Os Liantes

Os Liantes

@osliantes.bsky.social

Asociación musical galega adicada a difusión e posta en valor da tradición musical tradicional desta rexión.

19 Followers 21 Following 157 Posts Joined Nov 2024
1 month ago
Post image

🌍 Sabías que o noso Boi Bruón ten "parentes" nos Andes?

Nas laghoas de Perú conta a lenda que vive o Touro de Ouro. 🐂✨ Se o respectas, trae a chuvia para as colleitas. Pero ai se o molestas... seca todo ao seu paso! 🏔️🇵🇪

A historia soa, verdade? 👇

2 3 1 0
1 month ago
Video thumbnail

Só pode quedar unha. Votade nos comentarios! 👇

#Gaiteiros #Musicanarua

0 0 0 0
1 month ago
Video thumbnail

Resolvamos isto agora mesmo: Muiñeira ou Xota? 🤔

#Folk #Folkmusic #Livemusic

2 1 3 0
1 month ago
Video thumbnail

Por aqui vos deixamos un pequeno resumo das nosas “visicitudes” nas pasadas festas de inverno de Artes 😉 case sempre punto de arranque da nosa temporada.

2 2 0 0
1 month ago
Post image Post image Post image Post image

Chamámonos “Os Liantes” por unha razón... 😬 Se hai festa, alí nos metemos. Se non a hai, liámola nós. 🎉 Cal é a túa “liada” favorita nunha foliada? Es máis de tocar ou de bailar? 💃🕺

#OsLiantes #Foliada #MúsicaTradicional #Galicia #BaileTradicional #Ribeira #Troula

2 2 1 0
1 month ago
Preview
Os Liantes

Sabías que podes levar a nosa música no peto? 🎧 Dálle ritmo ao teu día cos nosos temas en Spotify. Cal é a vosa canción favorita para animarvos hoxe?

2 0 2 0
1 month ago
Post image Post image

Así foi o día da nosa primeira participación na Festa Hortera no 2024: Pola mañá: traxe tradicional e seriedade 🧐. Pola tarde: gafas de sol, camisas de flores e festa hortera 😎.
Quen dixo que a tradición non sabe divertirse? 👇

2 0 0 0
2 months ago
Post image

Porque a tradisiòn non é pasado ⏳: é presente e futuro 🌱

#música #folkeartes #paxinaweb #8aniversario#bandabruona#bruònfolkfest2025 #músicafolk #folkgalego #folk

0 0 0 0
2 months ago
Post image Post image

Un recoñesemento ò de sempre ❤️,ò que se aprendeu na casa, nas festas e nos seráns. Cantijas, ritmos e bailes collidos a base de mirar, escoitar , máis ca de lelo nos libros 📖, que pasan de xeración en xeración… aínda que lojo cada quen o faja a súa maneira 🤣🥰

#galiciacalidade #galicia

0 0 1 0
2 months ago
Post image Post image

A Xunta de Galicia declarou ofisialmente a música e o baile tradisionais jallejos como Ben de Interese Cultural (BIC) na catejoría de patrimonio inmaterial 🏛️🎵

#osliantes #músicafolk #músicagalega #culturagalega

0 0 1 0
2 months ago
Post image Post image

🎶💃 Por fin a nosa tradisión xa é patrimonio 🕺🎶✨

#derepenteunburato
#bruònfolkfest #festivaldoboibruòn

2 2 1 0
2 months ago

Hai bruídos que atravesan o tempo, e palabras que rescatan mitos. 🌊📖

No Bruón Folk Fest, a nosa programación sempre camiña da man das nosas Letras.

#BegoñaCaamaño será a homenaxeada no día das nosas letras no 2026.

#BruónFolkFest #LetrasGalegas2026

3 2 1 0
2 months ago
Video thumbnail

Nin a gaita nin o low whistle se mandan sós (aínda que ás veces o parece). 😅
Deixámosvos unha pequena "liada" dos nosos últimos ensaios.
Porque se non nos rimos de nós mesmos, que nos queda?
Etiqueta a ese amigo que sempre se pasa de freada nos finais. 🛑
#OsLiantes #FolkGalicia

2 2 1 0
2 months ago
Video thumbnail

Momento vivido no Bruon 2025, con Oscar Fojo Lamas #FoxoArtesania. facendo unha demostración con un dos seus célebres #Peitoques

2 2 0 0
2 months ago
Preview
Os Liantes

🎧 Queres saber como soamos? Ténshedes a nosa música dispoñible en Spotify. Seguide esta conta para enterarvos da próxima foliada, ensaios e "liadas" varias. Vémonos nas corredoiras! 👋

open.spotify.com/artist/4JRpO...

