Avante LGBT+ Lugo's Avatar

Avante LGBT+ Lugo

@avantelgbtlugo.bsky.social

Organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega. Somos @avantelgbt na comarca de Lugo 📢🌈✊ 📩: avantelgbtlugo@gmail.com 📍Lugo, Galiza

30 Followers  |  13 Following  |  35 Posts  |  Joined: 13.02.2025  |  1.7399

Latest posts by avantelgbtlugo.bsky.social on Bluesky

Post image

Volven as Noites de Xogos!!
Estaremos o martes 18 de novembro a partires das 20h00 no CSA Vagalume (Rúa das Nóreas 18) 🪲
Traede os vosos xogos favoritos e vide pasar unhas horiñas entretidas connosco! ✊🏼🫂
Trataremos de reunirnos mensualmente para pasar un anaquiño de tempo divertido.
Esperámosvos! 🎲♟️

03.11.2025 08:09 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 1
Post image

Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro martes 28 de outubro ás 20h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Vagalume, na Rúa das Nóreas n°5.
Posteriormente celebrarase no CSA a noite poética mensual. Animádevos a asistir tamén.
Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

27.10.2025 11:46 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 1
Post image

Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro xoves 25 de setembro ás 18h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares n°18.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

21.09.2025 19:29 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Xa chega a II Escola de Verán! Os días 30 e 31 de agosto vémonos no CS A Desviada en Vigo nas xornadas de formación organizadas por Avante LGBT+.
Inscríbete no enlace!
forms.gle/J67kVwu8yA2A...

26.08.2025 11:30 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro martes 15 de xullo ás 20h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Vagalume, na Rúa das Nóreas n°5.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

14.07.2025 06:42 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0

*** De seguido teremos unha Foliada no CSA Mádia Leva, empezando aproximada ás 13h00, na Rúa Serra dos Ancares, 18.

22.06.2025 21:02 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Atención todes! 📣🔔
Compartimos a información sobre a programación para o sábado 28 de xuño, día do Orgullo LGBT+ 2025 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
Este ano, coma sempre, comezaremos dende a Praza Horta do Seminario (ás 12h00) a manifestación, que rematará na Praza de San Marcos.
O orgullo facémolo xuntas! Esperámosvos 🙌🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

22.06.2025 21:02 — 👍 4    🔁 3    💬 1    📌 0
Post image

O venres 27 de xuño a partir das 18h00 estaremos levando a cabo a segunda xornada de traballo de cara o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares nº 18.
Sigamos construíndo entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

22.06.2025 21:01 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Este xoves 19 de xuño a partir das 18h00 estaremos levando a cabo unha xornada de traballo de cara o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares nº 18.
Construamos entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

16.06.2025 12:07 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Mañá ás 18.00

11.06.2025 13:44 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

O vindeiro mércores 11 de xuño ás 19h00 terá lugar a segunda asemblea aberta para falar sobre o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA A Hedreira, na Rúa Catasol nº 17.
Construamos entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

08.06.2025 09:39 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

O vindeiro mércores 28 de maio ás 19h30 no CSA A Hedreira (Rúa Catasol, 17) teremos a presentación dos comics “Chico!” xunto co autor da obra, Pablo Carreiro.

Esperámosvos! 🙌🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

23.05.2025 14:33 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

O vindeiro xoves 22 de maio ás 19h00 terá lugar unha asemblea aberta para falar sobre o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA A Hedreira, na Rúa Catasol nº 17.
Construamos entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

18.05.2025 16:50 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
17 DE MAIO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGBTIFOBIA

17 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGBTIFOBIA

Hoxe celébrase o día internacional contra a LGBTIfobia, nun momento no que o seu impacto é máis visible ca nunca. No último ano vimos como o odio cara o colectivo se usou como motor da dereita para impulsar o seu discurso.

