Avante LGBT+ Pontevedra's Avatar

Avante LGBT+ Pontevedra

@avantelgbtponte.bsky.social

Asociación LGBTIQA+ 🏳️‍🌈 Anticapitalista, feminista e galega avantepontevedra@gmail.com Podcast: https://open.spotify.com/show/1UqbSUUjPQUI6c3oRfZHqN Canal de difusión de eventos queer en Pontevedra: https://whatsapp.com/channel/0029VakaVxIK0IBnzaAQwX36

53 Followers  |  30 Following  |  61 Posts  |  Joined: 29.01.2025  |  2.0006

Latest posts by avantelgbtponte.bsky.social on Bluesky

Preview
Convocan unha concentración en Pontevedra contra a agresión homófoba a dous rapaces na cidade A agresión tivo lugar na madrugada do sábado na rúa Benito Corbal, arredor das 6.30 da mañá á altura de Mango, ao berro de “maricóns de merda”,
07.08.2025 15:07 — 👍 8    🔁 10    💬 0    📌 0
Cartaz dunha convocatoria a unha concentración. No fondo, degradado de cor rosa a negro. Aparece o seguinte texto en letras grandes e claras:

«Nin un paso atrás!
Concentración en repulsa á agresión homófoba en Pontevedra»

As palabras “agresión homófoba” destacan nun rectángulo branco con letras rosas. Ao lado dereito superior, aparece unha icona dun megáfono rosa.

Na parte inferior, indícanse os detalles da convocatoria:
📍Praza de España
📅 11 de agosto
🕗 20:00

En pequeno, no canto inferior dereito, indícase a organización convocante: “Convoca: Avante LGBT+ Pontevedra”

Cartaz dunha convocatoria a unha concentración. No fondo, degradado de cor rosa a negro. Aparece o seguinte texto en letras grandes e claras: «Nin un paso atrás! Concentración en repulsa á agresión homófoba en Pontevedra» As palabras “agresión homófoba” destacan nun rectángulo branco con letras rosas. Ao lado dereito superior, aparece unha icona dun megáfono rosa. Na parte inferior, indícanse os detalles da convocatoria: 📍Praza de España 📅 11 de agosto 🕗 20:00 En pequeno, no canto inferior dereito, indícase a organización convocante: “Convoca: Avante LGBT+ Pontevedra”

🚨 AGRESIÓN HOMÓFOBA EN PONTEVEDRA

Este luns 11 ás 20.00h na Praza de España, concentrámonos para denunciar a agresión homófoba sufrida por 2 rapaces na rúa Benito Corbal, á altura de Mango.

Se estiveches por alí o pasado sábado sobre as 6.30 AM e podes achegar información, contacta connosco 🙏

07.08.2025 15:21 — 👍 9    🔁 7    💬 0    📌 0
Preview
04 | Visibilidade trans na Galiza dos 90 con Laura Bugalho: "Se algo aprendín é que somos rede" REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode

🎧 Novo episodio de REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega!

🌈 Con Laura Bugalho, muller trans e activista chave na loita LGBTIQA+ e das persoas migrantes

🗣️ Do franquismo á utopía ARELAS, pasando pola loita trans a comezos dos 2000 no Parlamento galego

🔗 Escóitao aquí: open.spotify.com/episode/63vF...

07.07.2025 14:57 — 👍 6    🔁 4    💬 0    📌 2
Cartaz anunciando o Vermú literario organizado por Pinto e Maragota na Festa dos Libros. Na parte superior esquerda, sobre fondo vermello, aparece o texto:
Domingo 6 de xullo de 2025, ás 12.30 h, na Festa dos Libros (praza da Ferraría).

Logo aparece o título en grande: VERMÚ literario.

A continuación, o texto principal:
Conversa de Sara Vila, Eva Mejuto e Anxos Rial con Antonio M. Fraga, autor de “Askja”, obra gañadora do premio Pinto e Maragota 2025.

Presenta Anabel Gulías, concelleira de Igualdade
Acompañamento musical de Tania Zaref

Na parte inferior hai formas xeométricas coloridas e os logotipos de:
Os Vermús de Pinto e Maragota, Xerais e Concello de Pontevedra.
Na parte superior dereita está o logotipo de Pinto e Maragota, con dous peixes estilizados nas cores da bandeira LGBTIQA+ e o texto: Programa municipal pola diversidade sexual e de xénero.

Cartaz anunciando o Vermú literario organizado por Pinto e Maragota na Festa dos Libros. Na parte superior esquerda, sobre fondo vermello, aparece o texto: Domingo 6 de xullo de 2025, ás 12.30 h, na Festa dos Libros (praza da Ferraría). Logo aparece o título en grande: VERMÚ literario. A continuación, o texto principal: Conversa de Sara Vila, Eva Mejuto e Anxos Rial con Antonio M. Fraga, autor de “Askja”, obra gañadora do premio Pinto e Maragota 2025. Presenta Anabel Gulías, concelleira de Igualdade Acompañamento musical de Tania Zaref Na parte inferior hai formas xeométricas coloridas e os logotipos de: Os Vermús de Pinto e Maragota, Xerais e Concello de Pontevedra. Na parte superior dereita está o logotipo de Pinto e Maragota, con dous peixes estilizados nas cores da bandeira LGBTIQA+ e o texto: Programa municipal pola diversidade sexual e de xénero.

📚🌈 Este domingo 6 de xullo, ás 12.30h, temos vermú literario na Festa dos Libros (praza da Ferraría)!

🍸 Será unha conversa con @antoniomfraga.bsky.social, autor de “Askja”, a obra gañadora do Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero.

🎶 Con acompañamento musical de Tania Zaref.

05.07.2025 16:47 — 👍 7    🔁 3    💬 0    📌 0
Preview
03 | Chámome Guillermina, son a vosa profesora e son lesbiana. A primeira voda de mulleres na Galiza REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode

🎂 Estes días fanse 20 anos da aprobación do matrimonio igualitario no Estado español

🎙️ Entrevistamos a Guillermina, unha das protagonistas da primeira voda lésbica na Galiza despois da lei. Foi no programa “REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega”

👉 Escoita a conversa: open.spotify.com/episode/4O4B...

