⛅️Marzo marzán, á mañá cara de rosa e á tarde cara de can.
Chegou o marzo e en breves a primavera amigaaas!!! E mentres, todas estas actividades chulísimas...que máis queredes?!
@hedreira.bsky.social
Centro social autoxestionado en Lugo. Móvenos a cultura alternativa, a creación colectiva, a xustiza social e a defensa do territorio. Podes informarte e afiliarte en: ahedreira.noblogs.org Rúa Catasol, 17 (LUGO)
⛅️Marzo marzán, á mañá cara de rosa e á tarde cara de can.
Chegou o marzo e en breves a primavera amigaaas!!! E mentres, todas estas actividades chulísimas...que máis queredes?!
🚪O próximo 28 de febreiro desde as 12h temos unhas xornadas de convivencia e vivenda alternativa beeen interesantes 🤩
26.02.2026 07:34 — 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0**Será un xornada interesantísima e fermosísima, non ofertaremos comida para todes mais despois da pausa convidámosvos a todos ao café antes de retomar a xornada coa charla de Agrelar
26.02.2026 07:34 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
🌸Ademais, contaremos coa presenza da Consultora Agrelar que virán a falar con nós un poquiño e a darnos perspectiva
🪩O día rematará co concerto de @kafedepota, que non todo vai ser falar 🕺
- 📍Sete Outeiros (Ribeira Sacra): espaço na natureza para pessoas trans e queer com um enfase descolonial e para pessoas razializadas.
- 📍As Lavandeiras (A Coruña): proxecto de vivenda colaborativa en cesión de uso
- 📍Frondeira (Sarria): proxecto de vida en comunidade e espazo de experimentación arredor de conceptos como o decrecemento, a autosuficiencia ou a crianza colectiva
- 📍Foxo-Negueira de Muñiz (Lugo): comunidade de vida alternativa fundada nos '70
- 📍Proxecto de vivenda común e compartida entre 8 amigues e 2 crianzas (Monterroso)
- 📍Tribo Salvaxe (Ourense): proxecto de convivencia intencional baseado nuns valores compartidos de respecto pola contorna, coidado mutuo e implicación social
🔑Contaremos cos seguintes proxectos, os cales nos fan moitísima ilusión!:
- 📍Silveira (Cea): cooperativa de vivenda que nace como un proxecto comunitario baseado nos principios da permacultura e a autoxestión
- 📍Xose (Lugo): experiencia de autoconstrucción
🚪O próximo 28 de febreiro desde as 12h temos unhas xornadas de convivencia e vivenda alternativa beeen interesantes 🤩
26.02.2026 07:34 — 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0Do 10 de outubro ao 8 de novembro de 2010 aproximadamente 20.000 saharauís uníronse nun campamento de protesta en Gdeim Izik para facer reclamacións democráticas e de mellora das súas condicións de vida fronte á ocupación de Marrocos no Sáhara Occidental. Os anhelos saharauís convertéronse nun pesadelo cando as autoridades marroquís levaron a cabo un asalto ao campamento e detiveron e someteron a tortura a centos de persoas. 24 saharauís, coñecidos como o grupo de Gdeim Izik, permanecen en prisión desde entón, sentenciados por un tribunal militar a penas que oscilan entre 25 anos e cadea perpetua, sen probas e con confesións asinadas baixo tortura. A historia de Gdeim Izik, que para moitas marca o inicio da Primavera Árabe, é un testemuño da resistencia saharauí fronte á ocupación ilegal de Marrocos, a corrupción e a complicidade internacional.
🎥 A seguir proxectaremos 'Gdeim Izik. Crónica de la resistencia saharaui' (1 h 17 min). Descrición na imaxe.
24.02.2026 13:43 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0🎞 O cinefórum iniciarase cunha escolma de extractos de documentais e reportaxes de 34 min de duración total sobre o papel de España na entrega do Sáhara Occidental a Marrocos formalizada o 26 de febreiro de 1976 e o contexto no que se constituíu ao día seguinte a República Árabe Saharauí Democrática
24.02.2026 13:43 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Cartel do cinefórum. Fotografía extraída do festival FiSahara 2021.
🍿🎬 Este xoves 26 de febreiro haberá cinefórum especial 50 aniversario da República Árabe Saharauí Democrática.
⏰ Houbo un cambio de hora con respecto ao cartel mensual. Será ás 19:30 !!
✊ Contaremos coa presenza da Comunidade Saharauí en Galiza.