En EE. UU. foi parte fundamental da campaña de Trump, e en Francia e Reino Unido tamén tivo un papel protagonista nas campañas electorais. Neste último vimos como o partido Laborista, supostamente de centro esquerda, adoptou a transfobia no seu discurso e o Tribunal Supremo emitiu unha sentencia transfóbica histórica.

Hoxe celébrase o día internacional contra a LGBTIfobia, nun momento no que o seu impacto é máis visible ca nunca. No último ano vimos como o odio cara o colectivo se usou como motor da dereita para impulsar o seu discurso. En EE. UU. foi parte fundamental da campaña de Trump, e en Francia e Reino Unido tamén tivo un papel protagonista nas campañas electorais. Neste último vimos como o partido Laborista, supostamente de centro esquerda, adoptou a transfobia no seu discurso e o Tribunal Supremo emitiu unha sentencia transfóbica histórica.

E en España tamén temos exemplos de sobra de como o odio gaña forza. O PSOE borrando a Q e o + e a Comunidade Valenciana querendo eliminar a súa lei trans son só dous exemplos recentes.

Constantemente estamos vendo como os dereitos que conquistamos se nos poden arrebatar nun instante cando é beneficioso á hora de conseguir apoio de certos elementos, e non poucas veces o odio vén das mesmas institucións que usan ó colectivo como ferramenta para ofrecer unha imaxe progresista e amable.

E en España tamén temos exemplos de sobra de como o odio gaña forza. O PSOE borrando a Q e o + e a Comunidade Valenciana querendo eliminar a súa lei trans son só dous exemplos recentes. Constantemente estamos vendo como os dereitos que conquistamos se nos poden arrebatar nun instante cando é beneficioso á hora de conseguir apoio de certos elementos, e non poucas veces o odio vén das mesmas institucións que usan ó colectivo como ferramenta para ofrecer unha imaxe progresista e amable.

O maior exemplo disto último o temos no estado xenocida de Israel, que combina ao mesmo tempo políticas LGBTIfóbicas con pinkwashing; e no seu fiel altofalante para o lavado de cara, o festival de Eurovisión, no que este ano se prohibiu o uso de bandeiras LGBT+ a pesar de venderse como un bastión cultural da comunidade.

Temos que loitar contra a LGBTIfobia, tanto a gran escala como a pequena. Tódolos actos de loita contan. Por iso, como primeiro paso, hoxe pedimos o boicot contra o festival de Eurovisión, no que a LGBTIfobia e o apoio ao xenocidio se dan a man.

O maior exemplo disto último o temos no estado xenocida de Israel, que combina ao mesmo tempo políticas LGBTIfóbicas con pinkwashing; e no seu fiel altofalante para o lavado de cara, o festival de Eurovisión, no que este ano se prohibiu o uso de bandeiras LGBT+ a pesar de venderse como un bastión cultural da comunidade. Temos que loitar contra a LGBTIfobia, tanto a gran escala como a pequena. Tódolos actos de loita contan. Por iso, como primeiro paso, hoxe pedimos o boicot contra o festival de Eurovisión, no que a LGBTIfobia e o apoio ao xenocidio se dan a man.

17 de maio: día internacional contra a LGBTIfobia

Hoxe celébrase o día internacional contra a LGBTIfobia, nun momento no que o seu impacto é máis visible ca nunca. No último ano vimos como o odio cara o colectivo se usou como motor da dereita para impulsar o seu discurso.

17.05.2025 13:35 — 👍 11    🔁 7    💬 0    📌 0

O vindeiro martes 23 de abril ás 21:00h teremos unha asemblea aberta no C.S. Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares n°18. Nela xestionaremos as actividades que imos levar a cabo este e os seguintes meses e falaremos sobre o comezo da organización do Orgullo LGBT+ deste ano.

Esperámosvos! ✊🏳️‍🌈

13.05.2025 10:09 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Achégate a compartir ideas sobre o Orgullo LGTB+ 2025 en Lugo!

