Fuco (Paco) Ascón's Avatar

Fuco (Paco) Ascón

@fukoas.bsky.social

Sempre quedan historias por contar: https://liberalias.wordpress.com/ Memoria Libertaria http://memorialibertarianagaliza.org Educación de adultos e aprendizaxe ao longo da vida http://enredversados.org

4 Followers  |  3 Following  |  41 Posts  |  Joined: 29.01.2025  |  1.6734

Latest posts by fukoas.bsky.social on Bluesky

Post image

O venres 7 de novembro, ás 19:30, o compañeiro Luís Camarero Lázaro presentará o seu último libro, "Todo lo que somos", na casa sindical da CGT da #Coruña (rúa Entrepeñas, 6): "Un camiño cheo de cruzamentos, cambios de pel, quimeras, frustracións e esperanzas, que transcorre entre 1971 e 1987"

04.11.2025 07:15 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Mal de amores El pueblo se encontraba en el centro del valle. Contenido, para no extenderse demasiado, no fuera a salirse de sus propias lindes. Sus calles eran como surcos, hendidos por la reja del arado en aqu…

"Mal de amores"
El pueblo se encontraba en el centro del valle. Contenido, para no extenderse demasiado, no fuera a salirse de sus propias lindes. Sus calles eran como surcos, hendidos por la reja del arado en aquellas tierras secas, endurecidas por el cierzo...
tinyurl.com/28955v7m

25.10.2025 17:53 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

Hai libros que arderon… pero nunca se apagaron.
No Día das Bibliotecas lembramos a historia da Biblioteca Germinal, nacida en 1902 para levar cultura e conciencia ás clases traballadoras da Coruña.
#DíaDasBibliotecas #MemoriaObreira

21.10.2025 13:31 — 👍 6    🔁 6    💬 1    📌 0
Post image

O 24 de outubro, ás 19h, na Bib. de Estudos Locais, terá lugar a charla “Cultura e movemento obreiro na Coruña: A biblioteca do CES Germinal(1902-1936)” a cargo de Dani Palleiro e Paco Ascón, presentada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

#díadasbibliotecas
#contraadesinformación

21.10.2025 10:02 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image Post image

Hoxe, 2 de outubro, ás 20:00, concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña para esixir a liberación da Global Sumud Flotilla e denunciar a complicidade repugnante do estado español con Israel no xenocidio en Gaza... concentracións simultaneas en moitas cidades, vilas e pobos da Galiza

02.10.2025 06:43 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
Un texto sobre Langosteira, premiado por la Deputación da Coruña El segundo premio, del oleirense Francisco Ascón, toma como referente la playa fisterrana

"Un texto sobre Langosteira, premiado pola Deputación da Coruña"
En La Voz de Galicia, ed. Carballo:
www.lavozdegalicia.es/noticia/carb...

29.09.2025 11:27 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Loito Loito no ceo, tinguido de fume e cinza, columnas negras que ocultan horizontes, nubeiros escuros de morte e destrución. . Loito na terra, orfa dos espelidos árbores que en van tentaban apertar as n…

Valdeorras, agosto de 2025:
"Loito no ceo, tinguido de fume e cinza,
columnas negras que ocultan horizontes,
nubeiros escuros de morte e destrución"
tinyurl.com/2cpplon5

15.08.2025 04:49 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Na edición impresa do xornal La Voz de Galicia de onte...
pódese ler o relato na web, premendo na seguinte ligazón:
www.lavozdegalicia.es/noticia/rela...

13.08.2025 06:18 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
[Microrrelato] «O timbre» O zunzún do timbre racha o sono. Ecos do pesadelo interrompido aínda resoan no seu maxín. Aguza o ouvido pero as estancias só devolven silencios. “Será el?… Algún el?… Calquera deles?&#…

[Microrrelato] O timbre
tinyurl.com/2djvw9yu

11.08.2025 14:36 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Centenario del fallecimiento de Ricardo Mella. Crónica del acto homenaje en Vigo por CGT – Memoria Libertaria

Crónica del acto de homenaje en Vigo por CGT por el centenario del fallecimiento de Ricardo Mella.
tinyurl.com/25e6d9yn
en Memoria Libertaria de CGT

08.08.2025 11:39 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Un acto organizado pola CGT de Vigo rinde homenaxe a Ricardo Mella no centenario do seu pasamento O pasado xoves 7 de agosto de 2025, tivo lugar o acto de homenaxe organizado pola CGT de Vigo con motivo do centenario do pasamento de Ricardo Mella. Este pensador, escritor e militante anarquista …

Un acto organizado pola CGT de Vigo rinde homenaxe a Ricardo Mella no centenario do seu pasamento
tinyurl.com/247j242y
nova entrada en Memoria Libertaria na Galiza.

