CITEEC's Avatar

CITEEC

@citeec.bsky.social

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da @udc.gal 💡🔎 #25aniversarioCITEEC #FondosEuropeos

77 Followers  |  48 Following  |  174 Posts  |  Joined: 11.11.2024  |  1.9898

Latest posts by citeec.bsky.social on Bluesky


Post image

Nuestro compañero Dhiraj S. Bombarde presentará el próximo Lunes 02/03 en @citeec.bsky.social 📅📰 una conferencia sobre distintas aplicaciones del análisis isogeométrico en la ingeniería. Se abordarán temas de gran relevancia como el temible locking o la modelización del crecimiento de tumores!!🌉🦀

24.02.2026 15:51 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

📢 NOVA DATA E HORARIO | Conferencia #GMNI de Dhiraj Bombarde

"Using isogeometric analysis to address computational challenges in engineering: from numerical locking in solid mechanics to phase-field tumor growth"

📍Sala de Visualización
🕒 Luns, 02/03 - 11:20 h

#CITEEC #FondosEuropeos @udc.gal

24.02.2026 16:56 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Parabéns ás nosas compañeiras Paloma Funes García e Blanca Fernández Amado polo seu magnífico traballo 👏 Un orgullo para o CITEEC contar con investigadoras que contribúen a achegar a ciencia á sociedade con tanta calidade e compromiso! ✨🔬

#DivulgaciónCientífica #CITEEC #UDC #FondosEuropeos

24.02.2026 16:37 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

🏆O CD Camiños Coruña proclamouse vencedor de Intercaminos 2026, acadando 60 puntos no sumatorio total das probas. Santander quedou en 2ª posición e Barcelona 3ª.

✨1.134 estudantes de 9 escolas participaron nas competicións nun ambiente marcado polo compañeirismo.

🔗Máis info: https://bit.ly/INTC26

24.02.2026 09:52 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

🔬O 26/02 o @citeec.bsky.social acollerá a conferencia de Dhiraj S. Bombarde, investigador posdoutoral da Università di Pavia (Italia), que abordará dúas aplicacións da análise isoxeomátrica: o bloqueo numérico na mecánica de sólidos e os modelos de campo de fase aplicados ao crecemento tumoral.

20.02.2026 08:09 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
Más talento y más global: el futuro investigador en A Coruña Los tres centros de investigación de la Universidade da Coruña afrontan sus propios retos, pero comparten objetivos similares. Ponen la vista en buscar nuevo talento, alcanzar el ámbito internacional,...

🗣️ Onte entrevistaron ao noso Director Científico, Fernando Martínez Abella, xunto cos outros dous directores recentemente elixidos nos centros de investigación da @udc.gal, para abordar o futuro da investigación e a atracción de talento internacional

#CITEEC #UDC #FondosEuropeos

20.02.2026 07:51 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image

🗳️A UDC elixe direccións dos seus 3 centros de investigación do campus da Coruña:

🔹 Fernando Martínez Abella continuará á fronte do @citeec.bsky.social 
🔹 Manuel González Penedo renova no @citicresearch.bsky.social 
🔹 Carlos Platas, novo director do @cicaudc.bsky.social 

🔗https://bit.ly/ElCICDC

18.02.2026 11:26 — 👍 4    🔁 4    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

A nosa equipa do #gCONS no MUNCYT polo #11F 👷‍♀️💡

Gemma Rojo, Belén González e Sindy Seara impartiron “Construíndo o 11F”, un obradoiro de #formigón sostible para primaria 🏗️

O futuro constrúese dende a base… e vén cheo de talento! 🚀

#CITEEC #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

13.02.2026 14:03 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 1
Post image Post image Post image

🫂🔬 Moitas grazas a todas as persoas que nos acompañáchedes onte nos diversos actos organizados con motivo do 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

🎉A xornada resultou un éxito e lembrade que ao longo de todo o mes de febreiro, as actividades continúan!

+info:https://bit.ly/11F2026p

12.02.2026 10:21 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

Así foi o #Interlabs 11F no CITEEC 💜

Yaiza Rodríguez, Eva Llavero, Uxía López e Rosalía Doporto compartiron proxectos sobre #enerxíamariña, #infraestruturaverde e #microplásticos

Con Soledad Muniategui como madriña ​✨🔍

#11F #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

11.02.2026 14:20 — 👍 7    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🔬O @cicaudc.bsky.social organiza o 11F unha mesa redonda con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia.