02.07.2025 09:20 — 👍 5    🔁 3    💬 0    📌 0
E MÁIS!
Sabemos que ainda non somos 100% accesíbeis. Se tés algunha necesidade específica máis, agradecemos que veñas falar connosco ao posto de información de Avante LGBT+ Pontevedra e faremos todo o posíbel para que ti tamén poidas desfrutar da festa e reivindicar connosco!

E MÁIS! Sabemos que ainda non somos 100% accesíbeis. Se tés algunha necesidade específica máis, agradecemos que veñas falar connosco ao posto de información de Avante LGBT+ Pontevedra e faremos todo o posíbel para que ti tamén poidas desfrutar da festa e reivindicar connosco!

Axúdasnos a mellorar? Queremos que ti tamén desfrutes da nosa festa e reivindiques connosco!

28.06.2025 10:05 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
APARCADOIROS
Co triatlón, aparcar en Pontevedra pode ser complicado. Deixamos aquí algúns aparcadoiros públicos, sen poder garantir que teñan oco, co nome que teñen no google maps e a distancia do parque das palmeiras camiñando:
• Parking exterior público centro comercial A Barca: 16 minutos
• Aparcadoiro público coches e caravanas (Mollabao): 16 minutos
• Parque de Ánkar: 18 minutos

APARCADOIROS Co triatlón, aparcar en Pontevedra pode ser complicado. Deixamos aquí algúns aparcadoiros públicos, sen poder garantir que teñan oco, co nome que teñen no google maps e a distancia do parque das palmeiras camiñando: • Parking exterior público centro comercial A Barca: 16 minutos • Aparcadoiro público coches e caravanas (Mollabao): 16 minutos • Parque de Ánkar: 18 minutos

⚠️ Pontevedra está no triatlón

Se vés de fóra, pode que sexa difícil topar onde aparcar. Nós fixemos unha lista de aparcadoiros públicos que é probábel que teñan sitio:

28.06.2025 10:05 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
ESPAZO TRANQUILO
Se te estresas co ruído ou coa xente, vén ao espazo tranquilo! No banco trans ao lado da deputación temos:
• Lugar onde sentar
• Fidgets
• Tapóns de ouvidos
• Libros

ESPAZO TRANQUILO Se te estresas co ruído ou coa xente, vén ao espazo tranquilo! No banco trans ao lado da deputación temos: • Lugar onde sentar • Fidgets • Tapóns de ouvidos • Libros

PASE PREFERENTE
Se non podes facer cola (polo ruído, a xente, estar de pé) vén ao posto de información de Avante LGBT+ Pontevedra. Temos pases preferentes para que non teñas que agardar ao pedir comida ou bebida na barra. Asi non tés que dar explicacións!

PASE PREFERENTE Se non podes facer cola (polo ruído, a xente, estar de pé) vén ao posto de información de Avante LGBT+ Pontevedra. Temos pases preferentes para que non teñas que agardar ao pedir comida ou bebida na barra. Asi non tés que dar explicacións!

MANIFESTACIÓN
Ás 20:00, faremos unha manifestación saíndo do Parque das Palmeiras. Ao acabar, leremos un manifesto.
• O percorrido é accesíbel para cadeira de rodas
• O manifesto contará con interpretación en lingua de signos

MANIFESTACIÓN Ás 20:00, faremos unha manifestación saíndo do Parque das Palmeiras. Ao acabar, leremos un manifesto. • O percorrido é accesíbel para cadeira de rodas • O manifesto contará con interpretación en lingua de signos

COMIDA
Na nosa festa, hai unha barra onde comprar comida e/ou bebida. Temos opcións:
• Vexetariana
• Vegana
• Sen glute

COMIDA Na nosa festa, hai unha barra onde comprar comida e/ou bebida. Temos opcións: • Vexetariana • Vegana • Sen glute

Algunhas medidas de accesibilidade da festa e da manifestación do Orgullo LGBTIQA+ en Pontevedra:

28.06.2025 10:05 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Guía de ACCESIBILIDADE na festa do Orgullo PTV+
28/06/2025

Guía de ACCESIBILIDADE na festa do Orgullo PTV+ 28/06/2025

Abrimos fío coa

✨ Guía de accesibilidade na festa e manigestación do Orgullo PTV+ ✨

Para o 28 de xuño, hoxe, desde as 12:30 no parque das palmeiras de Pontevedra

👇

28.06.2025 10:05 — 👍 2    🔁 1    💬 1    📌 0

Cartaz da "Festa do Orgullo 2025" en Pontevedra, con fondo rosa intenso e textos en branco e negro. O evento celébrase o sábado 28 de xuño no Parque das Palmeiras. O programa inclúe:

12:30 h – Actuación de Happy Singers con Pride
13:00 h – Sesión vermú "Piratas sen parche" con Éric Dopazo
15:00 h – Xantar colorido
16:30 – 20:00 h – "Duendeneta Dilleis"
18:30 h – Contos do arco da vella, actividade familiar con Cris de Caldas
20:00 h – Manifestación Orgullo 2025 co lema "Nin un paso atrás, nin unha letra menos!". Comezo e fin no Parque das Palmeiras, con lectura de manifesto e interpretación en lingua de signos
21:30 – 23:00 h – "Duendeneta Dilleis"
23:00 h – Concerto de Leria
00:30 h – Yaya DJ
Durante toda a xornada haberá un "Punto Arco Iris" e un posto informativo de Avante LGBT+ Pontevedra e Arelas.

Na parte dereita do cartel aparecen os logotipos do evento: un escudo colorido con ondas (o escudo de Pontevedra) e a frase "Orgullo PTV+"; e na parte inferior, a palabra "ORGULLO" dividida en cores do arco da vella, xunto a "Pontevedra 2025".

