Que son as arquitecturas "little endian" e "big endian" e por qué se chaman así?
(Non ten nada que ver cos indios. "Endian", non "Indian".)
A resposta, na Folla desta semana.
folla.gal/09/0-little-...
@folla.gal.bsky.social
Boletín semanal en galego sobre enxeñería do software, por Jacobo Tarrío. Publícase os mércores polo módico prezo de cero pesetas. https://folla.gal/
Que son as arquitecturas "little endian" e "big endian" e por qué se chaman así?
(Non ten nada que ver cos indios. "Endian", non "Indian".)
A resposta, na Folla desta semana.
folla.gal/09/0-little-...
Comezo a Folla de mañá falando de "As Viaxes de Gulliver". Sodes quen de adiviñar cal é o tema?
16.04.2024 20:15 — 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0Esta semana fálovos dunha maneira antiga, pero eficiente, de facer un tipo de datos "conxunto".
E, agora que me decato, o título é un "spoiler" total. Pois xa é tarde para cambialo. Desfrutade da Folla de hoxe e, se vos gusta, pasádella aos vosos amigos.
folla.gal/08/9-mapas-d...
«Este proceso chámase “tokenization” en inglés e négome rotundamente a pseudo-traducilo como “tokenización”, “toquenización” ou unha barbaridade polo estilo, así que hei chamalo “peneirar”.»
E despois de tal parágrafo, uso esa palabra unha soa vez na Folla desta semana.
folla.gal/08/8-solucio...
Tres vacas a pacer nun prado.
Se queredes ver o resto da ilustración, non perdades a Folla de mañá en folla.gal
26.03.2024 15:38 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Como prometín, a Folla desta semana fala do que fixen coas listas ligadas.
Con tres ilustracións en cor!
folla.gal/08/7-listas-...
Dei co sistema eu soíño, pero por suposto o Knuth xa escribira sobre el en "The Art Of Computer Programming".
Alá foi a miña patente.
Esta semana non hai Folla, pero a ver se para a próxima vos podo contar como modifiquei as miñas listas ligadas ("linked lists") para que engadir un novo elemento sexa O(1) e non O(n) sen ocupar máis memoria gardando máis punteiros nin empeorar o rendemento de ningunha outra operación.
13.03.2024 11:19 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0A Folla de hoxe fala do despacho dinámico (durante a execución) e do despacho estático (durante a compilación).
Se non sabedes de que estou a falar, podedes facer clic na ligazón de embaixo e aprender.
folla.gal/08/6-os-desp...
A Folla de hoxe é o motivo polo que o meu boletín vai quedar totalmente descartado para calquera tipo de premio ou subvención da Xunta.
E tamén fala de medias, medianas e percentís.
folla.gal/08/5-estatis...
A miña muller cando viu a ilustración da Folla de mañá:
“Moitas cousas hai nese debuxo.”
Aínda estades a tempo de vos subscribir para ser dos primeiros en recibila no voso email! Acudide a folla.gal
É importante saber como funciona a recollida do lixo, tanto dentro como fóra do ordenador.
folla.gal/08/3-recolli...
Cando aprendín a programar en C tiven moita lea cos punteiros porque eu non sabía onde ían as miñas variables.
Esta semana, a Folla que querería ter lido daquela.
folla.gal/08/2-onde-va...
Na Folla de hoxe falo de radioafección e de programas interconectados, e poño en dúbida as miñas dotes como ilustrador.
folla.gal/08/1-o-minim...
Xa hai comentarios na Folla! Pero como non se pode lanzar nada sen que haxa un problema, os emoji non andaron unhas horas por culpa do soporte de Unicode no MySQL.
folla.gal/08/0-os-come...
Unha das primeiras empresas de informática non era de informática.
Na Folla desta semana.
folla.gal/07/9-uso-de-...
Como traducides "template" ao galego?
Refírome aos ficheiros que se usan para formatar HTML cun contido determinado, por exemplo.
"*Plantilla" é castelán. Nalgún momento usei "patrón" pero vamos. A última suxestión que recibín é "modelo" pero vaaaamos.
Dous homes preparados para bater con cadanseu martelo no mesmo cravo.
Na Folla de hoxe facemos modificacións simultáneas na base de datos, pero con miramentos.
folla.gal/07/8-modific...
Na Folla desta semana: cadeas de texto, xogos de caracteres, codificacións e secuencias de bytes.
Con unha, dúas, TRES ILUSTRACIÓNS.
folla.gal/07/7-erros-d...
A Folla sae nun xoves para falar do desastre do mércores.
folla.gal/07/6-e-logo-...
Buenocarallobueno.
Como esta semana tiven o ordenador estragado non puiden preparar unha Folla así que vos mandei un conto.
O malo: o email foi para o grupo de "test", non o de produción, así que non o vistes.
Velaquí a ligazón, que se non non o ve ninguén: emails.folla.gal/y9p3v6m6z5
Como xa teño dito: nótase moito que non sabía Go cando o comecei. Documenteino e melloreino un pouco pero nalgún momento hai que parar e publicar (folla.gal/04/4-sempre-...) asi que... Aí vai.
13.12.2023 18:18 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Veño de publicar o xerador de sitios web que uso para a Folla: github.com/jtarrio/jtweb
Así podedes ir mirando os cambios que fago para engadir comentarios.
A Folla de hoxe fala de como gardar segredos e como sacar proveito deles. Ou algo semellante.
folla.gal/07/5-como-ga...
A segunda cousa máis interesante da Folla de hoxe é que xa non digo "refactorizar" en galego.
folla.gal/07/4-outras-...
A inxección de dependencias é un invento moi antigo, e a linguaxe Pascal conserva un resto daquel tempo.
folla.gal/07/3-inxecci...
Na Folla de hoxe facemos separación de responsabilidades!
folla.gal/07/2-separar...
Nesta semana fixen cambios na configuración do correo. Se estades subscritos e non recibistes a Folla, mirade no cartafol do spam.
Eu estaba no equipo que facía a infraestrutura na que funcionaban eses xogos. E ás veces non funcionaban ben. Ou viñan hackers.
Moi ben lle veu ao meu equipo que eu soubera ler portugués!
E vós, recibistes algunha comenencia inesperada por saber comunicarvos en galego?
Houbo moito por facer na casa e no traballo así que, para compensar que non podo publicar nesta semana, heivos contar un conto.
Lembrades Orkut? A primeira rede social de Google. O seu momento xa pasou pero hai anos era moi popular no Brasil con xogos como "Colheita Feliz" de millóns de usuarios. 🧵
Ola! Esta é a conta da Folla, o boletín en galego sobre enxeñería do software.
Levo publicados 71 números semanais (cando podo, claro) nos que falei de programas metidos nun cortello, optimización prematura e retroexcavadoras limpas de máis.
Lédeos e, se vos presta, subscribídevos, que é gratis!