08.08.2025 06:13 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Na noite, cada noite, todas as noites… Na noite, cada noite, todas as noites…a súa cama é un deserto só poboado de ausencias e sombras,un ermo absurdo de sabas desordenadas e noites frías.Un pedregal onde non atopa oasis de frescura,nin…

Na noite, cada noite, todas as noites…
camiña soa nos seus sonos inquedos,
trastallada soidade na fronteira infinda do pesadelo cotián.
tinyurl.com/28drw52g

06.08.2025 07:10 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
A perspectiva do solpor A verticalidade péchase en liñas de luz repetidas,espazos de noite inmóbiles, apresados nas contornas do solpor.Son siluetas de sombra, tatuadas nas costas do día,figuras quedas, listas para se dei…

A perspectiva dos tempos sen lindes é cega e xorda.
Vaga na noite na procura absurda dun punto de fuga imposible,
un berce para arrolos de razón en noites de paixón,
o cerne para feixes de liñas secas a se cruzar unhas coas outras
tinyurl.com/24qhbplv

01.08.2025 04:31 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

"Finou o compañeiro Octavio Alberola", nova entrada en Memoria Libertaria na Galiza:
tinyurl.com/24dfzbzo

25.07.2025 06:16 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Acto da CGT de Vigo polo centenario do pasamento de Ricardo Mella O vindeiro 7 de agosto de 2025, terá lugar un acto de homenaxe organizado pola CGT de Vigo con motivo do centenario do pasamento de Ricardo Mella. Nesa mesma data de 1925, en Vigo, a súa cidade nat…

O vindeiro 7 de agosto de 2025, ás 11 horas, no cemiterio municipal de Pereiró (Vigo):
Acto da CGT en lembranza do centenario do pasamento de Ricardo Mella
tinyurl.com/25hcqjrt

24.07.2025 09:47 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
"Ti Ben Sabes" de Francisco Ascón Belver - Relatos Descubrindo Oleiros - Podcast en iVoox Escucha y descarga los episodios de Relatos Descubrindo Oleiros gratis. Relato gañador dun accésit na categoría de maiores de 18 anos no certame Descubrindo Oleiros 2025.

Relatos do XI Premio "Descubrindo Oleiros":
"Ti Ben Sabes" de Francisco Ascón Belver
go.ivoox.com/rf/153098600

17.07.2025 16:54 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
O chopo Tatuamos testemuña do noso amor inexperto,no peito novo daquel chopo que medraba no río,cos paxaros asubiando melodías sen tristuras. En anacos da súa cortiza pálida, escribín para tíconstelacións …

Tatuamos testemuña do noso amor inexperto,
no peito novo daquel chopo que medraba no río,
cos paxaros asubiando melodías sen tristuras.
tinyurl.com/266c7qz4

02.07.2025 17:07 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
No berce das nubes Déixate mecer polo vento no berce das nubes,entre arrolos doces de vellas canciónse contos de amores que non morren. Búscame, aló, no cumio,onde o solpor acariña a montaña cada noiteantes de se dei…

Déixate mecer polo vento no berce das nubes,
entre arrolos doces de vellas cancións
e contos de amores que non morren
tinyurl.com/285h4aob

29.06.2025 04:38 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
[Camiñando por aí] Penedos de Traba No val de Traba e Pasarela, entre os concellos de Vimianzo (Terra de Soneira) e Laxe (Bergantiños), un grupo de penedos graníticos arrodeados de bosque fan voar a imaxinación de quen os visita, na …

No val de Traba e Pasarela, entre os concellos de Vimianzo e Laxe, un grupo de penedos graníticos arrodeados de bosque fan voar a imaxinación, na procura de atopar imaxes recoñecibles nas formas caprichosas que provocou a erosión das rochas.
tinyurl.com/23bdxxos

26.06.2025 15:59 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Dedicado a Begoña Caamaño o Día das Letras Galegas 2026 A Real Academica Galega ten decidido onte dedicar o Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2026 á xornalista e narradora Begoña Caamaño. Nada en Vigo o 14 de outubro de 1964, Begoña foi unha xornal…