Cartaz da "Festa do Orgullo 2025" en Pontevedra, con fondo rosa intenso e textos en branco e negro. O evento celébrase o sábado 28 de xuño no Parque das Palmeiras. O programa inclúe: 12:30 h – Actuación de Happy Singers con Pride 13:00 h – Sesión vermú "Piratas sen parche" con Éric Dopazo 15:00 h – Xantar colorido 16:30 – 20:00 h – "Duendeneta Dilleis" 18:30 h – Contos do arco da vella, actividade familiar con Cris de Caldas 20:00 h – Manifestación Orgullo 2025 co lema "Nin un paso atrás, nin unha letra menos!". Comezo e fin no Parque das Palmeiras, con lectura de manifesto e interpretación en lingua de signos 21:30 – 23:00 h – "Duendeneta Dilleis" 23:00 h – Concerto de Leria 00:30 h – Yaya DJ Durante toda a xornada haberá un "Punto Arco Iris" e un posto informativo de Avante LGBT+ Pontevedra e Arelas. Na parte dereita do cartel aparecen os logotipos do evento: un escudo colorido con ondas (o escudo de Pontevedra) e a frase "Orgullo PTV+"; e na parte inferior, a palabra "ORGULLO" dividida en cores do arco da vella, xunto a "Pontevedra 2025".

🏳️‍🌈 Hoxe celebramos a nosa festa do Orgullo PTV+!

🏳️‍⚧️ Teremos música, comida, moitas cores e unha manifestación ás 20:00. Este ano reclamamos: nin un paso atrás, nin unha letra menos!

🌻 Fixemos unha guía de accesibilidade do evento que podes consultar aquí: www.instagram.com/p/DLcDXmBsExr/

28.06.2025 09:47 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_curtas, que neste 2025 inclúe tres títulos. En primeiro lugar, "Big Boys Don't Cry", de Arnaud Delmarie, producida no 2025 en Francia, de 25 minutos, na versión orixinal subtitulada en español. En segundo lugar, "Solo KIM", de Javier Prieto de Paula e Diego Herrero, producida no 2024 en España, de 15 minutos, na versión orixinal en español. Por último, "Three", de Amie Song, producida nos Estados Unidos en 2023, de 20 minutos, na version orixinal subtitulada en español. A súa proxección vai ser o venres 27 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Estas curtas foron seleccionadas polo FICBUEU.

Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_curtas, que neste 2025 inclúe tres títulos. En primeiro lugar, "Big Boys Don't Cry", de Arnaud Delmarie, producida no 2025 en Francia, de 25 minutos, na versión orixinal subtitulada en español. En segundo lugar, "Solo KIM", de Javier Prieto de Paula e Diego Herrero, producida no 2024 en España, de 15 minutos, na versión orixinal en español. Por último, "Three", de Amie Song, producida nos Estados Unidos en 2023, de 20 minutos, na version orixinal subtitulada en español. A súa proxección vai ser o venres 27 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Estas curtas foron seleccionadas polo FICBUEU.

💔 Hoxe despedimos a mostra de cinema LGBTIQA+ Ambienta por este ano

Mais facémolo por todo o alto con 3 curtametraxes seleccionadas polo FIC Bueu!

Ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada libre ata completar capacidade.

27.06.2025 09:41 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Cartel da homenaxe a Marcos López no Orgullo PTV+ 2025, o 27 de xuño ás 19:00 no Teatro Principal de Pontevedra. Aparece Marcos López sorrindo, cunha camiseta verde, sostendo un vaso. Ao fondo vese un espazo ao aire libre borroso. Na parte superior do cartel está o texto:
“Homenaxe a Marcos López. Venres 27 de xuño (19.00 h) no Teatro Principal. Asociación Avante LGBT+ Pontevedra coa 'première' do coro 'queer' SenD-Coro e número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas.”
Na parte inferior están os logotipos do Orgullo PTV+, Avante LGBT+ e Orgullo Pontevedra 2025.

Cartel da homenaxe a Marcos López no Orgullo PTV+ 2025, o 27 de xuño ás 19:00 no Teatro Principal de Pontevedra. Aparece Marcos López sorrindo, cunha camiseta verde, sostendo un vaso. Ao fondo vese un espazo ao aire libre borroso. Na parte superior do cartel está o texto: “Homenaxe a Marcos López. Venres 27 de xuño (19.00 h) no Teatro Principal. Asociación Avante LGBT+ Pontevedra coa 'première' do coro 'queer' SenD-Coro e número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas.” Na parte inferior están os logotipos do Orgullo PTV+, Avante LGBT+ e Orgullo Pontevedra 2025.

❤️‍🩹 Hoxe homenaxeamos o noso compañeiro Marcos López, que traballou por unha Pontevedra orgullosa e diversa, ás 19:00 no Teatro Principal

Contaremos co coro queer “SenD-coro” na súa première. Tamén haberá un número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas. Estades todes convidades 🫶

27.06.2025 08:01 — 👍 3    🔁 3    💬 0    📌 0
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_series, que neste 2025 é o primeiro capítulo de "Marliliendre", de Javier Ferreiro, unha serie orixinal de atresplayer. A súa proxección vai ser o xoves 26 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Esta serie foi seleccionada polos Premios Feroz. Foi producida no 2025 en España, dura 40 minutos e será proxectada na versión orixinal en español.

Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_series, que neste 2025 é o primeiro capítulo de "Marliliendre", de Javier Ferreiro, unha serie orixinal de atresplayer. A súa proxección vai ser o xoves 26 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Esta serie foi seleccionada polos Premios Feroz. Foi producida no 2025 en España, dura 40 minutos e será proxectada na versión orixinal en español.

Cartaz específico da sección AMBIENTa_encontro, que neste 2025 é con JAVIER FERREIRO, en diálogo con MARIONA BORRULL, xornalista. Vai ser o xoves 26 ás 21:15 no Teatro Principal de Pontevedra, despois da proxección da súa serie "Mariliendre". JAVIER FERREIRO (Lugo 1989) é o creador e director da serie Mariliendre e guionista en Vestidas de azul, as dúas producidas por JAVIER CALVO e JAVIER AMBROSSI. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, especializouse en escrita de guión na EICTV de Cuba. Fundou a produtora Amor y Lujo e colaborou con directores como JAIME ROSALES. Actualmente está a desenvolver o proxecto propio Fame e febre.

