Fóra de Mapa's Avatar

Fóra de Mapa

@forademapa.bsky.social

O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas

495 Followers  |  166 Following  |  919 Posts  |  Joined: 01.11.2023
Posts Following

Posts by Fóra de Mapa (@forademapa.bsky.social)

Post image

O importante é rirlle e no Emigrasón presta máis

28.02.2026 15:20 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 1
CARLOFORTE - Dimmi qualcosa in Tabarchin Ep. 11
YouTube video by Mike fC CARLOFORTE - Dimmi qualcosa in Tabarchin Ep. 11

E consigo levaron o idioma, unha variante do ligur que sona desta maneira e que aínda se fala nas rúas de Calasetta e Carloforte👇
youtu.be/9p9EQAr8NEw?...

27.02.2026 08:17 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

A mediados do XVIII, tras acabar co coral, ataques piratas e guerras con 🇹🇳 moitos tabarkinos instaláronse en Sardeña, outros tantos foron feitos escravos en 🇹🇳.

Tralo pago dun rescate polo rei de Sardeña asentáronse canda os seus veciños nas illas Sulcis

27.02.2026 08:17 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

O tabarkino é falado por 4K no arquipélago de Sulcis, no sudoeste de Sardeña.

Os falantes son descendentes dos colonos de Tabarka, unha illa na costa de 🇹🇳 colonizada no XVI por xenoveses que levaron a súa lingua ligur canda eles. Alí prosperaron comerciando e recollendo coral.

27.02.2026 08:16 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Preview
#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecida...

🚨🎙️ Novo petisco pra fans sobre o tabarkino.

Unha variante da lingua ligur falada nunha esquina de Sardeña por descendentes de colonos, refuxiados e escravos de Tabarka, na costa de 🇹🇳.

Un idioma 100% mediterráneo que aínda goza de óptima vitalidade
www.ivoox.com/petisco-lixe...

27.02.2026 08:04 — 👍 4    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image Post image

Hoxe andan de festa no val de Aosta 🇮🇹 pra conmemorar 78 anos desde a aprobación do seu estatuto de autonomía especial, que entre outras cousas permite a oficialidade das linguas italiana e francesa, e máis o recoñecemento do idioma propio do país, o franco-provenzal.

26.02.2026 08:47 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Estes días en Escocia organizan a semana do gaélico escocés co que pretenden dar máis visibilidade ó idioma.

É a 1ª que se celebra sendo a lingua plenamente oficial en Escocia. Con todo, o gaélico escocés está en risco de desaparecer ó ser falado por só 70K persoas en zonas periféricas do país

25.02.2026 08:55 — 👍 4    🔁 3    💬 0    📌 0
Post image

"Menos de 6 horas", uns días, antes de que acabe marzo de 2022... e logo de 4 anos a nación ucraína continúa a resistir a invasión imperialista rusa.

слава українському народу

24.02.2026 08:58 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
#44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda ...

Obviamente esta traxedia foi todo un trauma pras nacións chechena e inguxa que non sería reparado durante décadas.

Disto e doutras moitas cousas falamos no noso podcast sobre os chechenos
www.ivoox.com/44-os-cheche...

23.02.2026 20:24 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Hoxe hai 82 anos comezaba a op. Lentella, un nome algo absurdo pra chamar á deportación realizada pola URSS de toda a poboación chechena e inguxa das súas terras no Cáucaso.

Case medio millón de persoas foron deportadas a Asia Central e ducias de miles morreron polo camiño.

23.02.2026 20:22 — 👍 7    🔁 0    💬 1    📌 0
Preview
#Petisco lixeiro. Groenlandia e a UE - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. A relación de Groenlandia coa Unión Europea é ben especial. Entrou na predecesora desta organización internacional nos 70s contra a súa vontade c...

Sobre a complexa relación de 🇬🇱 coa 🇪🇺 temos un petisco ben xeitoso e de certa actualidade
www.ivoox.com/petisco-lixe...

23.02.2026 15:24 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Tal día como hoxe, en 1982 un 52% de 🇬🇱 votou a favor de abandonar a Comunidade Económica Europea, co fin de ter maior control sobre os seus recursos pesqueiros.

En 2026 pola contra, 🇬🇱 nunca estivo máis perto da independencia de 🇩🇰 e de profundizar na súa relación coa 🇪🇺.

23.02.2026 15:21 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Sardeña é unha autonomía con estatuto especial, o que lle permite certo autogoberno, non demasiado amplo.

A poboación ten un forte sentimento de pertenza, e existe entre a sociedade unha ampla vontade de reforzar a autonomía, algo que non se traduce nas eleccións.

23.02.2026 09:45 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Sardeña ten 6 linguas, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o tabarchino , o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso)

23.02.2026 09:44 — 👍 11    🔁 3    💬 1    📌 1
Preview
#47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Sardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura prop...

🚨🎙️ Voltamos ó Mediterraneo pra falar de Sardeña, unha gran descoñecida cunha gran diversidade lingüística e unha potente cultura propia.

