@xavierbnigran.bsky.social: “A acción política esixe executar os investimentos e actuacións que se consideran precisas por un mesmo, non só soltar diñeiro público para que as realicen terceiros”
nigran.bng.gal/articulo/pol...
@bngdenigran.bsky.social
Microblogue do BNG Nigrán. Información en pequenas doses sobre o noso labor a prol dun Nigrán e dun País máis noso. Local na Rúa Argonautas 34 entrechán, A Ramallosa. https://linktr.ee/BNGNigran
@xavierbnigran.bsky.social: “A acción política esixe executar os investimentos e actuacións que se consideran precisas por un mesmo, non só soltar diñeiro público para que as realicen terceiros”
nigran.bng.gal/articulo/pol...
@xavierbnigran.bsky.social: "Non podemos seguir actuando só cando chegan os temporais. O cambio climático está a intensificar estes fenómenos e obríganos a pasar da improvisación á planificación preventiva”
nigran.bng.gal/articulo/pol...
Neste vídeo podes escoitar a defensa que fixo o nosos portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social, sinalando que o BNG mantén unha posición coherente en materia fiscal, “fuxindo de propostas indiscriminadas de rebaixas impositivas que non teñen en conta a capacidade económica dos contribuíntes”
16.02.2026 20:00 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Hoxe, o alcalde socialista Juan A. González volveu facer uso do rodete antidemocrático que o caracteriza, impedindo que a apertura das ofertas do contrato do lixo, un contrato de 33 millóns de euros en 10 anos, o máis elevado e importante da historia do noso municipio fose un acto público.
13.02.2026 12:37 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0📹 VÍDEO: No último pleno municipal, o goberno local levou a ratificación da adscrición ao Concello do antigo centro de saúde de Panxón. Neste vídeo, o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social, expón a opinión do BNG de Nigrán sobre a ineficiencia da xestión realizada.
05.02.2026 20:39 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Mañán estaremos apoiando a @as_feminista_area_loura na concentración polo feminicidio de Mos.
#OMachismoMata #NinUnhaMenos
Na mañá de hoxe, o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social, e o noso responsable local, Miguel Soto, xunto a compañeiras e compañeiros militantes, estiveron na manifestación en favor da Sanidade Pública que tivo lugar en Santiago de Compostela. #SanidadePública
01.02.2026 19:43 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
@xavierbnigran.bsky.social: “Este acordo priva á veciñanza de Nigrán dunha infraestrutura imprescindíbel para corrixir a carencia que o concello ten neste ámbito”.
(Imaxen do Faro de Vigo)
nigran.bng.gal/articulo/pol...
O próximo domingo 1 de febreiro temos que encher as rúas de Santiago. Defendamos a Sanidade Pública. #SanidadePublica
25.01.2026 13:13 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0As inclemencias meteorolóxicas non pararon á veciñanza na súa solidariedade con Palestina. Ante un acordo de paz que non se cumple, seguimos saíndo ás rúas da Ramallosa para gritar alto e forte: Desde o río ate o mar, Palestina Vencerá. 🇵🇸🇵🇸🇵🇸
12.01.2026 21:03 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Artigo do noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social en A Nova Peneira
nigran.bng.gal/articulo/pol...
✨🎉 Dende o BNG de Nigrán queremos desexarvos un feliz 2026 🎉✨
Que este novo ano veña cargado de forza colectiva, solidariedade e ilusión para seguir construíndo un Nigrán máis xusto, sostible e ao servizo da veciñanza.
Carmela González, deputada do BNG: “O PP priva a veciñanza do Val de Miñor dun incremento imprescindible para corrixir a marxinación que as contas de Rueda supoñen tanto para os tres concellos no seu conxunto como para cada un por separado”
nigran.bng.gal/articulo/pol...
