Abe's Avatar

Abe

@abelenda.bsky.social

Plantologo bergantiñán

110 Followers  |  341 Following  |  204 Posts  |  Joined: 26.12.2023  |  2.3829

Latest posts by abelenda.bsky.social on Bluesky

Certo. Eu tiñaos de veciños da porta en Alcorcón e eran do peoriño. Había moreas, ata un cruceiro fixeran no barrio.

23.10.2025 20:23 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Efectivamente pero a peña cae neso. Salvar a hostalaría e tal...

21.10.2025 16:40 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

É incrivel a cantidade de xente que pensa que por traballar de 9 a 5, xantar en media hora e ter menos horas de día a xente do norte de Europa non sabe disfrutar da vida.

21.10.2025 11:32 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

Haiche tamén moito catedrático de universidade pública con complexo de empresario que non ve mal as privadas (sendo eles funcionarios). Por exemplo na UPM (de onde fuxín hai pouco) hai unha caterva reaccionaria/funcionaral/privatizadora de carallo e moi señor meu.

19.10.2025 11:53 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0

Son feos con ganas pero son cómodos e duran un lustro coma pouco. Curiosidade curiosa, camper fixo o maior estudo mundial sobre a antropoloxía física do pé da historia para vender zapatos adaptados según país.

15.10.2025 11:21 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0
Divulgación Científica Relación de charlas de divulgación científica ofertadas por la UDC

Profes e profas do meu TL: xa está aquí a campaña de divulgación científica da @udc.gal para 2025/2026!

Se queredes vaia contarvos cousas de casas de plástico, nanomateriais para obras grandes, física do cine de catástrofes e ata pensamento crítico, xa sabedes!

udc.es/gl/futuros_e...

13.10.2025 09:47 — 👍 17    🔁 15    💬 1    📌 0
Post image

María Corina Machado, Nobel de la Paz.

10.10.2025 16:57 — 👍 1103    🔁 667    💬 181    📌 67
Alan Moore en vaqueiros, camiseta ca fouce e o martelo con pelo longo e barba nun xardín.

Alan Moore en vaqueiros, camiseta ca fouce e o martelo con pelo longo e barba nun xardín.

Nalgún ano caerá seguro o premio para a banda deseñada pero daranllo a Art Spiegelman que é moito máis cómodo co camarada Alan

10.10.2025 05:27 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0

Vouno ler tamén a pesar dunha amiga, doutora en clásicas e que ademais coñece a autora de non sei que de Cambridge (a academia, xa sabes) que o definiu coma libelo comercial para vender á lumpen intelectual. Que pereza da as veces ter amigos tan listisisisimos de verdade...

09.10.2025 19:44 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

El imperio austrohúngaro estaría orgulloso

09.10.2025 15:38 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

E pasou da defensa ambiental máis ou menos dentro do sistema a poñer o foco no problema principal: o capitalismo, e con eso tm o colonialismo, o racismo etc Pasou de nena simpática estilo Greenpeace a ser outra cousa máis fodida para o poder. É moi intelixente.

06.10.2025 21:16 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Na miña opinión, chámalle gusto particular, ten algunha cousa bastante ben escrita pero a maioría son entre mediocres e infumables. Sempre pensei que era por langrán.

04.10.2025 08:49 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0

Correcto. Nunca da onde lle doe ó sistema e ten palco vip no Bernabeu. Fede a equidistante que apetrena. Os libros que me atrevín a comezar son unha sucesión de tópicos. Eso si, técnica e recursos para escribir ten de sobra.

04.10.2025 07:52 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0

Ti de hidroxilo terminal tira sempre pa diante. Non ten perda.

30.09.2025 19:06 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0

Es porque no se Sforza nada la madre

20.09.2025 20:15 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0

Non sabe el o importante que foi para que a algúns adolescentes galegofalantes se nos quitaran moitos complexos, e comezáramos a molar algo e todo. Ese libro e fantástico por certo.

20.09.2025 08:31 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Video thumbnail

Friday Flower 005: Arabidopsis thaliana 🌱✨

A tiny flower, but a giant in research, thale cress enabled our understanding of flower development through the "ABC Model".

With this knowledge, their flowers can be essentially reprogrammed to produce micro-roses 🧬🌹

19.09.2025 10:37 — 👍 52    🔁 13    💬 2    📌 0

Chapei privadas de ingles por un tubo pq meus pais eran desos de que hai que preparar o neno. Pois moi ben a BBC, pero emighrado na terra de M. Stipe e a rebel flag, non entendia un puto carallo. Hai acentos que nin pa dios pero xa paso. Tampouco entendo a algún da illa de arousa.

18.09.2025 20:12 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
a man in a suit says i couldn 't agree more ALT: a man in a suit says i couldn 't agree more
18.09.2025 20:04 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Más motivos para escuchar a Gorillaz

18.09.2025 07:35 — 👍 52    🔁 9    💬 0    📌 1

Pura bioloxía. Tuberias máis longas, maior posibilidade de fallo. Máis corpo maior demanda metabólica, máis oxidación, máis envellecemento prematuro etc Os cans pequenos viven máis, pois nós idem.

16.09.2025 21:34 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

Coñecino hai un lote de anos nunha desas xuntanzas da Barrié onde traían "estrellitas jovenas de la ciencia" para motivarnos na nosa indolencia. Menudo babeco era xa daquela. E deso que aínda non tiña programa propio de tv.

16.09.2025 21:31 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0

E que a maior altura menor esperanza de vida e máis problemas de saude. O avó dunha amiga pasara polos campos de internamento en Aragón despois da GC e segundo ela apostaban pola altura cando Ibán espichar. Os altos sempre remataban na pataqueira antes.

16.09.2025 21:17 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image 11.09.2025 23:48 — 👍 545    🔁 79    💬 1    📌 1

Non é culpa túa. Está feito adrede así de difícil porque estás entrenando gratuitamente a conducción autónoma de google. Son sempre cousas que teñen que ver con conducir. Intentan saber como identíficamos coma conductores o que nos rodea. Black Mirror real.

10.09.2025 04:54 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
The image shows one straight magenta line and, close to it, another wavy green line.

The image shows one straight magenta line and, close to it, another wavy green line.

This might be one of the simplest images I captured, but very fascinating nonetheless, as it shows how tight the cytoplasm in a plant cell is. The cytosol and all other organelles are squished between the plasma membrane (magenta) and the central vacuole (its membrane is green)
#MicroscopyMonday

08.09.2025 16:22 — 👍 117    🔁 30    💬 7    📌 2

Pásame. Coma científico a miña indumentaria vai acorde pero un amigo inditexer sempre nos fala da relación da moda ca arquitectura e arte. Moitos grandes diseñadores foron arquitectos. Do mesmo xeito que unha casa pode ser utilitaria ou artística a roupa idem. Pero bueno os pobres que saberemos.

06.09.2025 07:54 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Agora k soñei con Ibiza, tiven unha conversa onírica con el e xa tou preparada pra darlle o meu corazón a outro coche, vou pola milagre:

se sabedes dalgún carro por 2000 lereles max, con non máis de 250000 km, sen movidas de motor, carrocería raiada éme igual, que queira choscarme o ollo: avisaime

05.09.2025 11:49 — 👍 18    🔁 15    💬 2    📌 1

Diolo teña na ghloria

01.09.2025 17:23 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Hai puntos limpos máis interesantes

01.09.2025 05:25 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

@abelenda is following 20 prominent accounts