Porén, a condición de insularidade de Sardeña propiciou a explotación colonial por parte de diferentes estados www.ivoox.com/47-os-sardos...

23.02.2026 08:30 — 👍 6    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Feliz #DiaDaLinguaMaterna a tod@s, desde os que usan idiomas con millóns de falantes nativos como o alemán ou o italiano até as irmás Kuldi e Ilma Medne, nenas letonas de 6 e 2 anos, é as únicas persoas no mundo que teñen o "resucitado" livonio como lingua materna

21.02.2026 08:19 — 👍 5    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, ...

O romanche só foi declarado oficial a nivel estatal canda o francés, alemán e italiano en 1996 e aínda así está un chanzo debaixo desas 3 como ben nos explica o noso convidado no podcast que lle dedicamos a este idioma e aos seus falantes
www.ivoox.com/26-o-romanch...

20.02.2026 11:46 — 👍 5    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image

Hoxe o romanche cumpre 85 anos como idioma nacional de 🇨🇭, que non oficial.

En 1938 o irredentismo fascista 🇮🇹 reclamaba territorios suízos onde consideraba que se falaba un "dialecto" do italiano, o romanche incluído e o goberno suízo decidiu recoñecelo simbolicamente

20.02.2026 11:45 — 👍 5    🔁 2    💬 1    📌 0
Preview
#Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóti...

E se queredes saber máis sobre esta exótica minoría étnica e relixiosa pois tamén un petisquiño ben agradable 👇
www.ivoox.com/petisco-lixe...

19.02.2026 12:23 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Hoxe miles de musulmáns autóctonos de 🇵🇱🇱🇹e 🇧🇾 comezan o ramadán.

Descendentes dos tártaros que durante séculos serviron ós príncipes polacos e lituanos (e polaco-lituanos). Hoxe aínda podedes topar as súas mezquitas e camposantos, e mesmo comer nos seus restauráns nesa rexión de fronteira

19.02.2026 12:20 — 👍 5    🔁 2    💬 1    📌 0
Preview
#10. Kosovo (I). O país máis novo de Europa, mais con séculos de convivencia e disputas - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Este é o primeiro dun episodio dobre adicado a Kosovo, un país cunhas características xeográficas, culturais e históricas de seu. Nesta primeira....

Xulgados por crimes de guerra cometidos durante o conflicto que rematou coa intervención da OTAN.

Desde aquela 🇽🇰 cambiou bastante, fundamentalmente a mellor, como mostran varios indicadores (corrupción, transparencia...)

Sobre 🇽🇰 temos 2 podcasts 👇

www.ivoox.com/10-kosovo-i-...

17.02.2026 08:45 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Hoxe 🇽🇰 faise maior de idade, 18 anos desde a indepedencia do país.

Desde aquela unha nova xeneración non ligada directamente á guerrilla separatista do UÇK gañou o poder, mentres que varios líderes da "vella garda" entregáronse ás autoridades internacionais pra seren xulgados por crimes de guerra

17.02.2026 08:23 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image Post image

Hoxe os serbios celebran o seu día nacional co conmemoran o levantamento contra o Imp. Otomano en 1803.

Serbios hai en moitos países, non só en 🇷🇸, parte da poboación de 🇲🇪 (33%) se identifica como serbia, e en 🇧🇦 son un 31% da poboación, viven fundamentalmente na Rep. Srpska

15.02.2026 10:18 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

E si, na foto hai un señor vestido de cardeal cunha bengala botando fume branco pra anunciar o acordo de goberno.

Acordo que pode ser rexeitado pola militancia dos partidos 😅

13.02.2026 09:26 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Nouveau gouvernement à Bruxelles: voici les principales mesures de l'accord Après 613 jours, Bruxelles tient enfin son gouvernement. Mais en quoi consiste-t-il? Petit aperçu des principales mesures.

Milagre na capital de 🇧🇪: tras 613 días de negociacións, os partidos do fragmentado Parlamento rexional de Bruxelas pechan acordo para formar goberno.

Coalición de 7 partidos (3 francófonos e 4 neerlandófonos); 6 quedan na oposición.
www.lalibre.be/belgique/pol...

13.02.2026 09:24 — 👍 3    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image Post image

Hoxe, hai 86 anos comezaba a deportación de centos de miles de polacos a Siberia e Asia central pola URSS.

O leste de 🇵🇱 fora ocupado pola URSS en setembro de 1939 e ó pouco a poboación local declarada "inimigos do pobo" (clero, intelectuais, persoal militar...) foi deportada

10.02.2026 14:29 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0

Até vos agradecemos polo Linkedin. Quedou unha gala espectacular.

08.02.2026 12:58 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Tiñamos o xurado comprado

08.02.2026 09:13 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0

E pra nós é un pracer desvirtualizar ouvintes! A ver se este é o 1º de moitos eventos nos que nos deixamos ver.

08.02.2026 09:03 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
a man in a red jacket is standing in the desert with the word victory written in white letters . ALT: a man in a red jacket is standing in the desert with the word victory written in white letters .

Graciñas, non esperábamos

08.02.2026 09:02 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0