Cartaz específico da sección AMBIENTa_encontro, que neste 2025 é con JAVIER FERREIRO, en diálogo con MARIONA BORRULL, xornalista. Vai ser o xoves 26 ás 21:15 no Teatro Principal de Pontevedra, despois da proxección da súa serie "Mariliendre". JAVIER FERREIRO (Lugo 1989) é o creador e director da serie Mariliendre e guionista en Vestidas de azul, as dúas producidas por JAVIER CALVO e JAVIER AMBROSSI. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, especializouse en escrita de guión na EICTV de Cuba. Fundou a produtora Amor y Lujo e colaborou con directores como JAIME ROSALES. Actualmente está a desenvolver o proxecto propio Fame e febre.

💖 Ás 20:30 no Teatro Principal, ‘Mariliendre’ co creador, Javier Ferreiro, en conversa con Mariona Borrull

Unha serie musical sobre Meri Román, diva da noite gay hai anos. Agora está atrapada nunha vida monótona, sacudida pola morte do pai. Isto lévaa a reconectar co seu antigo grupo de amigos gays

26.06.2025 08:53 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Presentación de Insubmisión ambigua
xoves 26 de xuño ás 19h na Libraría Paz

Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns conversarán con Nee Barros

Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+

Presentación de Insubmisión ambigua xoves 26 de xuño ás 19h na Libraría Paz Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns conversarán con Nee Barros Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+

🏳️‍🌈 Como a bisexualidade (e outras plurisexualidades) poden desestabilizar o sistema?

Presentamos “Insubmisión ambigua”, antoloxía de ambigües e indecises que rompen co esencialismo de xénero e o binarismo na atracción

👉 Ás 19:00 na Libraría Paz con Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns

26.06.2025 08:13 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 1
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_actual, que neste 2025 é o filme "Le Bleu du Caftan", de Maryam Touzani. A súa proxección vai ser o mércores 25 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado por Amal en ruta. Foi producido no 2022 en Marrocos, dura 122 minutos e será proxectado na versión orixinal con subtítulos en español. Foi candidato no 75 Festival de Cannes a mellor filme "Un certain regard" e gañador na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Seleccionado por Marrocos para os Premios Oscar.

Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_actual, que neste 2025 é o filme "Le Bleu du Caftan", de Maryam Touzani. A súa proxección vai ser o mércores 25 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado por Amal en ruta. Foi producido no 2022 en Marrocos, dura 122 minutos e será proxectado na versión orixinal con subtítulos en español. Foi candidato no 75 Festival de Cannes a mellor filme "Un certain regard" e gañador na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Seleccionado por Marrocos para os Premios Oscar.

🎥 Hoxe, o filme marroquí “Le Bleu du Caftan” de Maryam Touzani!

🎞️ Conta a historia de Halim, un xastre que dirixe un pequeno negocio coa súa muller na medina de Salé. A súa relación, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef.

👉 Máis info en www.ambienta.gal

25.06.2025 10:11 — 👍 2    🔁 3    💬 0    📌 0
MÉRCORES 25 DE XUÑO
19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: ESPAZO OCUPADO: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella, con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

MÉRCORES 25 DE XUÑO 19.00 h Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9) FALADOIRO: ESPAZO OCUPADO: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella, con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez *Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

🌈 As persoas racializadas LGBTIQA+ existen, mais canto as escoitamos?

💥 A comunidade queer branca aínda exercemos violencia racista. Para aprender e cuestionarnos, ás 19:00 na Casa das Campás teremos un faladoiro con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez.

👉 O programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/

25.06.2025 09:13 — 👍 4    🔁 3    💬 0    📌 0
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_clásico, que neste 2025 é o filme "Ocaña, Retrat Intermitent", de Ventura Pons. A súa proxección vai ser o martes 24 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado polo Cineclube Pontevedra. Foi producido no 1978 en España, dura 85 minutos e será proxectado na versión orixinal en español. Formou parte da sección panorama no festival de Berlín de 1978, e da sección oficial no festival de cannes en 1978.

Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_clásico, que neste 2025 é o filme "Ocaña, Retrat Intermitent", de Ventura Pons. A súa proxección vai ser o martes 24 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado polo Cineclube Pontevedra. Foi producido no 1978 en España, dura 85 minutos e será proxectado na versión orixinal en español. Formou parte da sección panorama no festival de Berlín de 1978, e da sección oficial no festival de cannes en 1978.

🎥 Ás 20:30 no Teatro Principal, “Ocaña, retrat intermitent” (Ventura Pons, 1978): entrada libre

🌈 Ocaña foi un pintor e travesti de Andalucía, naceu no 1947 e forma parte da memoria LGBTIQA+. Con este filme, achegarémonos a el nun retrato da Barcelona homosexual e travesti dos inicios da transición

24.06.2025 11:25 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
MARTES 24 DE XUÑO
19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: A PEGADA LÉSBICA NOS DEPORTES DE CONTACTO:
Fútbol gaélico e Rugby
con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

MARTES 24 DE XUÑO 19.00 h Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9) FALADOIRO: A PEGADA LÉSBICA NOS DEPORTES DE CONTACTO: Fútbol gaélico e Rugby con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales *Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

🌈 Como coinciden Triatlón e Orgullo, hoxe falamos da pegada lésbica nos deportes de contacto

💖 Contaremos coas Lavandeiras de San Simón polo fútbol gaélico, e con Eli Martínez Rosales polo rugby. Ás 19:00 na Casa das Campás, non o perdas!

🔗 O resto do programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/

24.06.2025 11:21 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Cartaz específico da programación do luns 23 de xuño de 2025, co seguinte contido:

Na parte superior aparecen catro imaxes en miniatura da webserie Delirio Sketchs:

Unha drag queen con turbante vermello e colar de perlas. A foto é de @aigiboga

Rodaxe na rúa, con persoas vestidas con bandeiras de españa.

