Edicións Laiovento's Avatar

Edicións Laiovento

@laiovento.bsky.social

Libros que fan País. Laiovento ten como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional da Galiza

353 Followers  |  308 Following  |  512 Posts  |  Joined: 04.12.2024
Posts Following

Posts by Edicións Laiovento (@laiovento.bsky.social)

Post image

O xoves 5 de marzo Xosé Gago presentará o seu poemario AGORA, EU CARIOTA, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía, no marco da @librariacartabon.bsky.social de Vigo, ás 20:00h. Acompañará o autor o poeta Samuel Merino

03.03.2026 07:29 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

No último número do suplemento 'Táboa Redonda' fixéronse eco da publicación en galego da novela de Elena Garro INÉS, traducida por RocíoViéitezFerro, un novo título da colección Candemaia que publica #Laiovento

02.03.2026 20:13 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image

No suplemento Táboa Redonda, dos xornais do grupo El Progreso, o crítico Ramón Rozas escribe sobre o último libro de Carlos López Bernárdez INTELIXENCIA E CREACIÓN. A OBRA PLÁSTICA DE FRANCISCO MIGUEL, unha obra que vén de publicar #Laiovento

02.03.2026 10:35 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
AGalegaAudio Todos os podcast e directos da Radio Galega

A Radio Galega entrevistou o historiador Bieito Alonso para falar do seu libro CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS. DE CINZA E SAL, publicado por #Laiovento. Velaí vos deixamos a ligazón ao podcast do Diario Cultural de 24 de febreiro, podedes escoitalo a partir do minuto 3:02:10

01.03.2026 18:39 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

O venres 27 de febreiro tivo lugar na Casa da Cultura de Lérez a presentación do poemario de David Otero CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía. Fotografías da Asociación Sociocultural Cedofeita, que apadriñou o acto

28.02.2026 19:22 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

No #FarodaCultura desta semana Xosé Feixó analiza a tradución que Cláudio López Garrido realizou do texto de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, un libro publicado por #Laiovento. Malia o tempo transcorrido, unha obra válida e actual cun prefacio moi traballado

28.02.2026 16:14 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

No #FarodaCultura desta semana Laura Paz Fentanes escribe sobre o poemario de Xosé Gago AGORA, EU CARIOTA, publicado na colección 'VentoaLto Poesía' de #Laiovento

Este libro presentarase na @librariacartabon.bsky.social de Vigo o xoves 5 de marzo ás 20:00h.

28.02.2026 09:39 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

O crítico Ramón Nicolás escribe no suplemento 'Fugas' de La Voz de Galicia sobre o libro de Miguel Barros SOBRE VILANOVA DE ALBA. ENSAIO DE CRÍTICA LITERARIA, publicado por #Laiovento. Unha achega ao mundo imaxinado por Víctor F. Freixanes na súa triloxía de novelas

27.02.2026 11:29 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Lembrade que hoxe David Otero presenta o seu poemario CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', na Asociación Sociocultural de Lérez Cedofeita, ás 20:30h. Non o perdades!

27.02.2026 11:01 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
20260225 200100
YouTube video by Edicións Laiovento 20260225 200100

Baldo Ramos le un poema do libro que escribiu en colaboración con Xerando Quintiá UMBILICAL, unha obra publicada por #Laiovento, dentro da colección 'VentoaLto Poesía'. No acto de presentación desta obra, que tivo lugar na libraría Couceiro de Santiago o 25 de febreiro de 2026

26.02.2026 10:40 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Lembrade que hoxe 26 de febreiro Bieito Alonso presenta o seu libro CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS. DE CINZA E SAL, publicado por #Laiovento, no marco da biblioteca municipal de Nigrán, ás 19:00h. O autor estará acompañado polo historiador Carlos Méixome

26.02.2026 08:54 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

Cheo total na libraría Couceiro para asistir á presentación do poemario de Xerardo Quintiá e Baldo Ramos UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', este mércores 25 de febreiro #poesíagalega

25.02.2026 20:11 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Lembrade que hoxe 25 de febreiro Xerardo Quintiá e Baldo Ramos presentan o seu poemario UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', na libraría Couceiro de Santiago, ás 19:00h. Os autores estarán acompañados por Mariña Pérez Rei e Carlos Arias

25.02.2026 11:15 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

O venres 27 de febreiro David Otero presentará o seu poemario CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', na Asociación Sociocultural de Lérez Cedofeita, ás 20:30h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles

25.02.2026 09:31 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Francisco Redondo Abal, a memoria histórica do persoal bibliotecario - Praza Pública O pasado venres morreu aos 62 anos Francisco Xavier Redondo Abal, vítima dun cancro. Era bibliotecario da USC e ocupaba o cargo de director da biblioteca de Física. Dedicou tamén a súa vida á investig...