"Dedicado a Begoña Caamaño o Día das Letras Galegas 2026"
Nova entrada en En-RED-Versad@s:
tinyurl.com/2yqqc4km

21.06.2025 07:06 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
O bidueiral de Xares Columnas de vida compartida,ergueitas na imposible procura do ceo.Nacemos do mesmo corazón da montaña,pétreo berce,firme alicerce para raíces sen lindes.Arrolados por séculos de murmurios dos regat…

"O bidueiral de Xares"
tinyurl.com/28qzyfzp
"Sentarédesvos ao noso carón,
sobre a terra que apenas cubre a rocha,
a nosa nai común.
E pecharedes os ollos,
e o vento asubiará, outra vez máis,
unha tonada de vida compartida"

19.06.2025 16:42 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
A Folga de 1901 na Coruña, no semanario “La Protesta Humana” de Arxentina O 13 de xuño de 1897 saía do prelo o primeiro número da publicación anarquista arxentina La Protesta Humana. A súa redacción en Bos Aires e mailo seu panel de colaboradores estaba composta por algú…

"A folga de 1901 na Coruña en La Protesta Humana" e "Os sucesos de Rosario en outubro de 1901":
tinyurl.com/25cctc54
"Como nos levantamos contra los verdugos de Chicago y los de la Coruña, debemos levantarnos ahora contra los verdugos de obreros del Rosario", Virgina Bolten

16.06.2025 16:56 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

Unha muralla de carrizos e mailo croar de centos de rás na lagoa, agochan un paraiso de máis de 3 km. de dunas e ondas bravas na praia de #Traba, en #Laxe. Alí é posible, nun solleiro fin de semana de xuño, non atopar #fodechinchos, locais ou importados e #respirar, cunha praia enteira ao teu dispor

15.06.2025 16:27 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
«Ti ben sabes» Sei que pensas que son un pouco teimudo e impulsivo ás veces, pero nesta ocasión téñolle dado moitas voltas e pensado isto moi ben. E non foi fácil tomar esta decisión, non creas. Deixar aos nosos …

"Ti ben sabes"
tinyurl.com/25c6b7pd
"Sei que pensas que son un pouco teimudo e impulsivo ás veces, pero nesta ocasión téñolle dado moitas voltas e pensado isto moi ben..."

11.06.2025 15:48 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Unha madrugada de marzo de 1938… apuntamentos para o acto de lembranza ás vítimas do franquismo (1 de xuño de 2025) No ano 1985, Juan García Durán publica unha das principais obras bibliográficas sobre a guerra civil española: La guerra civil española : fuentes (archivos, bibliografia y filmografia). Na dedicato…

"Unha madrugada de marzo de 1938… apuntamentos para o acto de lembranza ás vítimas do franquismo (1 de xuño de 2025)"
tinyurl.com/2ykb5rwf
nova entrada en Memoria Libertaria na Galiza.

03.06.2025 07:23 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Galería de imaxes do acto de hoxe en lembranza das vítimas da represión da folga xeral de 1901 na Coruña e a ofrenda floral no monumento ás vítimas do franquismo
Nova entrada en memorialibertarianagaliza.org:
tinyurl.com/23w8seyp

01.06.2025 15:23 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
1 de xuño: Acto en memoria das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na Coruña O vindeiro domingo, día 1 de xuño de 2025, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza d…

Hoxe, ás 12:30, no cemiterio de Santo Amaro... en lembranza das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na #Coruña
tinyurl.com/243moeyb

01.06.2025 08:04 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

A Folga de 1901 na Coruña, no xornal "El Nacional".
Nova entrada en Memoria Libertaria na Galiza: tinyurl.com/2yyjmq73

29.05.2025 07:30 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Galería de imaxes da palestra do pasado martes, 27 de maio, na Agrupación Cultural "O Facho".
Nova entrada en Memoria Libertaria na Galiza: tinyurl.com/29t7ru36

29.05.2025 07:23 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Palestra: “A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue” Francisco Ascón Belver – Agrupación Cultural O Facho

A Agrupación Cultural "O Facho" organiza o vindeiro martes 27 de maio, ás 8 do serán, palestra "A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue", no Espazo Cultural Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22) na A Coruña
tinyurl.com/ym9sf4f3

23.05.2025 12:42 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

@fukoas is following 3 prominent accounts