Un home de bigote, o influencer OlaXonMario, con camisa amarela e estética de teletenda ou programa de televisión.

Dúas drags maquillándose diante dun espello, son Mercedes Pezón e Tamy (foto: @grebo_photography).

Texto do cartaz:

Luns 23 // 20.30 h

ACTO DE INAUGURACIÓN de AMBIENTA, con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra.

Proxección de Delirio Sketchs, webserie galega de humor surrealista. Presentación delirante a cargo de:
– Mercedes Pezón (Javier Sánchez “Meiga-i”)
– High Paw
– Tamy (Laura Merchán)
– Psicóloga Susana (Cata Ukelele)

Ao acabar, haberá coloquio coa directora, Bea Saiáns.

Na parte inferior aparecen os logotipos do proxecto Orgullo PTV+ e do Concello de Pontevedra, así como a indicación:
Teatro Principal // Pontevedra

Cartaz específico da programación do luns 23 de xuño de 2025, co seguinte contido: Na parte superior aparecen catro imaxes en miniatura da webserie Delirio Sketchs: Unha drag queen con turbante vermello e colar de perlas. A foto é de @aigiboga Rodaxe na rúa, con persoas vestidas con bandeiras de españa. Un home de bigote, o influencer OlaXonMario, con camisa amarela e estética de teletenda ou programa de televisión. Dúas drags maquillándose diante dun espello, son Mercedes Pezón e Tamy (foto: @grebo_photography). Texto do cartaz: Luns 23 // 20.30 h ACTO DE INAUGURACIÓN de AMBIENTA, con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra. Proxección de Delirio Sketchs, webserie galega de humor surrealista. Presentación delirante a cargo de: – Mercedes Pezón (Javier Sánchez “Meiga-i”) – High Paw – Tamy (Laura Merchán) – Psicóloga Susana (Cata Ukelele) Ao acabar, haberá coloquio coa directora, Bea Saiáns. Na parte inferior aparecen os logotipos do proxecto Orgullo PTV+ e do Concello de Pontevedra, así como a indicación: Teatro Principal // Pontevedra

🌈 Comeza Ambienta, mostra de cinema LGBTIQA+

🗓️ Do luns 23 ao venres 27, vémonos no Teatro Principal ás 20:30. Entrada libre ata encher capacidade!

💎 Hoxe, Delirio Sketchs, unha webserie galega de humor surrealista. Haberá espectáculo coas personaxes e coloquio coa directora e guionista, Bea Saiáns

23.06.2025 09:38 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Cartaz de fondo rosa cunha cuadrícula de debuxos coloridos e sinxelos representando partes do corpo diversas: ollos, pestanas, narices, bocas, bigotes, mamilos, entre outras. Na parte inferior dereita hai un recadro verde claro cun texto que di: “28 de xuño - 20.00h. Manifestación Orgullo. Saída e remate no Parque das Palmeiras. Lectura de manifesto con interpretación en lingua de signos”.

Cartaz de fondo rosa cunha cuadrícula de debuxos coloridos e sinxelos representando partes do corpo diversas: ollos, pestanas, narices, bocas, bigotes, mamilos, entre outras. Na parte inferior dereita hai un recadro verde claro cun texto que di: “28 de xuño - 20.00h. Manifestación Orgullo. Saída e remate no Parque das Palmeiras. Lectura de manifesto con interpretación en lingua de signos”.

🏳️‍🌈 O sábado 28 manifestarémonos polo Orgullo co lema “Nin un paso atrás, nin unha letra menos!”

💥 Sairemos do Parque das Palmeiras ás 20:00 nun percorrido accesíbel para cadeira de rodas. Ao acabar, leremos o manifesto con interpretación en lingua de signos

👉 Vén facer frente aos discursos de odio!

22.06.2025 18:54 — 👍 6    🔁 3    💬 0    📌 0
ACTIVIDADES
DA FEIRA MARICA
Sábado 21 de xuño nos Xardíns de Marescot

MARICHADAS → 12:00
Es artistas exporán os seus proxectos, paixóns e en que consiste o seu labor.

MARICA E QUE? → 17:30
Mesa redonda, na cal se falará de como afecta pertencer ao colectivo LGBTIAQ+.

CESTA MARICA → 20:30
Sortearase unha obra de cada artista (14 obras). Para participar chega con mercar unha obra a un artista (cantas mais merques, mais posibilidades tes).

ACTIVIDADES DA FEIRA MARICA Sábado 21 de xuño nos Xardíns de Marescot MARICHADAS → 12:00 Es artistas exporán os seus proxectos, paixóns e en que consiste o seu labor. MARICA E QUE? → 17:30 Mesa redonda, na cal se falará de como afecta pertencer ao colectivo LGBTIAQ+. CESTA MARICA → 20:30 Sortearase unha obra de cada artista (14 obras). Para participar chega con mercar unha obra a un artista (cantas mais merques, mais posibilidades tes).

🌈 Hoxe, sábado 21, non podes perder a Feira Marica en Pontevedra!

🎨 Unha feira de arte e autoedición LGBTIQA+ diante de Belas Artes, nos Xardíns de Marescot! Estará aberta de 10:00 a 21:00

🐞 Ilustracións, banda deseñada, artesanía e moito mais en www.instagram.com/feiramarica

21.06.2025 09:34 — 👍 5    🔁 2    💬 0    📌 1
Cartaz da presentación do libro VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA de Carlos Callón. Vai ser o xoves 19 de xuño ás 19h. O autor conversará con Nee Barros.
Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+

Cartaz da presentación do libro VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA de Carlos Callón. Vai ser o xoves 19 de xuño ás 19h. O autor conversará con Nee Barros. Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+

🏳️‍🌈 Colectivo LGBTIQA+ na Idade Media? Claro!

💬 Hoxe falamos co @carloscallon.bsky.social de santos trans, cantigas de amigo gays, bollodramas composteláns, un casamento de 2 homes no 1061…

👉 Vémonos ás 19:00 na Libraría Paz!

