O talento que medra no Castelo Conta, finalista nos XXIV Premios Mestre Mateo - Castelo Conta
‘Pipo’, ‘Ao son da nova regueifa’, ‘Bibopalula’ e ‘Bechos’, producións vencelladas ao festival, compiten como finalistas nos XXIV Premios Mestre Mateo. Un recoñecemento ao talento, á lingua e á creaci...
Do Castelo Conta aos Mestre Mateo ✨
Varias producións vencelladas ao festival, ‘Pipo’, ‘Ao son da nova regueifa’, ‘Bibopalula’ e ‘Bechos’, están entre as finalistas desta edición.
Un recoñecemento ao talento, á creación en galego e ao compromiso cos públicos máis novos 🌿
24.02.2026 11:55 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
‘Mulleres de Castelo’ continúa o seu percorrido internacional cunha nova selección - Castelo Conta
O documental 'Mulleres de Castelo', dirixido por Hadriana Casla, logra a súa cuarta selección internacional no festival SANFICI de Colombia.
'Mulleres de Castelo' suma unha nova selección internacional no SANFICI, en Colombia.
Un festival con enfoque social e comunitario que acolle esta historia, nacida como espazo de encontro entre as veciñas de Castelo.
20.01.2026 15:38 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Percorrendo a parroquia a través da súa toponimia - Castelo Conta
Tras o roteiro organizado polas aldeas co proxecto 'Nomear Castelo', os veciños e veciñas compartiron lembranzas dos lugares visitados.
🌿 Camiñar, escoitar e nomear o territorio
O proxecto 'Nomear Castelo' recuperou máis de 350 nomes de lugares da parroquia, devolvéndolle á palabra o seu valor como memoria viva e colectiva.
16.01.2026 13:22 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
A castaña galega, protagonista dunha charla informativa en Castelo - Castelo Conta
Castelo acolle unha charla sobre a Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia e a Asociación das Castañas e dos Soutos.
Hoxe ás 18.00, no Centro Social de Castelo, charla aberta sobre a a IXP Castaña de Galicia 🌰
Un encontro aberto para afondar no valor do castiñeiro como especie autóctona, fundamental para o equilibrio ambiental e saúde dos nosos montes, a produción de alimento de calidade e a vida no rural.
14.01.2026 08:28 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
Presentamos o aftermovie da décima edición do Castelo Conta. Esta festa segue sendo festa, e cada ano fainos mellores.
🌿 A festa que quixo darlle a volta á festa é hoxe unha das maiores celebracións colectivas da cultura no rural do noso país. Sostible e comprometida. Construída desde a casa máis grande ata o lugar máis pequeno.
Xa podes ver o aftermovie da décima edición do festival na nosa web! 🎥
31.12.2025 09:53 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
‘Mulleres de Castelo’ suma tres seleccións en festivais de cinema documental - Castelo Conta
O documental Mulleres de Castelo, dirixido por Hadriana Casla, foi seleccionado en tres festivais internacionais recoñecendo o seu valor.
'Mulleres de Castelo' cruza fronteiras 🌍
O documental suma seleccións en festivais de Brasil, Suecia e India, levando as historias das veciñas de Castelo ao ámbito internacional, reforzando así a importancia de crear rede e dar voz ás mulleres maiores do rural galego.
29.12.2025 16:34 —
👍 0
🔁 1
💬 0
📌 0
‘Mulleres en Rede’: unha xornada de memoria e creación na Illa de Arousa - Castelo Conta
A Illa de Arousa acolleu a presentación de Mulleres en Rede, un proxecto que recolle as voces e coidados das mulleres maiores do rural galego.
A Illa de Arousa acolleu a presentación de 'Mulleres en Rede', nun encontro no que mulleres de distintos territorios compartiron memorias e reflexións sobre os coidados e a vida no rural.
O proxecto segue a tecer unha rede de apoio que culminará nunha longametraxe documental prevista para 2026.
10.12.2025 15:58 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
A Illa de Arousa acolle a presentación de Mulleres en Rede este xoves - Castelo Conta
Presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa: un proxecto que recolle voces e coidados das mulleres maiores do rural galego.
🌿 A Asociación Cultural Castelo Conta e o Colectivo Grigri presentan este xoves na Illa de Arousa o proxecto Mulleres en Rede, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade.
26.11.2025 10:53 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Castelo saca lustre ao seu monte
Cabalos para limpar o monte ou un convenio para exercer de «escaparate» do modelo de silvicultura, novidades da comunidade de montes de Castelo
🪴 O Xalo é xa unha referencia en Galicia grazas ao traballo da Comunidade de Montes de Castelo. Cóntano esta semana en @laopinioncoruna.es 👇🏼
11.10.2025 11:50 —
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Coidando do Monte Xalo coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos - Castelo Conta
A Asociación Galega da Castaña e dos Soutos encargouse da poda dos castaños do escenario do Monte Xalo, unha acción clave para o festival e para a protección do monte.
Coidando do Monte coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos 🌰
Na décima edición do #CasteloConta2025, axudáronnos na preparación do Monte Xalo: encargáronse da poda dos castiñeiros, facendo posible a inauguración do festival nun espazo tan espectacular.