Compartimos este artigo de Marcos Pérez Pena, publicado no dixital Praza Pública, no que repasa a inxente obra do historiador Francisco Xabier Redondo Abal, recentemente falecido. Unha obra que ten unha importante presenza no catálogo de #Laiovento

24.02.2026 09:03 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

O xoves 26 de febreiro Bieito Alonso presentará o seu libro CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS. DE CINZA E SAL, publicado por #Laiovento, no marco da biblioteca municipal de Nigrán, ás 19:00h. O autor estará acompañado polo historiador Carlos Méixome

24.02.2026 08:07 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

O mércores 25 de febreiro Xerardo Quintiá e Baldo Ramos presentarán o seu poemario UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', na libraría Couceiro de Santiago, ás 19:00h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles

23.02.2026 08:12 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Xa está nas librarías o quinto volume da colección Candemaia de #Laiovento, nesta ocasión Rocío Viéitez traduce a novela da autora mexicana Elena Garro INÉS, unha nova achega que vén xuntarse aos outros catro libros de Louisa M. Alcott, Fatema Mernissi, Susan Abulhawa e Irène Némirovsky

22.02.2026 19:04 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Estivemos na libraría Numax para asistir á presentación do libro de @pablopesado.bsky.social DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, segundo título da parcería entre @claracorbelhe.bsky.social e #Laiovento. Un pracer escoitar o autor e tamén a Helena Miguélez

21.02.2026 09:25 — 👍 6    🔁 3    💬 0    📌 0
Post image

Con pesar soubemos hoxe do pasamento do historiador Francisco Xabier Redondo Abal. Unha parte importante da súa obra publicouna en #Laiovento, fica xa para sempre como testemuña do seu traballo e bo facer. As nosas condolencias aos seus familiares #sempreconnosco

20.02.2026 20:39 — 👍 5    🔁 2    💬 1    📌 0
Post image

Pois agora que sabemos que o proxecto de Altri non vai adiante é o momento de lembrar o libro de Xosé de Cea O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO "ALTRI NON", que #Laiovento publicou o ano pasado e o seu autor levou por moitas localidades galegas

20.02.2026 17:09 — 👍 8    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Na páxina web de #Laiovento xa podedes ver os detalles do libro de Alexandre Cendón González NATUREZA E VULNERABILIDADE; tamén podedes comezar a ler as primeiras páxinas deste libro

laiovento.gal/CATALOGO/141...

20.02.2026 10:47 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Lembrade que hoxe 20 de febreiro @pablopesado.bsky.social presenta o seu libro DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, segundo título da colección @claracorbelhe.bsky.social de ensaio crítico galego, que publica #Laiovento, ás 19:00h. na libraría Numax

20.02.2026 07:55 — 👍 4    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
A literatura máxica galega Pablo Pesado vén de publicar, en Laiovento, unha Historia crítica do realismo máxico galego que resulta anovadora tanto polo tema en si, como polo e

O escritor e xornalista @manuelveiga.bsky.social analiza no xornal @nosdiario.bsky.social o libro de @pablopesado.bsky.social DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, un libro que publicamos en parcería @claracorbelhe.bsky.social e mais #Laiovento

19.02.2026 08:25 — 👍 7    🔁 3    💬 0    📌 0
Post image

Lembrade que hoxe 19 de febreiro Cláudio López Garrido presenta a súa tradución da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicado por #Laiovento, no local da asociación Portas Ártabras da Coruña, ás 20:00h. Tamén coa presenza de Lois Diéguez e Felipe Senén

19.02.2026 08:14 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

No xornal @nosdiario.bsky.social Manuel Xestoso publicou unha ampla reportaxe sobre o último libro de Carlos López Bernárdez INTELIXENCIA E CREACIÓN. A OBRA PLÁTICA DE FRANCISCO MIGUEL, un libro que vén de publicar #Laiovento

18.02.2026 11:01 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

O venres 20 de febreiro @pablopesado.bsky.social presentará o seu libro DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, segundo título da colección @claracorbelhe.bsky.social de ensaio crítico galego, que publica #Laiovento, no marco de Numax, ás 19:00h.

18.02.2026 09:21 — 👍 8    🔁 3    💬 0    📌 1
Post image

O xoves 19 de febreiro Cláudio López Garrido presentará a súa tradución do libro de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicado por #Laiovento, no local da asociación Portas Ártabras da Coruña, ás 20:00h. O tradutor estará acompañado polo escritor Lois Diéguez

17.02.2026 13:17 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Presentámosvos outra novidade de #Laiovento: o libro de Alexandre Cendón González NATUREZA E VULNERABILIDADE. Analízase o concepto de natureza a partir da constatación da súa vulnerabilidade. Unha fraxilidade que non se refire á súa esencia, senón aos acontecementos históricos que desembocaron nela.

16.02.2026 11:38 — 👍 4    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Na páxina web de #Laiovento xa podedes ver os detalles do último título da colección Candemaia: a novela INÉS, da escritora mexicana Elena Garro e con tradución de Rocío Viéitez Ferro. Tamén podedes ler as primeiras páxinas deste libro. Animádevos!

laiovento.gal/CATALOGO/141...

14.02.2026 12:15 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0