🔬✨ Onte celebrouse o coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”, organizado pola Comisión de Igualdade da Fac. de Psicoloxía e o IPsiUS polo 11F. Investigadoras compartiron experiencias e puxeron en valor o papel das mulleres na ciencia. 💜 Grazas por este encontro inspirador.
12.02.2026 11:55 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
As Mulleres na Ciencia: Existir, Resistir e Transformar. Mércores 11 febreiro, 17:00 h, no Salón de Actos da Facultade. Organiza a Comisión de Igualdade coa colaboración do IPsiUS. Xornada para compartir e reflexionar. Agardamos contar coa vosa presenza. #MulleresNaCiencia
10.02.2026 11:50 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Inxenius App
Experiencia dixital interactiva que abre unha fiestra ao talento científico de Santiago de Compostela
🔬 O IPsiUS xa forma parte de Inxenius, a nova app para descubrir a ciencia de Santiago.
Explora centros de investigación nun mapa interactivo, accede a contidos audiovisuais e coñece o talento investigador da USC e os seus institutos.
📱 Descarga gratuíta: inxenius.gal
09.02.2026 12:35 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
📚🧠 Ciencia Mensual IPsiUS | Xoves 5 de febreiro, 16:00 | Facultade de Psicoloxía.
Ponencias: Tamara Fernández Cores, investigadora predoutoral (COSOYPA), e Elisardo Becoña, catedrático en PETRA (Tratapsicolóxico). Aberto á comunidade universitaria. Persoas externas: ipsius.administracion@usc.gal
28.01.2026 15:02 — 👍 1 🔁 2 💬 0 📌 0
Bota a andar a terceira tempada da serie audiovisual ‘Investigamos na USC’ | Universidade de Santiago de Compostela
O Servizo de Medios Audiovisuais da USC (SERVIMAV) lanza a terceira tempada da serie audiovisual ‘Investigamos na USC’. A través de pequenas pílulas duns poucos minutos que se publicarán cada xoves na canle oficial de YouTube da USC, poderase profundar na actividade investigadora de diversos grupos da Universidade. Así, na entrega desta semana abórdanse as adiccións a través da entrevista á profesora Ana López Durán. As adiccións son trastornos que fan que as persoas desenvolvan tolerancia, o que as leva a consumir cada vez máis da substancia aditiva e acaba condicionando a súa vida e saúde. No Instituto de Psicoloxía da USC (IPsiUS), a Unidade de Tabaquismo leva anos axudando a deixar o tabaco con métodos exclusivamente psicolóxicos. Grazas a estes programas, preto de 15.000 persoas xa conseguiron abandonar este hábito. Nas vindeiras semanas, a serie deterase en eidos como a acuicultura, a robótica, raios cósmicos, estruturas de nanografeno ou na investigación en novas humanidades.
📢 Arrinca a 3ª tempada de Investigamos na USC 🎬🔬
Vídeos breves e accesibles onde o persoal investigador da USC achega á sociedade proxectos e coñecemento en ciencia, tecnoloxía, humanidades e máis. Máis info: www.usc.gal/gl/xornal/no...
22.01.2026 12:26 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
📢 O IPsiUS participou no I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde de Galicia (RIPS-GA), na USC. Elisardo Becoña e M. Carmen Míguez presentaron a liña en tabaco e cigarros electrónicos, e Arturo Pereiro a de actividade física e envellecemento activo.
20.01.2026 11:05 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
📢 Ciencia Mensual IPsiUS | Xaneiro 2026
Nova sesión aberta á comunidade universitaria e ao público xeral (previa autorización) sobre problemas de conduta e Alzheimer.
📅 15/01/2026 🕓 16:00
📍 Facultade de Psicoloxía (USC)
🔔 Externos: permiso por redes ou ipsius.administracion@usc.gal
12.01.2026 10:02 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 1
📚🧠 Desde o IPSIUS – Instituto de Psicoloxía da USC agradecemos a estupenda e moi interesante charla do pasado xoves, impartida polo investigador Antonio Gil Ugidos. Seguimos co noso Ciclo de Ciencia Mensual, agora aberto á comunidade universitaria (e a persoas externas baixo solicitude).
15.12.2025 11:08 — 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
IdeaLugo premia un proyecto con IA y otro de una app de promoción de bodegas de la Ribeira Sacra
La iniciativa de tres profesores universitarios se hace con el galardón de El Progreso, Abanca, la USC y la fundación CEL
Parabéns a David Facal, investigador do Instituto de Psicoloxía da USC, premiado en IdeaLugo 2025 polo seu proxecto de IA para a detección temperá do deterioro cognitivo. Un orgullo para o IPsiUS e un avance clave na innovación con impacto social.
goo.su/G0MZUso
12.12.2025 14:09 — 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
Este venres celebramos LingüísticaMente V na Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía.
🕛 12:00 – Lucía Vieitez (IPsiUS): O rol da identidade de xénero na interacción entre gramática e emoción.
🕐 13:00 – Francisco Dubert (ILG): Como se representa a variación na competencia lingüística?
Agardámosvos!
10.12.2025 14:16 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
📢 O ciclo Ciencia Mensual IPsiUS continúa cunha charla sobre como mellorar a aceptación e adhesión ás tecnoloxías de saúde dixital.
👩🔬 Con Alba Felpete López (USC) e Teodora Figueiredo (U. do Porto).
🗓 Xoves 6 nov, 16:00 | 📍 Sala de Xuntas, Psicoloxía (USC)
Aberta á comunidade universitaria! 💬
30.10.2025 11:59 — 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
🎉 Parabéns ao Dr. Santiago Galdo, investigador do IPsiUS e membro de Neucoga-Aging, polo seu nomeamento como presidente da SEPNECA. O anuncio fíxose no XIV Congreso celebrado en Baeza, onde participaron varias investigadoras do IPsiUS. 👏🧠
#IPsiUS #SEPNECA #Neurociencia #Investigación
13.10.2025 09:10 — 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
A nosa compañeira Ana López Durán, investigadora do IPsiUS, participou onte como coordinadora do Servizo de Atención Psicolóxica ao estudantado da USC na xornada Saúde mental e mocidade. 🧠 Na súa intervención destacou a importancia de coidar o benestar do estudantado universitario. 💚
09.10.2025 08:27 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Ana Isabel Fernandes e Isabel Padrón, investigadoras do IPsiUS, asistiron ás XIV Xornadas da AIIDI en Madrid. Presentaron o póster «¿Son inmune ás emocións?», onde mostraron que as diferenzas no rasgo Responsabilidade poden influír na interacción entre gramática e emocións.
01.10.2025 13:33 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
📚 Hoxe tivemos formación sobre principios DORA e COARA e redacción curricular.
Grazas ás nosas compañeiras da Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación, María Quiroga e Lucía Cabezal, e tamén a Carmela Martínez e Marcos Dono, por guiarnos nunha sesión tan práctica e participativa! 🙌
30.09.2025 09:56 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Explorar a demencia en todas as súas dimensións dende a experiencia persoal | Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela será novamente unha das protagonistas do evento internacional Walking the Talk for Dementia (WTD), que reunirá en agosto de 2025 cerca de 100 participantes de ...
A USC será protagonista do evento internacional WTD 2025, que reunirá en agosto a 100 participantes de 25 países. A iniciativa inclúe camiñada e simposio, co apoio do Mestrado en Psicoxerontoloxía, e participación na organización de David Facal e Alba Felpete (IPsiUS). acortar.link/rqciTE
17.07.2025 18:48 — 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
10.05.2025 13:46 — 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0