13.05.2025 10:09 — 👍 1    🔁 1    💬 1    📌 0

Comenzaremos coas proxeccións dos musicais “Hedwig and the Angry Inch” e “Emo the Musical”. Dende as 21h30 teremos un bingo musical e remataremos a xornada cunha cea vegana colaborativa. Convidámosvos a traer algo para compartir! 💜

Continuemos enfrontando este xenocidio.
Esperámosvos! ✊🇵🇸🏳️‍🌈🏳‍⚧

12.05.2025 11:26 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Este sábado 17 de maio: Eurovision’t. Acompañádenos neste Boicot a Eurovisión a partir das 17h00 no C.S. A Hedreira, na Rúa Catasol n°17.

12.05.2025 11:26 — 👍 11    🔁 4    💬 1    📌 0
Post image Post image

**Ademais, antes terá lugar a celebración do III Aniversario do CSA A Hedreira (Rúa Catasol, 17).

28.04.2025 21:04 — 👍 2    🔁 3    💬 0    📌 0
Video thumbnail

Festa Cuir! Este sábado 3 de maio a partires das 23h30 esperámosvos no CSA Vagalume, na Rúa das Nóreas, 18.
Haberá música diversa, brebaxes varios, xogos e sorteos.
Vide a pasar unha noite divertida connosco. Esperámosvos 🎉🏳️‍🌈🪅🏳️‍⚧️

28.04.2025 21:04 — 👍 4    🔁 3    💬 1    📌 0
Post image Post image

**Ademais, antes terá lugar a celebración do III Aniversario do CSA A Hedreira (Rúa Catasol, 17).

28.04.2025 21:01 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

Festa Cuir! Este sábado 3 de maio a partires das 23h30 esperámosvos no CSA Vagalume, na Rúa das Nóreas, 18.
Haberá música diversa, brebaxes varios, xogos e sorteos.
Vide a pasar unha noite divertida connosco. Esperámosvos 🎉🏳️‍🌈🪅🏳️‍⚧️

28.04.2025 21:01 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
26 de abril, día da Visibilidade Lésbica. Avante LGBT+. Foto de Elisa e Marcela.

26 de abril, día da Visibilidade Lésbica. Avante LGBT+. Foto de Elisa e Marcela.

Día da Visibilidade Lésbica 📢🏳️‍🌈

O 26 de abril é un día para visibilizar e lembrar a necesaria representación das lesbianas dentro do colectivo LGBT+, de loitar pola dobre violencia que sofren, tanto polo seu xénero como pola súa orientación sexual. 

Esta falta de visibilidade é a que dificulta en moitos casos o recoñecemento dos seus dereitos, como a correcta atención médica ou o acceso á educación sexual. 

Este xuño lembremos que non é o Orgullo Gai, que o Orgullo é para todas, e que aínda queda moito camiño por percorrer.

Día da Visibilidade Lésbica 📢🏳️‍🌈 O 26 de abril é un día para visibilizar e lembrar a necesaria representación das lesbianas dentro do colectivo LGBT+, de loitar pola dobre violencia que sofren, tanto polo seu xénero como pola súa orientación sexual. Esta falta de visibilidade é a que dificulta en moitos casos o recoñecemento dos seus dereitos, como a correcta atención médica ou o acceso á educación sexual. Este xuño lembremos que non é o Orgullo Gai, que o Orgullo é para todas, e que aínda queda moito camiño por percorrer.

