Arearea's Avatar

Arearea

@areactive.bsky.social

eu so vin a dar a turra (ela/elu) morracense outros sitios nos que atoparme: https://linktr.ee/areactive

50 Followers  |  46 Following  |  260 Posts  |  Joined: 21.10.2024  |  1.919

Latest posts by areactive.bsky.social on Bluesky

Non hai naide que fale de "journaling" en galego?

Gústame ver vídeos e contidos do tema pero estou cansa de ver todo en inglés ou coreano.😅

13.10.2025 11:16 — 👍 1    🔁 1    💬 2    📌 0

non coñezo pero comparto a ver se hai sorte e atopades a alguén! 🫶🏻

14.10.2025 10:36 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Converterse en Rapunzel Ou a historia dun diagnóstico e unha rapaza que non o quería.

o saquei un pouco sen dicir nada por ningunha rede social (as malas linguas e todo iso........) pero aquí vai un pequeno ensaio sobre vivir cunha enfermidade crónica ❤️‍🩹 open.substack.com/pub/tedement...

09.10.2025 09:55 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

efectivamente agora o meu cerebro está intentando meter unha nova palabra comodín e agora non é xa que todo me pareza interesante, é que todo me resulta curioso

09.10.2025 09:47 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

levo meses nunha batalla persoal contra a palabra "interesante" (contra o meu uso, non o doutra xente) porque me din conta de que a estaba a usar como palabra comodín, que con ela evitaba ser máis descriptiva ou realmente pensar en como algo me impactaba ou me facía sentir

09.10.2025 09:46 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

O Ente sionista tortura á activista sueca Greta Thumberg.

04.10.2025 18:27 — 👍 8    🔁 4    💬 0    📌 0

non vou poder ir á manifa de mañá en santiago por problemiñas de saúde pero desexando ver todas as fotos e vídeos que publicaredes porque estou 100% segure de que vai ser unha auténtica LOUCURA

04.10.2025 09:30 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

✊ Domingo 5 de outubro, 12h, Alameda de Compostela: manifestación contra o xenocidio do pobo palestino. 

Solidariedade galega con Palestina! 🇵🇸

Participa nunha mobilización que será histórica. Consulta o horario de autobuses! 

#GalizaConPalestina #PalestinaLibre

03.10.2025 08:43 — 👍 2    🔁 5    💬 0    📌 0
Post image

fixen unha camiseta do pece nicolao

26.09.2025 12:06 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

alguén aquí xoga ao raddle?
SOPHOMORE → SLUMP [90%]
Raddle #212 • Sep 24, 2025
raddle.quest/212

🟢🟢💡🟢🟢🟢💡🟢🟢🟢🟢🟢

24.09.2025 10:53 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

e se me tatúo ao pece nicolao

23.09.2025 20:41 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0

levo meses pensando isto, as profes de inglés estaban tan basadas jsjsjsjs

22.09.2025 21:09 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Xente! Unha colega anda a facer un estudo sobre como vivimos a idade e a soidade nesta nosa sociedade.

Se sodes menores de 60 anos: forms.office.com/e/HDNM8HhF5H

Se sodes maiores de 60 anos: forms.office.com/e/3cKFtYCwp4

Compartide!

21.09.2025 18:17 — 👍 2    🔁 6    💬 2    📌 0

Máis que recoñecer o estado de Palestina, habería que deixar de recoñecer o estado de Israel.

21.09.2025 14:27 — 👍 45    🔁 16    💬 2    📌 0
Preview
Novo revés para Altri: o Goberno estatal negaralle o enganche á rede eléctrica O Executivo español rexeita a subestación e o permiso de conexión que a pasteira precisa para desenvolver a súa actividade, tras tombar tamén as axudas do PERTE e os 250 millóns extra solicitados.