#TodoCasteloConta 🌿
10.09.2025 10:08 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Así foi a presentación de 'Mulleres que Contan' no Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que recoñece ás mulleres maiores do rural galego como memoria viva e gardiás da cultura.
É posible grazas a Grigri Projects. Impulsado por catro Grupos de Desenvolvemento Rural e financiado polo Feader, Intervención Leader Galicia (PEPAC 2023-2027).
Mira o vídeo da presentación na nosa web!
05.09.2025 13:12 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O proxecto recoñece ás mulleres do rural como memoria viva e gardiás da cultura galega, consolidando vínculos interxeracionais e territoriais.
Este foi o primeiro encontro de mulleres de Baroña, Manzaneda, Triacastela e Paradela.
05.09.2025 13:08 —
👍 0
🔁 0
💬 1
📌 0
Presentamos ‘Mulleres que Contan’ no #CasteloConta2025
Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que pon no centro ás mulleres do rural galego. Catro grupos de mulleres participaron no encontro, construíndo un relato que se desenvolverá no documental a partir das súas propias gravacións e conversas💬
05.09.2025 13:02 —
👍 0
🔁 0
💬 1
📌 0
O décimo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
A Romaría do San Ramón foi a encargada de despedir o Castelo Conta deste ano. Desde cedo soaron as gaitas na tradicional alborada e, mentres na capela se celebraban as...
Último día do #CasteloConta2025 🌿
➡️ Alborada cos gaiteiros e Cafés Lúa
➡️ Misa na capela de San Ramón
➡️ Ruta de coches clásicos
➡️ Romaría de San Ramón: pulpada popular e sesión vermú con La Ocaband
Un domingo de comunidade, música e tradición para despedir a décima edición.
📸 Fotos xa dispoñibles!
01.09.2025 18:44 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O noveno día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
O Día Grande do Castelo Conta arrincou cunha churrascada que reuniu á veciñanza arredor da mesa. Con enerxías renovadas, botámonos a andar por Vilaverde, Castelo de Abaixo, Xalo e Folgueira,...
O Día Grande do #CasteloConta2025 ✨
Unha xornada para a memoria, cun xantar, andaina, cea, monólogos con Quico Cadaval, Javier Veiga, David Perdomo, Oswaldo Digón, David Amor, Marita Martínez, Lucía Veiga, Patricia Castrillón; e Gin Toni's e DJ Mínimo pechando a xornada.
📸 Fotos xa dispoñibles!
31.08.2025 12:41 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O oitavo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
A xornada arrincou co último día de Xente Miúda, cunha representación de Inventi Teatro e un obradoiro de canto con Sés. Despois, chegou a cata de Cafés Lúa, unha viaxe...
Oitava xornada no Castelo Conta 🚀
➡️ Teatro en Xente Miúda, e obradoiro con Sés
➡️ Cata de Cafés Lúa
➡️ Vermú con callos do Culuca e concerto de The Rapants
➡️ Contos de Castelo con Fátima Pego
➡️ Noite de gargalladas con 'Somos Criminais e punto final'
➡️ Zënzar pechando o día
📸 Xa podes ver as fotos!
30.08.2025 12:58 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O sétimo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
Hoxe o día comezou nas cociñas coas crianzas de Xente Miúda. Pasaron a mañá enteira elaborando pratos que logo se probaron nunha cata aberta ao público. Máis tarde, na taberna,...
Sexta xornada! 🌿
A cativada concursou en Xente Miúda pola mellor receita, vivimos un vermú na taberna con pinchos que quitaban o alento e a música de PAVA.
Tamén coñecemos a forza das ‘Mulleres que Contan’ e celebramos a ‘Gala dos dez anos’, con humor, música e premios ✨
📸 Fotos na nosa web!
29.08.2025 11:22 —
👍 2
🔁 0
💬 0
📌 0
O sexto día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
Hoxe as protagonistas foron as regueifas, pola mañá nun obradoiro coa cativada de Xente Miúda, a tarde, coa estrea do documental ‘Ao son dunha nova regueifa’ e para rematar, coas...
Sexta xornada do Castelo Conta 2025 🌿
➡️ Obradoiro de regueifas e estrea da serie animada 'Pipo'
➡️ Vermú na taberna con Ceibe, Decanta-T e a música de 9Louro
➡️ Contos de Castelo + estrea do documental Ao son da nova regueifa
➡️ Foliada interminable no torreiro
📸 Fotos xa dispoñibles na nosa web!
28.08.2025 11:03 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O quinto día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
A xornada comezou con Xente Miúda, na que percorreron a fraga de Cabrois para descubrir as árbores que alberga. Na sesión vermú tivemos cociñando aos chefs de A Horta do...
Quinta xornada! 🌿
Da fraga de Cabrois cos nenos e nenas de Xente Miúda aos Vermús da Taberna con Artesa da Moza Crecha, A Horta do Obradoiro e a música de Abril, pasando polos Contos de Castelo máis 'GenZ' ata unha noite chea de enerxía con Lisdexia e Monoulious DOP.