👩‍🔬Participan:
Socorro Castro, investigadora do CICA
María Suárez Taboada, investigadora do @citicresearch.bsky.social 
Mª Isabel Martínez Lage, investigadora do @citeec.bsky.social

10.02.2026 09:56 — 👍 3    🔁 3    💬 0    📌 0
Post image

⏰ Conta atrás para o #Interlabs 11F! 💜

Yaiza Rodríguez, Eva Llavero, Uxía López e Rosalía Doporto presentarán as súas investigacións en enerxía mariña 🌊, infraestrutura verde 🌱 e microplásticos 🌍

Con Soledad Muniategui como madriña 🤗​

#11F #Investigación #Divulgación #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

09.02.2026 10:02 — 👍 4    🔁 4    💬 1    📌 0
Preview
A UDC reforza o seu cadro investigador con sete novas incorporacións a través dos programas Ramón y Cajal e Beatriz Galindo Detalle de udc-news

✨A UDC incorpora 7 novos talentos de excelencia, 4 no marco do programa Beatriz Galindo (Fredy Santiago Monge, Ana Cocho Bermejo, Rodrigo Lozano e Patricia Taladriz) e 3 (Antonio José Álvarez, Natalia da Silva e Andrea Muñoz) baixo a convocatoria Ramón y Cajal.

🔗+info:

02.02.2026 13:00 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

🎉 Lucía Valeiro, Margarita Novales e Alfonso Orro de #FERROTRANS gañan o premio Best microsimulation paper no 1st International Congress on Mobility and Intelligent Transport pola ponencia sobre rendemento do bus urbano mediante simulación microscópica 👏

#mobilidade #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

28.01.2026 14:03 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

🗣️ Esta mañá recibimos, en @caminosudc.bsky.social da @udc.gal, a charla de Beatriz Yordi (Comisión Europea) sobre o mercado do carbono e dos obxectivos climáticos do #PactoVerdeEuropeo

A xornada rematou cunha visita ao CITEEC 💡

#CITEEC #UDC #FondosEuropeos

23.01.2026 13:51 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

A ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos acolleu hoxe a conferencia de Beatriz Yordi, directora de Mercados de Emisións e Mobilidade Limpa da Comisión Europea, sobre o comercio de dereitos de emisión e a transición climática na UE organizada polo @citeec.bsky.social.

🔗https://bit.ly/CBY2301

23.01.2026 13:04 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
La empresa de Palas de Rei Bioflytech liderará un proyecto europeo para automatizar la cría de mosca soldado negra a través de la IA La iniciativa, dotada con 3,6 millones de euros, cuenta con el respaldo del centro tecnológico ITG y de la Universidade da Coruña

💡🐛 O grupo #GEAMA participa nun proxecto europeo en colaboración coa empresa Bioflytech para automatizar a cría da mosca soldado negra mediante intelixencia artificial

👉 www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo...

#IAPSI #equipoCITEEC #CITEEC #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

20.01.2026 09:25 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

A UDC participa no proxecto europeo #IAPSI para crear un sistema intelixente que optimice a cría de larvas de mosca soldado negra 🧠.

📅Esta iniciativa conta cun prazo de execución de 2 anos e un orzamento de más de 3.6 millóns de euros.

🔗Máis info: https://bit.ly/IAPSI

19.01.2026 13:29 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Terceiro Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais Detalle de udc-news

Moitos parabéns!!! 👏👏 O grupo #GEAMA acadou onte o 2º premio dos III Premios de Investigación da Cátedra Epifanio Campo co seu traballo “Mineralización de CO₂ en rocas máficas: de gas residual a mineral estable” 🌍🔬

#equipoCITEEC #CITEEC #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

www.udc.es/gl/novas/A-C...