Día da Visibilidade Lésbica 📢🏳️‍🌈

26.04.2025 08:54 — 👍 9    🔁 7    💬 0    📌 0
Post image

Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro mércores 23 de abril ás 20h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. A Hedreira, na Rúa Catasol n°17.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

19.04.2025 13:52 — 👍 4    🔁 4    💬 0    📌 0
Post image

🔊🔊🔊O próximo sábado 12 de abril a partires das 18h00 tedes unha cita coa nosa segunda foliada aberta no Mádia Leva (Rúa Serra dos Ancares 18).
Esperámosvos! 🎶✨

04.04.2025 13:17 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
31/03 Día Internacional da Visibilidade Trans. Cores da bandeira trans. Logo Avante LGBT+

31/03 Día Internacional da Visibilidade Trans. Cores da bandeira trans. Logo Avante LGBT+

Hoxe é un día para lembrar que a visibilidade é só o primeiro paso. Ser visibles é importante para combater a desinformación e os prexuízos, pero non chega se non vai acompañada de cambios reais. Sen políticas efectivas en saúde, educación e emprego, a discriminación estrutural segue presente.

E se na cidade xa hai barreiras, no rural as dificultades multiplícanse. Moitas persoas trans e non binarias en zonas rurais enfróntanse a unha dobre loita: a da falta de acceso a servizos específicos e a do illamento social. A atención sanitaria especializada obriga a desprazamentos interminables, os recursos son escasos e a presión social para encaixar nun rol normativo pode ser asfixiante.

Pero tamén no rural hai resistencia e comunidade. A diversidade non é só unha realidade urbana. A Galiza non será verdadeiramente diversa ata que o sexa en todas partes! 

É urxente garantir que as políticas de igualdade e os servizos de atención á diversidade de xénero cheguen tamén ao rural, sen discriminación por código postal.

Hoxe é un día para lembrar que a visibilidade é só o primeiro paso. Ser visibles é importante para combater a desinformación e os prexuízos, pero non chega se non vai acompañada de cambios reais. Sen políticas efectivas en saúde, educación e emprego, a discriminación estrutural segue presente. E se na cidade xa hai barreiras, no rural as dificultades multiplícanse. Moitas persoas trans e non binarias en zonas rurais enfróntanse a unha dobre loita: a da falta de acceso a servizos específicos e a do illamento social. A atención sanitaria especializada obriga a desprazamentos interminables, os recursos son escasos e a presión social para encaixar nun rol normativo pode ser asfixiante. Pero tamén no rural hai resistencia e comunidade. A diversidade non é só unha realidade urbana. A Galiza non será verdadeiramente diversa ata que o sexa en todas partes! É urxente garantir que as políticas de igualdade e os servizos de atención á diversidade de xénero cheguen tamén ao rural, sen discriminación por código postal.

🔹 A atención sanitaria segue sendo un labirinto de esperas e trabas burocráticas, cunha falta alarmante de profesionais formados na realidade trans e cun sistema que obriga á derivación masiva á unidade de xénero, dificultando o acceso a tratamentos esenciais.

🔹 O sistema educativo segue fallando á infancia e á mocidade trans, cun protocolo obsoleto na Galiza e moitos centros sen medidas efectivas contra o acoso escolar. As crianzas e adolescentes trans seguen atopando máis obstáculos que apoios na súa etapa educativa.

🔹 O ámbito laboral continúa sendo un espazo de exclusión, con taxas de desemprego altísimas entre as persoas trans, especialmente entre as mulleres trans. A discriminación nas entrevistas de traballo ou no ambiente laboral segue sendo unha realidade cotiá.

🔹 O discurso de odio aumenta nos medios de comunicación e na política, mentres colectivos reaccionarios tentan borrar dereitos xa conquistados e sementan medo con falsidades sobre as persoas trans.

🔹 A atención sanitaria segue sendo un labirinto de esperas e trabas burocráticas, cunha falta alarmante de profesionais formados na realidade trans e cun sistema que obriga á derivación masiva á unidade de xénero, dificultando o acceso a tratamentos esenciais. 🔹 O sistema educativo segue fallando á infancia e á mocidade trans, cun protocolo obsoleto na Galiza e moitos centros sen medidas efectivas contra o acoso escolar. As crianzas e adolescentes trans seguen atopando máis obstáculos que apoios na súa etapa educativa. 🔹 O ámbito laboral continúa sendo un espazo de exclusión, con taxas de desemprego altísimas entre as persoas trans, especialmente entre as mulleres trans. A discriminación nas entrevistas de traballo ou no ambiente laboral segue sendo unha realidade cotiá. 🔹 O discurso de odio aumenta nos medios de comunicación e na política, mentres colectivos reaccionarios tentan borrar dereitos xa conquistados e sementan medo con falsidades sobre as persoas trans.

