Ismael Ramos's Avatar

Ismael Ramos

@ismaelramosc.bsky.social

escribo | A parte fácil (Xerais) | opino en @eldiariogalicia.bsky.social https://linktr.ee/ismaelramos

555 Followers  |  209 Following  |  64 Posts  |  Joined: 14.11.2024
Posts Following

Posts by Ismael Ramos (@ismaelramosc.bsky.social)

Preview
OPINIÓN | Galicia é Camiño, litoral, calidade, eucaliptos, terra queimada. Por Ismael Ramos. Non deixa de arrepiarme que Galicia sexa "calidade". Que cada vez que Galicia é calidade, non deixe de ser conflito, desigualdade, precariedade, abandono, eucaliptos, terra queimada, parque eólico, fa...

Galicia é Camiño, litoral, calidade.
e é precariedade, abandono, eucaliptos, terra queimada, eólicos, casas baleiras, soidade.

vertebrar un país non é debuxar unha liña azul nun mapa. hoxe falo da política turística da Xunta en @eldiariogalicia.bsky.social.
www.eldiario.es/galicia/blog...

01.03.2026 13:22 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | Acudídeme, veciñxs. Por Ismael Ramos No documental '360 curvas', Ariadna Silva Fernández e Alejandro Gándara traen ao presente a memoria das protestas populares acontecidas na Fonsagrada durante os anos 90 contra o desleixo das administr...

o filme “360 curvas” lembra con épica un fito da loita popular —as “movidas” da Fonsagrada nos 90— e tráeo ao presente como exemplo da vontade de permanecer no rural con dignidade. pero que lugar ocupan as mulleres no relato? mans invisibles e renuncias silenciosas.
www.eldiario.es/galicia/blog...

08.02.2026 10:57 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

“y mientras un hombre tenga voz / será capaz de recuperar la musica”

este é o libro máis importante que vou ler este 2026 que acaba de comezar. MacNeice escribiuno a finais de 1938, pero falar sobre nós, hoxe, agora, aquí. é a voz do anxo da historia.

31.01.2026 14:58 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

no novo número da revista Limoeiro Real, “A parte fácil”, con tradución ao portugués do Daniel Ferreira e ilustración da Inês Viegas Oliveira 💌

20.01.2026 19:11 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0

Así é e aquí estamos...

18.01.2026 23:33 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | O que depende de nós. Por Ismael Ramos. No tren, penso en Donald Trump coma unha sorte de icona dos abusos. Un santo monstruoso. Aparecen el e Julio Iglesias. E Ayuso defendendo a Julio Iglesias. E Ana Obregón. Aparecen todos xuntos na miña...

vivimos saturados de ruído, rodeados de monstros mediáticos e anestesiados pola indignación constante.

e, aínda así, entre tanto caos hai unha pregunta que insiste: que depende de nós en Groenlandia, Venezuela, Palestina?

hoxe, en @eldiariogalicia.bsky.social.
www.eldiario.es/galicia/blog...

18.01.2026 18:30 — 👍 9    🔁 1    💬 0    📌 1

moitas grazas, María! efectivamente o “Autorretrato con lanterna chinesa” Schiele non me podería facer máis ilusión ♥️

06.01.2026 20:13 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

moitísimas grazas, María! as alegrías sempre medran se se comparten!

06.01.2026 19:32 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Um presente para a outra margem...

06.01.2026 19:13 — 👍 5    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

o novo ano trouxo canda si o Ligeiro, que chegará a finais de mes ás librarías do outro lado do Miño🇵🇹

infinito obrigado ao Daniel Ferreira pola tradución e a amizade sostida a través dos anos; e á Officium Lectionis pola xenerosidade de darlle un corpo novo.

officiumlectionis.pt/produto/isma...

06.01.2026 19:08 — 👍 18    🔁 0    💬 2    📌 1

Para ler hoxe, este poema en prosa do @ismaelramosc.bsky.social
👇🏼🧊🔥

28.12.2025 13:12 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | Postal con neve e un home só. Por Ismael Ramos. Ao principio, crin que se trataba dunha perfecta postal de Nadal e coloqueina na parede a carón do escritorio. Aí a neve, o sol de inverno, o camiño que se abre. Un tarda un tempo en reparar no silenc...

“Postal con neve e un home só” é máis que unha foto de Nadal: é un espello e unha pregunta, son os nosos vínculos dispersos e ese silencioso cuestionamento do que significa pertencer. Unha advertencia.

pechando o ano en @eldiariogalicia.bsky.social.
www.eldiario.es/galicia/blog...

28.12.2025 10:13 — 👍 9    🔁 4    💬 1    📌 1
Preview
OPINIÓN | O difícil recendo dos eucaliptos. Por Ismael Ramos. "Odio este inmenso eucaliptal". E mentres o penso sei que, se desaparecesen todos os eucaliptos e repoboasen o monte enteiro coas árbores que lle pertenceron durante milenios, borraríase tamén con ele...

"Odio este inmenso eucaliptal". E mentres o penso sei que, se desaparecesen todos os eucaliptos e repoboasen o monte enteiro coas árbores que lle pertenceron durante milenios, borraríase tamén o aroma da miña adolescencia
Escribe @ismaelramosc.bsky.social

16.11.2025 16:51 — 👍 7    🔁 3    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | O difícil recendo dos eucaliptos. Por Ismael Ramos. "Odio este inmenso eucaliptal". E mentres o penso sei que, se desaparecesen todos os eucaliptos e repoboasen o monte enteiro coas árbores que lle pertenceron durante milenios, borraríase tamén con ele...