📸 Fotos xa dispoñibles!
27.08.2025 13:21 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O cuarto día do #CasteloConta2025 🌿
➡️ En Xente Miúda, o campamento para a cativada, fixeron cianotipia.
➡️ No Vermú na Taberna houbo sabores incribles e funk acompañando.
➡️ Os Contos de Castelo cobraron vida en formato televisivo.
➡️ Xabier Díaz presentou a súa obra antes do peche con De Vacas.
26.08.2025 11:50 —
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
O terceiro día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
O día comezou ao son dos paxaros de Bibopapula, o Monte Xalo acolleu unha xornada de concertos onde o público desfrutou deste espazo escoitando a Tanxugueiras na sesión vermú e...
A última xornada no escenario natural do Monte Xalo 🌿
Bibopalula fixo cantar ás crianzas, as Tanxugueiras ateigaron o Xalo de pandeiretas e emoción, e Sés estreou en directo 'Todo Castelo Conta', convertido en himno colectivo desta décima edición.
📸 Xa podes ver as fotos!
25.08.2025 10:46 —
👍 0
🔁 1
💬 0
📌 0
Así foi o segundo día do Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
A xornada comezou con Pulpiño Viascón na taberna e continuou no Monte Xalo, onde descubrimos máis da importancia deste espazo tan máxico. A noite pechou coa enerxía e os bailes...
Segunda xornada no Monte Xalo! 🌿
🪗 Pulpiño Viascón abriu o día cunha sesión vermú chea de humor, música e complicidade.
Pola tarde, o festival homenaxeou o patrimonio e a xestión sostible do Xalo.
Rematamos cos concertos de Alana e Ortiga, que puxeron o monte a bailar 🕺
📸 Fotos xa dispoñibles!
24.08.2025 10:49 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O son da gaita marcou o comezo do Castelo Conta - Castelo Conta
A décima edición do festival arrincou cun serán inesquecible: Carlos Núñez inaugurou o Castelo Conta entre emocións, tradición e vangarda, e Peter Sélek fixo do Xalo unha pista de baile....
O Castelo Conta 2025 comezou onte no Monte Xalo, que acolleu o primeiro serán desta décima edición 🌿
🎶 Carlos Núñez rompeu o xeo ó son inconfundible da gaita, e Peter Sélek púxolle o broche final á noite cunha sesión que converteu o monte nunha pista de baile.
Non perdas detalle! 👀
📸 Aigi Boga
23.08.2025 10:42 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Solidariedade e diversidade: Ecos do Sur súmase ao Castelo Conta - Castelo Conta
O festival contará cun espazo informativo da ONGD o domingo 24 e o xoves 28, ademais dunha cesta solidaria e dun suadoiro de edición especial, dos que Ecos do Sur recibirá integramente todo o recadado...
🤝 No #CasteloConta2025 cultura e solidariedade van da man. 🧺 Sortearemos unha cesta solidaria onde todo o recadado irá á ONGD Ecos do Sur, adicada á defensa das persoas migrantes e refuxiadas. As rifas pódense mercar por 2€ na taberna.
👉 O sorteo será durante a Gala dos dez anos.
#TodoCasteloConta
21.08.2025 09:05 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Inauguración da exposición de retratos na Clínica Pardiñas - Castelo Conta
Un percorrido polas imaxes e testemuños das persoas que fan posible o festival, e que representan á comunidade que fixo medrar este proxecto ata converterse nun exemplo de cultura compartida no rural....
Dez retratos, dez sorrisos, dez historias para celebrar o #CasteloConta2025 ✨
Hoxe tivo lugar na Clínica Pardiñas a inauguración dunha exposición que homenaxea á comunidade que fixo posible dez anos de encontros e cultura. As fotografías que a conforman son obra de Aigi Boga.
#TodoCasteloConta
20.08.2025 20:34 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Estrella Galicia brinda pola cultura no Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
Estrella Galicia súmase ao Castelo Conta 2025 para acompañar á comunidade e á cultura, e celebrar as dez voltas á festa. A cervexa galega por excelencia estará presente na taberna e outros espazos do ...
🍻 Estrella Galicia acompáñanos no #CasteloConta2025 🌿
A cervexa galega con máis de cen anos de historia, presente no mundo e sempre vinculada á súa terra, estará en Casa Rodríguez, nos concertos e nos seráns, celebrando connosco unha década de encontros, cultura e festa.
#TodoCasteloConta
20.08.2025 10:33 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O día grande: xantar, andaina e cea - Castelo Conta
O sábado é o día grande da festa: xantar, andaina, cea... e a noite de monólogos!
🌿O sábado 30 de agosto celébrase o día Grande do #CasteloConta2025!
➡️ Ás 14:00, terá lugar a churrascada popular.
➡️Ás 16:00 a andaina, un percorrido acompañado de moito humor e moita música.
➡️ Ás 20:00 a cea comunitaria, antes da noite dos monólogos.
🎟️ Entradas dispoñibles!
#TodoCasteloConta
19.08.2025 20:41 —
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0