Mañá saímos de Vigo para tocar no CSA L'Apiaderu de Nava e a Garrastatxu de Amurrio, pero queremos aproveitar para anunciar unha nova data na nosa cidade: o 12 de decembro no Pub Transylvania con Sicixia e Os Barbosas! Reservános xa por MD a túa anticipada a 7€ 💸
16.10.2025 19:34 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Esta finde tocamos por primeira vez no CSA L'Apiaderu de El Remediu (Nava, Asturies) e na Garrastatxu de Baranbio (Amurrio, EH). Ganazas de compartir quilómetros con Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust 💙 As fotos son de Santi Rosales Durán noso último conci, coa FAVEC. Mil grazas!
14.10.2025 20:07 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Euskal Herria! O 18 de outubro, despois de pasar por Asturies, voltaremos tocar por Amurrio, esta vez na Garrastatxu Txosna de Baranbio. Temos moitísimas ganas de volver por alí, esta vez xunto a Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust. Vémonos alí ás 19:30 ❤️🔥
11.10.2025 13:03 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Temos dúas novas datas por anunciar, unha fóra e outra para rematar o ano en Vigo, que vai ser moi especial ⏳ Mentres tanto, deixámosvos con estes vídeos do noso concerto na Master o pasado xuño polo Manieterno de Raposos Crew. Axiña teredes novidades!
09.10.2025 18:27 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Sorpresa! O 17 de outubro estaremos por primeira vez tocando en Xixón, Asturies, no CSA L'Apiaderu coa xente de Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust ❤️🔥 Temos moitas ganas de ir por alí. E aínda quedan un par de bolos moi especiais por anunciar, non o perdades...
07.10.2025 18:23 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
En poucos concertos tocamos tan rápido como no do sábado no mercantil! Mil grazas á FAVEC por contar connosco por segunda vez e polo seu labor no movemento veciñal da nosa cidade. E, por suposto, tamén a Caveira Sons polo seu traballazo no son do evento. Vémonos na seguinte ❤️🔥
03.10.2025 18:57 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Mil grazas por achegarvos á medianoite do sábado a Bembrive para vernos tocar no festival da FAVEC 💙 Foi xenial compartir táboas cos cracks de GxN e Quarzum. En nada anunciamos datas moi especiais para estes últimos meses do ano en diferentes lugares, ficade atentes!
02.10.2025 17:25 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Hai 6 anos dimos un dos nosos concis máis peculiares, na praza da Constitución de Vigo 🔙 Este sábado tamén imos a un sitio pouco habitual para nós, o Mercantil, en Bembrive, para participar do festival da FAVEC. Aproveitade, que será de balde e actuarán tamén Quarzum e GxN!
25.09.2025 20:28 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Hai un ano sacamos o videoclip de "O rei", con imaxes do noso paso polo festival Extreme Division Mallorca ❤️🔥 Mil grazas Deathlight Music por ter contado connosco e a Tuco Martín por gravar os vídeos! Lembrade, o sábado vémonos en Bembrive. Mentres tanto: youtu.be/3ZVK4-chgaw
23.09.2025 17:36 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Sorpresa! O vindeiro sábado 27 tocamos por primeira vez en Bembrive, no Mercantil, como parte do festival da FAVEC (mil grazas por contar con nós). Conpartiremos escenario cos cracks de Quarzum e GxN a partir das 21:30 e será de balde. Non o perdades, que vai ser boa festa 🥳
20.09.2025 11:24 — 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 0
Hai dous anos lanzamos "Por 100 anos máis", un tema diferente para nós co que quixemos renderlle homenaxe ao Celta no seu centenario 💙 Foi gravado por Dany Soengas e ten un videoclip feito por Brais Gómez Salvador, que fixeron un currazo. Mil grazas pola acollida que lle destes!
17.09.2025 18:25 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Hai 6 anos tocamos por derradeira vez no Frenopátiko, un espazo que era todo un templo do subterráneo vigués e que foi un puntal inestimable para nós dende os tempos de Rust in Peace. Mil grazas a Txomy e Jatxo por todo o apoio que nos deron e nos seguen dando a nós e a toda a escena 🖤 Sempre Freno!
11.09.2025 18:20 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Seguimos preparando a saída do novo álbum, no que revisitamos as cancións da nosa banda predecesora Rust in Peace xunto a Darcy, baixista e compositora dos temas, e Pablo, o guitarrista orixinal. Aquí vai un pequeno adianto! Vídeos de Brais Nogueira no conci do Pub Transylvania 📱
06.09.2025 13:07 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Foi unha sorte poder tocar nun sitio tan chulo como La Xana del Torío da man de RMG e Camufla-g. Mil grazas ao espazo e á xente que veu vernos en Pedrún! Axiña anunciaremos os nosos próximos concertos, van ser especiais, así temos moitas ganas. Estade atentes 😊
03.09.2025 20:24 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Vémonos hoxe ás 20:30 en La Xana del Torío xunto a Camufla-g, con entrada inversa! Lembrade tamén que podedes mirar na nosa canle de Youtube o noso novo vídeo ao vivo tocando "Retorno a Tagen Ata" con Dany Soengas no Pub Transylvania 😉 youtu.be/4PDrFBQmkRw
30.08.2025 14:31 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
O pasado mes estivemos tocando no Auditorio Mar de Vigo polo 59° Aniversario da FAVEC xunto a GxN. E este sábado toca ir a La Xana del Torío xunto a Camufla-g, xa hai ganas de tocar por León! Organizado por RMG.