⏳ Duración total das proxeccións: 1h 51 min
Es venres cea vegana ás 21:30. Reserva no correo csahedreira@riseup.net. Prezo á vontade.
22.02.2026 21:41 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Este sábado temos xornada na Hedreira a partir das 12:30. 'Destrución e resistencia: o territorio en disputa'. Organizada polo Seminario de Estudos Libertarios de Galiza, Refuxios da Memoria, Xesta, Bastiana e Ardora.
Reserva para xantar: csahedreira@riseup.net.
Hoxe 👇
Unha crítica ao turismo moderno a través da mirada dun viaxeiro.
☕️🍵🍸 SEGUNDO CAFÉ FILOSÓFICO: ven desbardallar, esta vez edición: arte e política
Xoves 19 ás 19:00
Mércores 18 ás 20:30
Presentación do libro 'Kapokadas. De Australia a Europa, a dedo'.
Un percorrido de 40.000 km que expón as fracturas do mundo, o colonialismo e o turismo moderno.
O merdeiro é unha personaxe tradicional de Vigo que xorde da histórica rivalidade entre mariñeiros e campesiños. Extinguida nos anos 20 do século XX por causa de ordenanzas municipais, hoxe volve ser unha figura fundamental do entroido vigués. No documental, as protagonistas da súa recente recuperación explican como foi este proceso e como se adaptou aos tempos actuais.
O Entroido Ribeirao é unha celebración moi antiga da Ribeira Sacra en Chantada que resistiu no Moredo a ditadura franquista e o despoboamento das aldeas. No documental falan veciños e veciñas que mantiveron o Entroido nos tempos en que estivo prohibido, a pesar da represión política e relixiosa, do reto do relevo xeneracional e da minusvaloracion da ruralidade e os seus costumes e festividades.
Este xoves 12 de febreiro ás 19:00 na Hedreira teremos cinefórum especial de entroido. Proxectaremos dúas curtas documentais:
'Os merdeiros. A recuperaçom' (2013) - 28 minutos
'O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao' (2016) - 29 minutos
Máis información no texto alternativo das imaxes.
Mañá retomamos un antigo obradoiro da Hedreira: En movemento. Os primeiros venres de cada mes de 19 a 21h.
Un espazo para deixarnos levar, bailar e explorar o movemento individual e colectivo, para todos os corpos e de todas as idades.
Mañá ás 19h obradoiro de costura básica. Podes traer a túa roupa pendente de arranxar.
04.02.2026 20:27 — 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0Programa de febreiro 👇
04.02.2026 12:04 — 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Hoxe ás 19h na Hedreira proxectamos The Lure.
The Lure é un musical polaco de ton escuro que reinterpreta o conto da Sereíña nun club nocturno dos anos 80 tratando a outredade entre o amor romántico e a natureza propia.
📢 GALIZA CON ROJAVA
Este sábado 31 de xaneiro saímos á rúa en Compostela para dicir alto e claro non ao imperialismo e non ao fascismo.
📍 Praza do Toural, Compostela
🕧 12.30 h
Hoxe xoves ás 20h na presentación do "Manual para destapar a un policía" tamén presentaremos a reedición de A mocidade nom se vende, sobre intentos de infiltración no independentismo galego.
15.01.2026 13:49 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0👮🏼♂️ Xoves 15 ás 20:00. Presentación do "Manual para destapar a un policía infiltrado". Redactado por militantes que viviron de cerca infiltracións policiais destapadas entre os anos 2022 e 2024.
12.01.2026 21:33 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0Este xoves
07.01.2026 17:58 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Xaneiro | programación.
05.01.2026 15:39 — 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Centros sociais galegos avançam na sua coordinaçom e ajuda mútua.
www.galizalivre.com/2025/12/26/c...
*Para poder estimar a comida, agradecemos que nos avisedes de cantas persoas vides, e tamén se tedes algunha alerxia e demais casuísticas a ter en conta para o xantar. Prezo á vontade. Reserva ata mañá a primeira hora en: csahedreira@riseup.net
25.12.2025 14:41 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
11:30 Recibimento
12:00 [Exposición] A experiencia da Xarxa
13:30 [Dinámica grupal] Desafíos que atravesan os CS
14:30 Xantar vegano*
16:00 Bingo musical
17:00 [Mesa redonda] Que necesidades e propósitos podemos cubrir coa coordinación?
18:30 [Diálogo aberto] Como nos organizamos?
19:30 Música