🔗 O resto do programa do noso Orgullo: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/

19.06.2025 11:43 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
MÉRCORES 18 DE XUÑO
ás 19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugalho
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
en colaboración con Atardecer Solidario

MÉRCORES 18 DE XUÑO ás 19.00 h Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9) REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugalho *Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra en colaboración con Atardecer Solidario

🏳️‍🌈 Coñecemos a memoria do colectivo LGBTIQA+ galego?

🗓️ Hoxe ás 19:00 na casa das campás, falamos con Laura Bugalho (1964, Compostela), muller trans activista.

💖 Como ela di: “Parece que nacemos cos dereitos debaixo do brazo e non é así. Hai xente que loitou (…). É de xustiza recoñecer ese labor”.

18.06.2025 12:56 — 👍 4    🔁 2    💬 0    📌 0
Cartaz da Mostra Internacional de Cinema LGTBIQA+ de Pontevedra, chamada AMBIENTA. No centro aparece unha imaxe do artista Ocaña, con maquillaxe e mirada intensa, pendentes e colar brillante, vestido de negro con mantilla e flores amarelas na cabeza. Na parte superior indícase a data e hora do evento: do 23 ao 27 de xuño de 2025 ás 20:30 h no Teatro Principal. Na parte inferior inclúense os logotipos e webs de ambienta.gal, do Concello de Pontevedra e do Orgullo PTV+.

Cartaz da Mostra Internacional de Cinema LGTBIQA+ de Pontevedra, chamada AMBIENTA. No centro aparece unha imaxe do artista Ocaña, con maquillaxe e mirada intensa, pendentes e colar brillante, vestido de negro con mantilla e flores amarelas na cabeza. Na parte superior indícase a data e hora do evento: do 23 ao 27 de xuño de 2025 ás 20:30 h no Teatro Principal. Na parte inferior inclúense os logotipos e webs de ambienta.gal, do Concello de Pontevedra e do Orgullo PTV+.

A semana que vem, de luns a venres, temos 5 projeçons grátis de cinema LGBTIQA+ em Pontevedra. Se vos interessa, tendes aqui toda a programaçom com todos os títulos: www.instagram.com/p/DLANSkuojun/

17.06.2025 16:16 — 👍 7    🔁 4    💬 0    📌 0

Habemus #OrgulloPTV+ !!! Después de meses trabajando en esto y con muchas cosas que arreglar a última hora por fin podemos poner ahí fuera nuestro programa cultural de 15 días en Pontevedra.
Libros, deporte, música y revindicación en la calle!

13.06.2025 12:16 — 👍 11    🔁 3    💬 1    📌 0

Traemos una programación potente de 15 días llenos de actividades culturales con cine, literatura y reflexión.
Daremos voz a las personas racializadas queer, al lesbianismo en el deporte, a referentes trans históricos como Laura Bugallo y su lucha en Galicia a favor de la comunidad trans aquí.

13.06.2025 12:21 — 👍 1    🔁 1    💬 1    📌 0
Malia os avances legais conseguidos por e para a comunidade LGBTIQA+, cada día medran os discursos de odio contra o colectivo. As aulas non sempre son un lugar seguro para a mocidade queer e as redes sociais amplifican o rexeitamento contra a diversidade. Continúan as agresións físicas e verbais, principalmente contra as persoas trans e/ou racializadas. Aínda hai quen non se atreve a saír do armario no traballo por medo as represalias e en boa parte dos deportes ser "queer" é un estigma.

Por estas e máis razóns, continúa a ser imprescindible celebrarmos o ORGULLO e non esquecer quen puxo a cara e o corpo para reclamar o noso lugar no mundo. Celebrar esta data é, tamén, lembrar quen nos precedeu na loita pola igualdade, quen coa súa presenza se expuxo publicamente abrindo o camiño para esoutres. Os referentes son necesarios para amosar que a diversidade existe e que a nosa memoria tamén foi "queer".

En Pontevedra xa homenaxeamos a Juan Pidre e a María del Carmen del Valle, que sufriron a represión dun tempo que non aceptaba outras formas de ser e de sentir. Este ano, con tristeza e saudade, reivindicamos a memoria de Marcos López (Sarria 1976-Pontevedra 2024), companeiro de Avante LGBT+ que traballou arreo por unha Pontevedra orgullosa e diversa. Marcos cría nun Orgullo lúdico e reivindicativo, porque coa festa outra revolución é posible. Este ano notaremos a súa falta, o entusiasmo, forza e alegría.

A súa maneira de ollar o mundo, crítica e apaixonada, serve de impulso para seguir construíndo, entre todes, unha cidade máis libre, diversa e feliz.

Malia os avances legais conseguidos por e para a comunidade LGBTIQA+, cada día medran os discursos de odio contra o colectivo. As aulas non sempre son un lugar seguro para a mocidade queer e as redes sociais amplifican o rexeitamento contra a diversidade. Continúan as agresións físicas e verbais, principalmente contra as persoas trans e/ou racializadas. Aínda hai quen non se atreve a saír do armario no traballo por medo as represalias e en boa parte dos deportes ser "queer" é un estigma. Por estas e máis razóns, continúa a ser imprescindible celebrarmos o ORGULLO e non esquecer quen puxo a cara e o corpo para reclamar o noso lugar no mundo. Celebrar esta data é, tamén, lembrar quen nos precedeu na loita pola igualdade, quen coa súa presenza se expuxo publicamente abrindo o camiño para esoutres. Os referentes son necesarios para amosar que a diversidade existe e que a nosa memoria tamén foi "queer". En Pontevedra xa homenaxeamos a Juan Pidre e a María del Carmen del Valle, que sufriron a represión dun tempo que non aceptaba outras formas de ser e de sentir. Este ano, con tristeza e saudade, reivindicamos a memoria de Marcos López (Sarria 1976-Pontevedra 2024), companeiro de Avante LGBT+ que traballou arreo por unha Pontevedra orgullosa e diversa. Marcos cría nun Orgullo lúdico e reivindicativo, porque coa festa outra revolución é posible. Este ano notaremos a súa falta, o entusiasmo, forza e alegría. A súa maneira de ollar o mundo, crítica e apaixonada, serve de impulso para seguir construíndo, entre todes, unha cidade máis libre, diversa e feliz.