Mil grazas a Javier Xesteira polos vídeos 📹
28.08.2025 15:33 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Este sábado iremos por primeira vez a Pedrún de Torío, en León, para tocar en La Xana del Torío xunto a Camufla-g 💪 Organiza RMG e será con entrada inversa a partir das 20:30, así que xa sabedes. Axiña anunciaremos datas por outros puntos de Galicia e do estado!
24.08.2025 18:03 — 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
Hoxe fai 102 anos o noso equipo, o @rccelta.bsky.social 💙 Esta foi a canción que fixemos polo seu centenario, "Por 100 anos máis", gravada por Dany Soengas e cun videoclip de Brais Gómez Salvador. Moitos parabéns és celtistes neste ano ilusionante, Ala Celta! youtu.be/yNYcanKoBCY
23.08.2025 20:45 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
No novo álbum temos a sorte de contar coa colaboración de Pablo López Figueroa á guitarra en 2 dos seus 10 temas 📀 Ademáis de ser fundador de Rust in Peace, tamén gravou o noso primeiro EP, polo que estamos encantados sempre de currar con el. Xa queda menos para ensinárvolo!
22.08.2025 19:18 — 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Traémosvos un novo vídeo tocando ao vivo "Retorno a Tagen Ata" xunto a Dany Soengas de Atreides 🔥 Foi no Pub Transylvania de Vigo presentando o álbum Cara os Ceios Incrementes, lanzado en 2023 por Sleaszy Rider. As imaxes son de Marko Otero. Que vos parece? Completo, aquí: youtu.be/4PDrFBQmkRw
20.08.2025 20:37 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Como escribiu Darío Xohán Cabana, "Que importa que nos maten se deixamos semente de mencer" ✊ Vídeo gravado por Emilia Vidal-Hallett (mil grazas polo currazo) en 2023, tédelo enteiro na nosa canle de Youtube! youtu.be/B0ulJC5eIXY
12.08.2025 16:34 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Mil grazas á FAVEC por convidarnos tocar no seu 59° Aniversario xunto a GxN, foi todo un pracer 🎂 Tamén á xente que veu vernos e a Alberto, Miguel e Yara polos vídeos que nos fixeron. Seguinte parada confirmada, en La Xana del Torío de León o 30 de agosto xunto a Camufla-G!
01.08.2025 21:14 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Logo da noitaza nas xornadas da FAVEC xunto a GxN, ímosvos anunciando que o 30 de agosto estaremos por primeira vez en León! Tocaremos xunto a Camufla-g en La Xana del Torío, nun bolo organizado por RMG con entrada inversa. Vémonos alí 🔥
28.07.2025 16:05 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
6 anos do vídeo de "Lobishomes" 🎂 Non podemos estar máis contentos do traballazo que fixeron Brais Gómez, Lara Alonso e Tania Nóvoa no que foi o noso primeiro videoclip. O tema foi gravado por Zoilo Unreal para o noso álbum Dioivo II, lanzado por Darkwoods. Nunca falta nos nosos concertos!
16.07.2025 16:15 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Este sábado tocamos de balde na sala polivalente do Auditorio Mar de Vigo polo 59 aniversario da FAVEC 🥳 Nós non levamos tanto tempo, aínda que á foto de hai 9 anos do cartel chégalle ben... Haberá concis toda a finde, tamén con Miguel Costas, Os Atómicos ou GxN. Non o perdades!
14.07.2025 17:43 — 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0
A xente de Metal Nostrum gravounos este vídeo tocando "O derradeiro voo" no Manieterno 2025 da sala Masterclub ✈️ Mil grazas de novo a Raposos Crew por montar o concerto e a Milo polo son. Axiña anunciaremos unha nova data en Vigo moi especial, estade atentes! youtu.be/IDf34Rqr6TM
08.07.2025 19:03 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Así celebramos a Reconquista de Vigo o pasado marzo no Pub Transylvania ⚔️ Foi unha noite xenial xunto aos cracks de The Smoke Sellers e SoundCrush que lembramos con moito agarimo. Xa non queda nada para anunciar máis datas... Mil grazas a Manuela Nores polos vídeos!
01.07.2025 20:26 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0