‼️ Novo revés para Altri: o Goberno estatal negaralle o enganche á rede eléctrica

22.09.2025 07:47 — 👍 36    🔁 25    💬 1    📌 4

como de cedo é demasiado cedo pra empezar a mandar memes temáticos das cousas que damos en clase no grupo de WhatsApp do meu máster

17.09.2025 22:21 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

conclusións que saquei da miña clase de patrimonio cultural de hoxe: que ninguén lle ensine a Abel Caballero o Plan de Reforma Interna e Extensión de Vigo de Antonio Palacios do 1932

17.09.2025 20:40 — 👍 4    🔁 1    💬 0    📌 0

e non me veñades a dicir que o "illo" non se usa en Galiza, se non o usades poñedes o "meu" ou o que usedes (o "bro" incluso)! xa sabemos que polo xeral a xente en Galiza non vai decir "illo", pero existe a xente emigrada e tamén quere saber canto sabemos da procedencia de cada termo etc <3

17.09.2025 20:11 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
¿Cómo le dices...? La encuesta no durará más de 5 minutos

xente, se podedes encher esta enquisa pra o TFM da miña prima axudaríades un montón, que precisa de xente en Galiza que a complete <3 docs.google.com/forms/d/e/1F...

17.09.2025 20:11 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0

levo ANOS jodida coa mesma merda porque non podo acceder a case nada porque o estado español non quere recoñecer os meus títulos!!! estou farta quero acabar co papeleo dunha vez. fin do rant

14.09.2025 13:20 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

se tedes irmáns/primos/colegas novos pensando en ir a estudar ao estranxeiro, dicídelles que non o fagan salvo que teñan absolutamente claro que non querer volver a españa, ou salvo que teñan unha paciencia infinita pra tratar coa burocracia

14.09.2025 13:19 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

todo isto de rebote porque quería presentarme a unha beca pra o meu (biblioteconomía) e non podo porque teño que homologar o meu título universitario dos EUA, porque co máster non lles vale, así que levo toda a mañá vendo como carallo facer pra conseguir a apostilla............

14.09.2025 13:17 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

se a burocracia española ten 100 haters, eu son unha deles. se a burocracia española só ten un hater, son eu. se a burocracia española non ten haters, é porque estou morta

14.09.2025 13:16 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0

fun a comprobar como ía a miña homologación do meu máster en Bélxica e o meu expediente desapareceu por completo do portal? non coñezo un día de paz por culpa da burocracia española de verdade

14.09.2025 13:15 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

ultimamente non hai nada que me guste máis que traballar nos Letterloops que teño cos meus amigos

13.09.2025 13:09 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

a putada infinita de só ter un kindle (levo con el dende os 13 anos podedes quitarmo das miñas mans frías e mortas) e que me de polo cu masivamente mercar outro ebook cando este todavía me funciona perfectamente e piratear cousas é tan doado

04.09.2025 13:35 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

quero pillor o novo de rf kuang pa o kindle, pero non quero darlle cartos a amazon, pensando piratealo e buscar se a autora ten un ko-fi (obviamente non (acabarei mercándoo en físico (pero joder encántame o cómodo que é ler en dixital)))

04.09.2025 13:35 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0

mandándolle solicitude de amizade a xente random no pokemon tcgp pra ver se dunha vez atopo xente coa que facer intercambios que xa teñan lista de desexos

03.09.2025 21:52 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Se podes dicir Chandrexa de Queixa, tamén podes dicir Shakira.

23.08.2025 19:18 — 👍 43    🔁 11    💬 1    📌 1
Post image Post image Post image Post image

Imaxes das concentracións deste xoves 21 en todo o país por un monte galego con futuro. Milleiros de persoas!

🔥LUMES NUNCA MÁIS!

💚Obrigadas a todas!
A Coruña, Allariz, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lalín, Lugo, Melide, Monforte, Monterroso, O Porriño, Ourense, Pontevedra, Vigo...

22.08.2025 11:11 — 👍 4    🔁 1    💬 1    📌 0

@areactive is following 19 prominent accounts