0 0 0 0
2 months ago
Inicio | Alianza Galega polo clima

🌿 Non só facemos ruído, tamén coidamos a terra. Somos parte da Alianza Galega polo Clima. No noso festival e actividades apostamos pola redución de plásticos e a economía circular. Cultura viva, terra preservada. ♻️

alianzagalegapoloclima.gal/es

0 0 1 0
2 months ago
Post image Post image Post image

O noso gran orgullo é o Bruón Folk Fest. Un festival en Artes que recupera a lenda do Boi Bruón e a aldea asolagada de Valverde. Dúas xornadas de música, artesanía, literatura e actividades para os pequenos (Bruonciño). Unha homenaxe ao bruído que nos une! ✨

bruonfolk.gal

0 0 1 0
2 months ago
Post image Post image

O noso é a fusión entre tradición e modernidade. Dende o rigor dun Certame de Gaitas ata a troula dun pasabares ou unha festa "hortera" con gafas de sol e tutús. 😎 Gaitas, panderetas, pandeiros e moita enerxía para facer bailar á xente. 💃

1 0 1 0
2 months ago
LIANTES

🤔 Por que "Os Liantes"? O nome reflicte o noso carácter inquieto: sempre buscamos novos retos. E como nos dixo un recoñecido gaiteiro unha vez sobre a xente do Barbanza... quizais sexa porque somos uns "festeiros". E a moita honra! 🎉

osliantes.gal

0 0 1 0
2 months ago
Post image Post image Post image

📅 Nacemos no 2017 froito da inquedanza. O noso núcleo vén da Banda de Gaitas de Artes, pero sumamos forzas con xente de grupos como Ancoradoiro ou Queixucas. O obxectivo? Non só interpretar, senón organizar foliadas, cursos e manter viva a música de raíz. 🎶

0 0 1 0
2 months ago
Post image

Ola, ceo azul! 👋 Chegamos Os Liantes. 🕸️ Somos unha Asociación Cultural e grupo de música tradicional con base na parroquia de Artes (Ribeira). 📍 Se che vai a música de raíz, a festa e a cultura galega, este é o teu sitio. 👇 Dentro fío de presentación! 🧵

0 0 1 0
2 months ago
TikTok - Make Your Day

Isto foi 2025, pero 2026 ven cargado de máis proxectos, máis Bruón e máis líos. 🐂
Se queres ver o vídeo enteiro sen cortes, pasade pola nosa canle de TikTok.

vm.tiktok.com/ZNRM6kjJr/

Seguimos bruando! 🌪️

0 0 0 0
2 months ago
Video thumbnail

Pechamos o círculo onde o empezamos: na casa. 🏠
A Ruada de Nadal en Porto do Son e o Concerto Final no Centro Recreativo de Artes foron o broche de ouro. Intimidade, familia e a formación ao completo para despedir un ano inesquecible.
Grazas por acompañarnos en cada nota! 🎄✨

0 0 1 0
2 months ago
Video thumbnail

O outono tróuxonos retos e recompensas.
Dende a esixencia técnica do #CertamedePonteareas ata a participación na Foliada de #Tahume (facendo bailar a xente! 😍).
Tamén dou tempo para baixar a comida co viño en San Miguel de Sarandón e para unhas castañas no magosto de Bugallido. Que non falte! 🍷🌰

0 0 1 0
2 months ago
Video thumbnail

Non todo é rúa! Este 2025 tamén lle demos duro ao formato "Big Band". 🎸🎹
Batería, teclados e colaboracións especiais. O folk-fusión tamén corre polas nosas veas. Así soamos cando nos poñemos serios enriba das táboas colaborando coa banda Suevia de Porto do Son e representando a Ribeira no Culturgal🔥

0 0 1 0
2 months ago
Video thumbnail

O verán é onde se demostra quen somos. Capaces de lucir o traxe tradicional completo (chaleco e faixín incluídos) nas Festas de Artes 🎩 e de poñer tutús e gafas de sol na Festa Hortera con algún Friend de Suevia. 😎
Porque a tradición non está rifada coa diversión. Somos ou non somos festeiros? 💃🕺

0 0 1 0
2 months ago
Video thumbnail

Comezamos o ano ensaiando forte e recuperando as panderetas, peza clave do noso son! 🥁
Non nos importou o frío de xaneiro para saír a tocar polas corredoiras nin a choiva para ir de Pasabares na Pobra ou a Festa da Gaita da Arzúa

0 0 1 0
2 months ago
Video thumbnail

2025 foi un ano de moita música, moita raíz e, sobre todo, de moita festa. 🌪️
Dende o frío das corredoiras de xaneiro ata a calor das foliadas de verán.
Aquí tedes o noso ano en imaxes. Dentro vídeo (e fío)! 👇
#Galiciacalidade #OsLiantes #Recordo2025 #Gaiteiros

2 1 1 0
2 months ago

Una pandeirada!
Uno de los ritmos más inevitables que existen. Y lo dice un fan del funk.

Disfrutémosla, gracias a os liantes 👏👏👏

5 2 0 0
2 months ago
Video thumbnail

Por aquí vos deixamos un pequeno fragmento do noso concerto de hoxe no Centro Recreativo de Artes 🤗 #Galiciacalidade #Gaiteiros #Osliantes

13 4 0 1