Programación completa do Orgullo PTV+ (5/5 🧵)

13.06.2025 19:12 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
SÁBADO 28 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTIQA+
FESTA DO ORGULLO 2025
Parque das Palmeiras
PONTEVEDRA
*Durante toda a xornada:
-PUNTO ARCO IRIS
-POSTO INFORMATIVO de Avante LGBT+ e Arelas

SÁBADO 28 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTIQA+ FESTA DO ORGULLO 2025 Parque das Palmeiras PONTEVEDRA *Durante toda a xornada: -PUNTO ARCO IRIS -POSTO INFORMATIVO de Avante LGBT+ e Arelas

12.30 h
HAPPY SINGERS, con PRIDE

13.00 h
Sesión vermú
Piratas sen parche, con ÉRIC DOPAZO

15.00 h
XANTAR COLORIDO

16.30 h - 20.00 h
DUENDENETA DILLEIS

18.30 h
Contos do arco da vella
Actividade familiar con CRIS DE CALDAS

20.00 h
MANIFESTACIÓN ORGULLO 2025
Nin un paso atrás, nin unha letra menos!
Saída e remate no Parque das Palmeiras e lectura de manifesto
(con interpretación en lingua de signos)

21.30 h - 23.00 h
DUENDENETA DILLEIS

23.00 h
Concerto de LERIA

00.30 h
YAYA DJ

02.00 h
Fin de festa

12.30 h HAPPY SINGERS, con PRIDE 13.00 h Sesión vermú Piratas sen parche, con ÉRIC DOPAZO 15.00 h XANTAR COLORIDO 16.30 h - 20.00 h DUENDENETA DILLEIS 18.30 h Contos do arco da vella Actividade familiar con CRIS DE CALDAS 20.00 h MANIFESTACIÓN ORGULLO 2025 Nin un paso atrás, nin unha letra menos! Saída e remate no Parque das Palmeiras e lectura de manifesto (con interpretación en lingua de signos) 21.30 h - 23.00 h DUENDENETA DILLEIS 23.00 h Concerto de LERIA 00.30 h YAYA DJ 02.00 h Fin de festa

Programación completa do Orgullo PTV+ (4/5 🧵)

13.06.2025 19:12 — 👍 2    🔁 1    💬 1    📌 0
20.30 h
AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA
Teatro Principal
PROXECCIÓN DO FILME “Ocaña, retrato intermitente” (Ventura Pons, España 1978, 85’, VOE). Sección Panorama no Festival de Berlín (1978) e Sección oficial no Festival de Cannes (1978)
*Selección de CINECLUB PONTEVEDRA


MÉRCORES 25 DE XUÑO 19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: ESPAZO OCUPADO: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella
con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

20.30 h
AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA
Teatro Principal
PROXECCIÓN DO FILME "Le Bleu du caftan" (Maryam Touzani, Marrocos 2022, 122', VOSE). Candidata no 75 Festival de Cannes a mellor filme "Un certain regard
e gañadora na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Candidata por Marrocos aos Premios Oscar
*Selección de AMAL EN RUTA

XOVES 26 DE XUÑO 19.00 h
Libraría Paz (rúa Peregrina, 29)
PRESENTACIÓN DO LIBRO “Insubmisión ambigua”, con Ana Amigo, Ánxela Lema,
Ártemis López e Bea Saiáns
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

20.30 h AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA Teatro Principal PROXECCIÓN DO FILME “Ocaña, retrato intermitente” (Ventura Pons, España 1978, 85’, VOE). Sección Panorama no Festival de Berlín (1978) e Sección oficial no Festival de Cannes (1978) *Selección de CINECLUB PONTEVEDRA MÉRCORES 25 DE XUÑO 19.00 h Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9) FALADOIRO: ESPAZO OCUPADO: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez *Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra 20.30 h AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA Teatro Principal PROXECCIÓN DO FILME "Le Bleu du caftan" (Maryam Touzani, Marrocos 2022, 122', VOSE). Candidata no 75 Festival de Cannes a mellor filme "Un certain regard e gañadora na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Candidata por Marrocos aos Premios Oscar *Selección de AMAL EN RUTA XOVES 26 DE XUÑO 19.00 h Libraría Paz (rúa Peregrina, 29) PRESENTACIÓN DO LIBRO “Insubmisión ambigua”, con Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns *Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

20.30 h
AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA
Teatro Principal
PROXECCIÓN DO CAPÍTULO PRIMEIRO DA SERIE “Mariliendre”
(Javier Ferreiro, España 2025, 40’, VOE)
Coa presenza do creador da serie, Javier Ferreiro, para presentación e coloquio.
*Selección de PREMIOS FEROZ

VENRES 27 DE XUÑO 19.00 h
Teatro Principal
HOMENAXE A MARCOS LÓPEZ
Asociación AVANTE LGBT+ coa “première” do coro “queer” SenD-Coro e número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas

20.30 h
AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA
Teatro Principal
PROXECCIÓN DAS CURTAS:
“Big boys don’t cry” (Arnaud Delmarie, Francia 2025, 25’, VOSE)
“Solo KIM” (Javier Prieto de Paula, Diego Herrero, España 2024, 15’ VOE)
“Three” (Amie Song, Estados Unidos 2023, 20’, VOSE)
*Selección de curtas de FICBUEU

22.00 h
MONDRA en concerto. Praza de España
*Actividade dentro da programación do MULTISPORT TRÍATLON

LUNS 30 DE XUÑO
18.00 h
Librería Seijas (avda. de Vigo, 13)
CLUB DE LECTURA E CREACIÓN “QUEER”. (A partir de 12 anos)
Reserva de praza en seijaslibreria@gmail.com

