📍061 do Morrazo
05.09.2025 09:51 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
📍 Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol)
04.09.2025 12:50 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
04.09.2025 07:08 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Hoxe estivemos presentes nas concentracións en apoio á flotilla Sumud que pronto se botará ao Mediterráneo para levar alimentos e medicamentos á poboación gazatí. Todo o noso apoio!
30.08.2025 11:24 — 👍 8 🔁 4 💬 0 📌 0
Diante deste xenocidio televisado atroz, dos silencios cómplices da maioría dos gobernos do mundo e dunha liberdade de expresión en risco de exclusión tan só podemos dicir
"Non no noso nome" 👇🏼
@sgcp.bsky.social
29.08.2025 07:43 — 👍 8 🔁 3 💬 0 📌 0
A situación é tan grave que require unha implicación excepcional de todas as institucións. A pasividade cómplice contribúe ao xenocidio. Como traballadoras da saúde, temos a obriga de exercer presión para deter a barbarie, que nos interpela especialmente como traballadoras do eido da Saúde. [15/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
- Promover declaracións conxuntas dos Servizos de Saúde que reclamen protección para persoal sanitario palestino e fin da agresión
- Revisar relacións institucionais con entidades israelís, promovendo a súa exclusión e a ruptura de colaboracións
24.08.2025 21:51 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0
- Evitar compra de tecnoloxía de empresas cómplices do apartheid ou da industria armamentística israelí: HP, Intel, Dell, Microsoft
- Non adquirir tecnoloxía sanitaria de empresas implicadas na ocupación como Siemens
- Denunciar o xenocidio nos organismos e foros sanitarios nos que se participe
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
- Condena a persoal sanitario israelí implicado en crimes contra os DD.HH.
- Solución política segundo as resolucións da ONU
- Exclusión de produtos de TEVA e filiais (Ratiopharm, Belmac, Tevagen, Davur)
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
- Alto ao fogo inmediato
- Fin do bloqueo á axuda humanitaria
- Protección ao persoal e infraestruturas sanitarias
- Investigación e persecución dos crimes de guerra e violacións de DD.HH.
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Reclamamos que as entidades se posicionen publicamente en consonancia coa OMS, a ONU, a Asociación Médica Mundial, ONG e sociedade civil, e esixan: [9/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Por isto, profesionais dos centros sanitarios galegos esiximos que as institucións se impliquen para frear as masacres, permitir a entrada de axuda e garantir os dereitos do pobo palestino: autodeterminación, retorno das persoas refuxiadas e descolonización. [8/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
As organizacións sanitarias teñen unha responsabilidade moral que vai máis alá da atención clínica. Deben estar presentes no debate social ante unha crise humanitaria de dimensións históricas. [7/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Como profesionais da saúde, guiámonos por valores como solidariedade, fraternidade e compaixón. O exemplo heroico dos profesionais palestinos conmóvenos e obríganos a actuar. [6/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Estas accións violan de forma evidente o Dereito Internacional Humanitario. A OMS denunciou reiteradamente o bloqueo da axuda humanitaria e a aparición de epidemias. A ONU alerta: máis de 500.000 persoas están morrendo de fame en Gaza. [5/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
O sistema sanitario gazatí foi arrasado deliberadamente. Pacientes foron torturados, executados ou abandonados á morte. O persoal sanitario foi obxectivo de secuestros, tortura e execucións polo exército israelí. [4/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
A esperanza de vida en Gaza caeu 35 anos en 2024, unha cifra peor que no xenocidio de Ruanda. Desde outubro de 2023, a taxa de amputacións en nenos e nenas supera calquera rexistro bélico anterior. [3/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Máis de 62.000 persoas morreron en Gaza como consecuencia dos ataques israelís, a destrución do sistema sanitario ou pola fame provocada polo sitio. Máis dun 30% eran crianzas. Estimacións independentes falan dun 40% máis de vítimas que os datos oficiais. [2/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Dirixímonos, como traballadoras da Sanidade galega, a entidades profesionais e institucionais con competencias en saúde para reclamar todas as accións posibles destinadas a frear o xenocidio que está a acontecer na Palestina. [1/15]
24.08.2025 21:51 — 👍 4 🔁 2 💬 1 📌 0