Non fai falta ser activista para apoiar os dereitos trans. No día a día, podemos facer moito:

     Usa os nomes e pronomes correctos das persoas trans, sen excepcións nin escusas.
     Denuncia comentarios e actitudes transfóbicas.
O silencio tamén é cómplice.
     Infórmate e combate a desinformación, non compartas bulos e apoia fontes fiables sobre identidade de xénero.
     Esixe políticas públicas que garantan dereitos reais, que a nosa visibilidade non quede en mera representación sen cambios estruturais.
     Escoita ás persoas trans, en vez de falar por elas. Pregúntalles que necesitan e como podes axudar. 

Reclamamos unha vida digna, sen medo e con dereitos reais. Sempre estivemos aquí e aquí seguimos, esixindo xustiza e igualdade. 

Os nosos dereitos,
non son negociables!

Non fai falta ser activista para apoiar os dereitos trans. No día a día, podemos facer moito: Usa os nomes e pronomes correctos das persoas trans, sen excepcións nin escusas. Denuncia comentarios e actitudes transfóbicas. O silencio tamén é cómplice. Infórmate e combate a desinformación, non compartas bulos e apoia fontes fiables sobre identidade de xénero. Esixe políticas públicas que garantan dereitos reais, que a nosa visibilidade non quede en mera representación sen cambios estruturais. Escoita ás persoas trans, en vez de falar por elas. Pregúntalles que necesitan e como podes axudar. Reclamamos unha vida digna, sen medo e con dereitos reais. Sempre estivemos aquí e aquí seguimos, esixindo xustiza e igualdade. Os nosos dereitos, non son negociables!

Día Mundial da Visibilidade Trans 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Reclamamos unha vida digna, sen medo e con dereitos reais. Sempre estivemos aquí e aquí seguimos, esixindo xustiza e igualdade.

Os nosos dereitos non son negociables!

31.03.2025 08:47 — 👍 9    🔁 6    💬 0    📌 0
Post image

Cambio de ubicación de última hora!

Finalmente a asemblea de hoxe venres 28 de marzo ás 19h30 terá lugar no C.S. Madia Leva, na Rúa dos Ancares n°18.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

28.03.2025 12:05 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro venres 28 de marzo ás 19h30 teremos unha asemblea aberta no C.S. A Hedreira, na Rúa Catasol n°17.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

26.03.2025 08:47 — 👍 2    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
Liderados Xuvenís Transformadores Levamos un tempo á procura de Liderados Xuvenís Transformadores, indagando sobre experiencias de activismo promovidas pola mocidade galega. Xunto co…

Deixámosvos aquí a publicación realizada pola ONG Solidariedade Internacional de Galicia. Nela fálase do proxecto LIDERADOS XUVENÍS TRANSFORMADORES, no que tivemos o pracer de colaborar o pasado venres 8 de novembro.
Podedes vela na seguinte ligazón: solidaridadgalicia.org/liderados-xu...

07.03.2025 19:36 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Carmen PG Granxeiro’s Videos on Vimeo Join the web’s most supportive community of creators and get high-quality tools for hosting, sharing, and streaming videos in gorgeous HD with no ads.

Tamén queremos lembrar que a anteiror traballo da autora “Alex and Munchie” xa está dispoñible para ver de balde: vimeo.com/granxeiro/vi...

07.03.2025 19:09 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

@avantelgbtlugo is following 13 prominent accounts