20.30 h AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA Teatro Principal PROXECCIÓN DO CAPÍTULO PRIMEIRO DA SERIE “Mariliendre” (Javier Ferreiro, España 2025, 40’, VOE) Coa presenza do creador da serie, Javier Ferreiro, para presentación e coloquio. *Selección de PREMIOS FEROZ VENRES 27 DE XUÑO 19.00 h Teatro Principal HOMENAXE A MARCOS LÓPEZ Asociación AVANTE LGBT+ coa “première” do coro “queer” SenD-Coro e número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas 20.30 h AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA Teatro Principal PROXECCIÓN DAS CURTAS: “Big boys don’t cry” (Arnaud Delmarie, Francia 2025, 25’, VOSE) “Solo KIM” (Javier Prieto de Paula, Diego Herrero, España 2024, 15’ VOE) “Three” (Amie Song, Estados Unidos 2023, 20’, VOSE) *Selección de curtas de FICBUEU 22.00 h MONDRA en concerto. Praza de España *Actividade dentro da programación do MULTISPORT TRÍATLON LUNS 30 DE XUÑO 18.00 h Librería Seijas (avda. de Vigo, 13) CLUB DE LECTURA E CREACIÓN “QUEER”. (A partir de 12 anos) Reserva de praza en seijaslibreria@gmail.com

Programación completa do Orgullo PTV+ (3/5 🧵)

13.06.2025 19:12 — 👍 2    🔁 1    💬 1    📌 0
PROGRAMACIÓN CULTURAL
ORGULLO PONTEVEDRA 2025

MARTES 17 DE XUÑO 19.00 h
Teatro principal, 3º andar
A DIVERSIDADE NAS AULAS… MATERIA PENDENTE?
Anabel Gulías, concelleira de Igualdade, Eva Mejuto, Pinto e Maragota, Equipo de Igualdade do IES Valle Inclán
Conduce: Belén López
*Faladoiro organizado polo Diario de Pontevedra


MÉRCORES 18 DE XUÑO 19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugalho
*Actividade organizada por Avante LGBT+ en colaboración con Atardecer Solidario

XOVES 19 DE XUÑO 19.00 h
Libraría Paz (rúa Peregrina, 29)
PRESENTACIÓN DO LIBRO “Vidas e Historias LGBT da Idade Media”, con Carlos Callón
*Actividade organizada por Avante LGBT+

PROGRAMACIÓN CULTURAL ORGULLO PONTEVEDRA 2025 MARTES 17 DE XUÑO 19.00 h Teatro principal, 3º andar A DIVERSIDADE NAS AULAS… MATERIA PENDENTE? Anabel Gulías, concelleira de Igualdade, Eva Mejuto, Pinto e Maragota, Equipo de Igualdade do IES Valle Inclán Conduce: Belén López *Faladoiro organizado polo Diario de Pontevedra MÉRCORES 18 DE XUÑO 19.00 h Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9) REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugalho *Actividade organizada por Avante LGBT+ en colaboración con Atardecer Solidario XOVES 19 DE XUÑO 19.00 h Libraría Paz (rúa Peregrina, 29) PRESENTACIÓN DO LIBRO “Vidas e Historias LGBT da Idade Media”, con Carlos Callón *Actividade organizada por Avante LGBT+

SÁBADO 21 DE XUÑO 12.00 - 20.00 h
Xardíns de Marescot (diante de Belas Artes)
FEIRA MARICA: arte e autoedición LGBTIQA+
*Actividade organizada por Avante LGBT+
en colaboración coa área de Diversidade da UVigo, Galería Tangram e Sedearte

LUNS 23 DE XUÑO 18.00 h
PRESENTACIÓN DA INSTALACIÓN “ORGULLO PTV+” no balcón da casa consistorial

20.30 h
AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA
Teatro Principal
ACTO DE PRESENTACIÓN de AMBIENTA con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra.
PROXECCIÓN DE “DELIRIO SKECHS”, webserie galega de humor surrealista.
Presentación delirante a cargo de Mercedes Pezón (Javier Sánchez “Meiga-i”), High Paw, Tamy (Laura Merchán), Psicóloga Susana (Cata Ukelele) e posterior coloquio coa directora.
DELIRIO SKECHS, un proxecto audiovisual dirixido por Bea Saiáns e producida por
CRU & Cimbalino Filmes (Galicia 2025, 15’, VOG)
*Selección de AVANTE LGBT+ PONTEVEDRA

MARTES 24 DE XUÑO 19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: A PEGADA LÉSBICA NOS DEPORTES DE CONTACTO:
Fútbol gaélico e Rugby con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

SÁBADO 21 DE XUÑO 12.00 - 20.00 h Xardíns de Marescot (diante de Belas Artes) FEIRA MARICA: arte e autoedición LGBTIQA+ *Actividade organizada por Avante LGBT+ en colaboración coa área de Diversidade da UVigo, Galería Tangram e Sedearte LUNS 23 DE XUÑO 18.00 h PRESENTACIÓN DA INSTALACIÓN “ORGULLO PTV+” no balcón da casa consistorial 20.30 h AMBIENTA, MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA LGBTIQA+ DE PONTEVEDRA Teatro Principal ACTO DE PRESENTACIÓN de AMBIENTA con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra. PROXECCIÓN DE “DELIRIO SKECHS”, webserie galega de humor surrealista. Presentación delirante a cargo de Mercedes Pezón (Javier Sánchez “Meiga-i”), High Paw, Tamy (Laura Merchán), Psicóloga Susana (Cata Ukelele) e posterior coloquio coa directora. DELIRIO SKECHS, un proxecto audiovisual dirixido por Bea Saiáns e producida por CRU & Cimbalino Filmes (Galicia 2025, 15’, VOG) *Selección de AVANTE LGBT+ PONTEVEDRA MARTES 24 DE XUÑO 19.00 h Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9) FALADOIRO: A PEGADA LÉSBICA NOS DEPORTES DE CONTACTO: Fútbol gaélico e Rugby con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales *Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra

Programación completa do Orgullo PTV+ (2/5 🧵)

13.06.2025 19:12 — 👍 2    🔁 1    💬 1    📌 0

@avantelgbtponte is following 20 prominent accounts