que ve agora o rúa desde a tranquilidade dun fogar, desexa que teñades moi bó día 💕
12.02.2026 07:15 — 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0Kira está sa e só necesita algo que leva tempo esperando: unha familia que a queira para sempre.
📍 Buscamos un fogar responsable, con compromiso real
Se queres coñecela ou podes ofrecerlle esa oportunidade, escríbenos.
Con cadelas pode ter fricción, especialmente coas de tamaño mediano.
Con machos ao principio é reservada e pode marcar límites, pero acaba xogando sen problema.
Con outros animais:
Ten instinto cazador marcado, polo que pensamos non sería recomendable convivencia con gatos ou animais pequenos.
🐾 KIRA BUSCA FOGAR DEFINITIVO 🐾
Kira é unha pastora suíza de 5 anos, esterilizada que busca fogar.
É moi cariñosa, dócil e obediente. Gústalle estar perto das persoas e crea vínculos moi fortes.
Xa o anunciamos o outro día, pero agora sí oficialmente adoptados a nosa parelliña de siameses redpoint Sil e Eume!
11.02.2026 12:39 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Se alguén pode botarnos unha man ou coñece a alguén que viaxe nesa dirección, por favor, que nos escriba. Axudemos a que Xouba chegue ao seu fogar definitivo 💙🐱
11.02.2026 09:56 — 👍 7 🔁 5 💬 0 📌 0 O problema é a distancia: a súa nova casa está en Castelló, polo que necesitamos transporte solidario para que poida chegar ata alí.
Xouba xa está esterilizada
Está lista para viaxar
Só falta atopar alguén que nos axude co desprazamento.
A pequena Xouba, a gatiña cega que rescatamos hai unhas semanas, xa ten familia
Unha familia que xa convive cunha gatiña á que lle falta un ollo quere que Xouba forme parte do seu fogar, e para nós é unha opción perfecta: coñecen a diversidade funcional e saberán darlle os coidados que precisa.
Bo día 💕
11.02.2026 08:01 — 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0