Derradeiro vídeo onde o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social fala das irregularidades do contrato do lixo no Concello de Nigrán. #Lixo #Irregularidades
29.12.2025 19:31 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 1
NOS MEDIOS: A deputada Manuela R. Pumar defendeu hoxe no Pleno provincial que o goberno galego debe garantir os intereses e necesidades das persoas usuarias do transporte na zona, nunha emenda á moción que saíu adiante.
telemarinas.com/o-bng-insta-...
#Nigrán #ValMiñor #Autobús
Seguimos cun vídeo no que o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social, analiza o intento de favorecer unha determinada oferta por riba doutras e cuestiona como vai explicar o goberno municipal de Nigrán a suba da taxa do lixo.
22.12.2025 19:33 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 1Para a veciñanza de Nigrán á cál non lle chegou ás súas casas e para a veciñanza do Val Miñor e xente en xeral, deixamos aquí o boletín de novembro-decembro do 2025.
19.12.2025 17:16 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0#MelloLocalMellorGalego
18.12.2025 22:07 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Hoxe traemos un vídeo onde o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social expón algunhas das irregularidades do contrato do lixo e limpeza viaria, irregularidades que non veñen de agora. #Lixo #Irregularidades
17.12.2025 17:47 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
O xenocidio aínda non rematou.
A violencia, os bombardeos e o castigo colectivo contra o pobo palestino continúan ante a pasividade da comunidade internacional. Non imos mirar para outro lado.
✊ Hoxe saímos á rúa para dicir alto e claro:
Palestina libre. Palestina Vencerá. 🇵🇸🇵🇸🇵🇸🇵🇸🇵🇸
O xenocidio continúa, o acordo de paz non é tal e o pobo palestino segue sufrindo mentres os gobernos do mundo miran cara outro lado. O próximo luns 15 ás 20H volvemos saír ás rúas da Ramallosa unha vez máis. #GalizaConPalestina #ParemosOXenocidio #PalestinaVencerá
12.12.2025 16:58 — 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Por se non fora suficiente a suba das taxas provocada polo ineficiente modelo de SOGAMA, en Nigrán aínda se aumentará máis do necesario debido ao incremento artificial do custe do servizo. #Lixo
#Nigrán
nigran.bng.gal/articulo/pol...
Desde o BNG de Nigrán animamos á veciñanza a acudir ao pleno extraordinario polo contrato do lixo e residuos urbáns que terá lugar mañán ás 11H no salón de plenos do Concello.
09.12.2025 20:46 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Este domingo, desde o BNG de Nigrán chamamos á veciñanza do noso municipio e do Val Miñor a encher Santiago e dicir alto e claro, ALTRI NON!
Porque Galiza merece un futuro limpo, vivo e noso. Porque sen presión social non hai cambio. Porque o país é de quen o defende. #ALTRINON
Este xoves 4 de decembro de 2025 ás 19:00, saímos á rúa desde a Praza de España (dos Cabalos) para defender o que é noso:
✚ Máis Atención Primaria
✚ Máis Atención Hospitalaria
✚ Máis Sanidade Pública
✚ Reconstruír a Área Sanitaria de Vigo
Porque a saúde non é un negocio. #SanidadePública
@xavierbnigran.bsky.social: "O goberno de Nigrán tivo a oportunidade de actuar a favor da transparencia e a limpeza do proceso e decidiu actuar a prol da ocultación”.
nigran.bng.gal/articulo/pol...
#Nigrán #ValMiñor #25N
22.11.2025 20:03 — 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0
O noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social eleva unha proposta ao Pleno para que recupere a competencia delegada á vista das irregularidades feitas públicas pola formación nacionalista
nigran.bng.gal/articulo/pol...
A pesar das inclemencias climáticas, veciñas e veciños do Val Miñor saímos unha vez máis ás rúas da Ramallosa para seguir denunciando o xenocidio en Gaza, porque o xenocidio non parou, Israel segue asasinando saltándose o alto ao lume. #GalizaConPalestina #ParemosOXenocidio #PalestinaVencerá 🇵🇸🇵🇸🇵🇸
13.11.2025 20:14 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0