OPINIÓN | O difícil recendo dos eucaliptos.
eldiario.es/galicia/blog/o…
Por @ismaelramosc.bsky.social

16.11.2025 11:47 — 👍 3    🔁 3    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | O difícil recendo dos eucaliptos. Por Ismael Ramos. "Odio este inmenso eucaliptal". E mentres o penso sei que, se desaparecesen todos os eucaliptos e repoboasen o monte enteiro coas árbores que lle pertenceron durante milenios, borraríase tamén con ele...

a vista do encoro da Fervenza, os eólicos camiño a Carnota, o recendo a eucalipto… a beleza da paisaxe expoliada está na miña infancia e adolescencia. como evitar amar agora un territorio ferido? como loitar contra a desmemoria?

hoxe en @eldiariogalicia.bsky.social.
www.eldiario.es/galicia/blog...

16.11.2025 09:58 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

mañá, ás 19:30h, terei a sorte de estar conversando con Andrea Fernández Plata e Susana Pedreira na Libraría Biblos de Betanzos grazas a Cultura da Deputación da Coruña.

falaremos de lecturas, procesos de escrita e o mundo a interpelarnos. non nos deixedes soas!

11.11.2025 10:38 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

@bertadavila.bsky.social, María Reimóndez, Yolanda Castaño, Mercedes Peón e @ismaelramosc.bsky.social estiveron a semana pasada en Barcelona participando na programación de Kosmópolis, que organiza o CCCB.

27.10.2025 11:42 — 👍 5    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | Pequenos franquistas sen importancia. Por Ismael Ramos O fascismo infiltra a linguaxe, non precisa estes días vestir uniforme nin consignas perfectamente recoñecibles, campa polas redes sociais e chega aos patios de instituto

tanta tolerancia acabará por matarnos.

hoxe escribo en @eldiariogalicia.bsky.social sobre o fascismo de baixa (e alta) intensidade. a onde nos levan a inacción das institucións e a anestesia dos cidadáns ante ducias de mozos facendo o saúdo romano?
www.eldiario.es/galicia/blog...

26.10.2025 09:03 — 👍 9    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | Pequenos franquistas sen importancia. Por Ismael Ramos O fascismo infiltra a linguaxe, non precisa estes días vestir uniforme nin consignas perfectamente recoñecibles, campa polas redes sociais e chega aos patios de instituto

OPINIÓN | Pequenos franquistas sen importancia
Por @ismaelramosc.bsky.social

26.10.2025 09:02 — 👍 5    🔁 5    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN | Tristes nenos homes. Por Ismael Ramos. Os xogos infantís e os deportes de equipo ceden terreo ante o progreso en soidade. Hai nenos devorados na procura dun corpo duro, estético, visible

OPINIÓN | Tristes nenos homes. Por @ismaelramosc.bsky.social

05.10.2025 16:11 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0

grazas por lelo e compartilo! ❤️

05.10.2025 11:43 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

“O músculo sinala un único camiño. O corpo é o campo de batalla xusto antes de que se acenda a pantalla do móbil. Despois, esquezo —e esquecen— durante uns minutos todo canto escribín. Cólgannos dos brazos dous saquiños de tristeza.” ❤️‍🔥

05.10.2025 11:32 — 👍 7    🔁 1    💬 1    📌 0
Preview
OPINIÓN | Tristes nenos homes. Por Ismael Ramos. Os xogos infantís e os deportes de equipo ceden terreo ante o progreso en soidade. Hai nenos devorados na procura dun corpo duro, estético, visible

que sucede cando os xogos infantís lle ceden terreo ao culto do corpo? acaso a infancia remata antes e dura máis a infantilización?

hoxe escribo en @eldiariogalicia.bsky.social sobre as novas aparencias da vella masculinidade.
www.eldiario.es/galicia/blog...

05.10.2025 11:01 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 1
Post image

isto é hoxe en Madrid, amigxs!

27.09.2025 07:04 — 👍 4    🔁 0    💬 0    📌 0

imaxino que para moitxs isto que conto non é en absoluto excepcional, que xa se acostumaron ao espectáculo ou seguen sentindo un medo breve, pasaxeiro, na boca do estómago cando sucede. pero crédeme, esa tolerancia que estamos desenvolvendo vai camiño de nos matar.

27.09.2025 07:03 — 👍 6    🔁 0    💬 0    📌 0

canto tempo máis imos tolerar o odio e a violencia (onte gráfica, histórica) sen que teñan consecuencias? que hai de tolerable nun grupo de homes novos (probablemente todos eles menores de idade) co brazo en alto? que sociedade os educa? que espectadores?

27.09.2025 07:02 — 👍 8    🔁 0    💬 1    📌 0

medianoite, Madrid. unha horda de rapaces que se dirixe a unha festa baixa do metro facendo o saúdo fascista mentres berra "Pedro Sánchez, hijo de put*”. en casos así, penso sempre que hai cámaras no andén, que hai testemuñas. que o xesto se repite cada fin de semana. ata cando?

27.09.2025 07:02 — 👍 11    🔁 3    💬 1    📌 0
Post image

este venres, ás 19h, estarei conversando con Elena Medel na libraría Cronopios de Pontevedra.

falaremos sobre todo de libros, é dicir, falaremos de clase, xénero, altas e baixas paixóns, paisaxes propias e alleas, escritoras de preto e de lonxe… vides?

17.09.2025 17:07 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0

hoxe máis ca nunca 🇵🇸

14.09.2025 19:45 — 👍 13    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
OPINIÓN GALICIA: 'Boicot si! Simple, non?' Por Ismael Ramos De maneira física ou simbólica, unha manifestación debera constituír sempre un xesto violento, unha sacudida para quen está de ambos lados da pancarta ou da bandeira. Un corpo a corpo.

OPINIÓN | Boicot si! Simple, non? Por @ismaelramosc.bsky.social

14.09.2025 19:26 — 👍 6    🔁 1    💬 0    📌 1