16.01.2026 10:10 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

🌲 Onte recibimos ao Clúster #Biomasa de Galicia para coñecer os grupos de investigación que traballan con restos de biomasa e no desenvolvemento de materiais sostibles

Moitas grazas á OTC da @udc.gal pola organización e ao CICA, CITIC e CITENI por sumarse á xornada 💫

#CITEEC #UDC #FondosEuropeos

15.01.2026 09:50 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

📅O 23/1 o @citeec.bsky.social organiza na ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos a conferencia “El régimen del comercio de derechos de emisión de la Unión Europea”, impartida por Beatriz Yordi, directora de Mercados de Emisións e Mobilidade Limpa da Comisión Europea.

Entrada libre!

12.01.2026 10:50 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

🗣️ O vindeiro venres retomaremos a conferencia de Beatriz Yordi Aguirre “El régimen del comercio de derechos de emisión de la Unión Europea”

📅 Venres 23/01
⏰ 11:30h
📍 Salón de Grados 1 da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos @caminosudc.bsky.social

#CITEEC #UDC #FondosEuropeos @udc.gal

12.01.2026 11:07 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

A UDC súmase ao proxecto europeo TiBeRIUM para fortalecer a autonomía estratéxica e a defensa europea a través do uso sostible de titanio e berilio.

O equipo está liderado por Ricardo García Mira, do @citeec.bsky.social e formará parte dun consorcio de 25 entidades.

🔗https://bit.ly/RGMtiberium

09.01.2026 09:29 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
El coruñés Ricardo García Mira lidera el equipo de la UDC en el proyecto europeo TiBeRIUM El coruñés Ricardo García Mira lidera el equipo de la UDC en el proyecto europeo TiBeRIUM

Comezamos o ano con boas novas!

O investigador Ricardo Garcia Mira, do grupo #GRIPA, liderará o equipo da @udc.gal no proxecto europeo TiBeRIUM 🔎

👉 www.elidealgallego.com/a-coruna/202...

#CITEEC #UDC #investigación #research #FondosEuropeos

09.01.2026 09:22 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

Un anaquiño do ben que o pasamos no café de Nadal 🎄☕

Grazas a todos e todas por este ano tan ilusionante para nós. Por cada idea, cada proxecto compartido e cada momento vivido xuntos/as. Imos a por máis no 2026 ✨

#Nadal #UDC #CITEEC #FondosEuropeos @udc.gal

23.12.2025 11:30 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image

Remata este ano tan especial marcado pola conmemoración do 25 aniversario do CITEEC 🎉. Hoxe compartimos a última entrevista radiofónica do noso Director Científico 📻

🔊 Ligazón a Radio Galega: https://www.agalegaaudio.gal/videos/301285-citeec

#25aniversarioCITEEC #CITEEC #FondosEuropeos @udc.gal

22.12.2025 12:02 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

🗣️ O venres recibimos a Marcos Fernández García, exalumno de @caminosudc.bsky.social e enxeñeiro estrutural en Axess Technologies (Noruega)

👷 Impartiu a conferencia “Análise por Elementos Finitos para Aplicacións Reais de Enxeñaría na Industria do Petróleo e Gas"

#GME #FondosEuropeos @udc.gal

22.12.2025 10:02 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

💡 O venres inauguramos o #Interlabs Xmas Edition 🗣️🎄 cas intervencións de Martín Rey Furelos e Miguel Anxo Vicente Pardal (GMNI), Silvia María Felpete Rodríguez (GEAMA) e Enrique Cabarcos Pita (FERROTRANS)

Ademais de contar con Pablo Guindos como padriño 🤗

#investigación #FondosEuropeos @udc.gal

19.12.2025 12:02 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0

🔍 Dúas liñas de investigación complementarias que demostran como a xeoloxía é clave para comprender o pasado, actuar no presente e afrontar os retos climáticos do futuro

A xeoloxía é importante, poñámola en valor 💫

#GeologíaEsImportante #DefiendeLaGeología #investigación #divulgación #CITEEC

19.12.2025 09:10 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Pola outra, no @gricabiopastudc.bsky.social traballan en #OLIGOlife 🦴, un proxecto que analiza restos fósiles galegos de finais do Oligoceno para entender como os cambios climáticos do pasado poden axudarnos a anticipar os do futuro

19.12.2025 09:09 — 👍 2    🔁 1    💬 1    📌 1

@citeec is following 20 prominent accounts