✊🏽
Ás veces calidade humana e calidade literaria non van da man. E que obras de arte La ciudad y los perros, La guerra del fin del mundo...
ALTRI NON!
II Intercâmbio de língua portuguesa entre o IES A Cachada de Boiro e o Frei Bartolomeu dos Mártires de Viana do Castelo 💚🇵🇹
E da perda de sustentos emocionais e da comercialización dos afectos, o aumento de problemas de saúde mental, o mal do noso tempo...
Enquanto o PP continua a não desenvolver as medidas da Lei Paz Andrade, o professorado devemos pór o máximo nas nossas aulas para que o alunado consiga ver a nossa língua no universo em que lhe corresponde…
1. Delphine de Vigan é sempre un acerto. E esta novela é brutal.
Partindo da autoficción, a autora reconstrúe a vida da súa nai desde a infancia, para tentar entender os problemas de saúde mental que a levaron ao suicidio, e a toda unha vida marcada polo trauma.
Superrecomendable!
Velaí a distribución de axudas a medios de comunicación por parte do Goberno Galego. Nin #Nós diario nin a revista #Luzes nin #Tempos Novos nin #Praza, entre outros medios en galego, aparecen nesta relación. Así remata o ano do pacto pola lingua?
www.xunta.gal/dog/Publicad...
2. Este ano cadráronme varios libros sobre a relación nai/fillx moi ben trazadas, desde os traumas infantís xerados na familia e que permanecen, á chegada dos coidados, as doenzas mentais, e a morte.
Este desde a perspectiva da/o filla/o. Un discurso desgarrado, e tenro ao mesmo tempo.
TOP3 de lecturas do 2024.
3.Lectura recomendada no curso de Psicanálise que fago na USC. Unha obra con moita repercusión en Francia, porque aborda os límites do consentimento nas relacións afectivas en que hai moita diferenza de idade/poder. Cóntao a vítima, anos despois, como parte da súa terapia.
Visto por aí en relación á polémica con MUFACE.
Para quen non o saiba, actualmente todo o profesorado pagamos uns 50€ mensuais desta mútua obrigatoriamente, mesmo escollendo a seguridade social, para que outrxs poidan estar na privada.
Quen queira sanidade privada, que a pague!
"Existe unha disonancia patente entre os obxectivos da lei e as fórmulas aplicadas para logralos. O cambio no modelo educativo é imprescindíbel para conseguilos"
O primeiro e máis urxente, inmersión lingüística desde o ensino infantil por todo o país. Xa non é problema de que non se use, é problema de que -para moitas/os- non se ten nin a competencia para o usar.
Exemplos: anoxarse "en baluto"; sentar "coma escote"; "a luzada" de pánico; importar "unha guincha"; por máis que "gurro"; etc etc. e todo tipo de conectores xa moi infrecuentes na lite galega contemporánea: endexamais, secasí, etc…
É obvio que está xenial termos estas obras en galego. Pero eu lendo esta autora en castelán sentina máis próxima. E son galego-falante e licenciado en Filoloxía Galega. Isto non pode pasar…
Hoxe acabei un novo libro dunha das miñas escritoras actuais de referencia. Lin a tradución ao galego de Hugin e Munin, e non gostei.
É unha novela do 2019, dunha escritora nova. Na tradución debe chegarnos iso. E parece unha obra do Grupo Nós, con demasiadas expresións arcaicas…
Mujica recebeu ontem a maior condecoração do Brasil, a medalha da Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul.
Referentes.
Vai esta serie de vídeos curtos sobre o Reino de Galiza, co bo facer do Marcos Paíno e a iniciativa de Cultura da Deputación da Coruña.
1° capítulo. Un milenio e medio de Reino de Galiza resumido en apenas 2'
É sempre un pracer ler Olga Novo, en calquera das súas facetas. Sempre poética e intelixente.
Indispensábel traballar isto nas aulas. Primeiro porque está no curriculum. Segundo porque é a nosa obriga formar cidadáns críticos.
Nós en 4º da ESO estamos agora. Hai moito material, para quen non tiver, pode comezar pola Guía para a Alfabetización Mediática, da Digital Future Society.
Hoxe acabei este libro da moldava Tatiana Țîbuleac. Hai un par de meses Nada se opone a la noche, de D. de Vigan. Dúas nais pouco exemplares. Dúas mortes que se constrúen no tempo. Dúas formas de axir ante ela.
A maternidade. A saúde mental. Dous dos grandes temas da literatura do noso tempo?
Levaba desde o 2015 sen ter algo parecido ao twitter. Quero pasar pouco tempo nas redes, e moito paseando, na horta e nos libros. Pero imos probar, a ver que sae de aquí.