Hoxe no traballo cagueina porque mandei a un técnico ao Concello de Cerdedo e o choio era no Concello de Cotobade.
19.11.2025 20:26 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0@hantyah.bsky.social
Defensora do feo.
Hoxe no traballo cagueina porque mandei a un técnico ao Concello de Cerdedo e o choio era no Concello de Cotobade.
19.11.2025 20:26 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Remito no título a esta gran obra da enxenería sita en Rodeiro -que non en Lalín- á que apenas lle quedan pleitos á vista, pero na que aínda se erixen con honra as tuberías de PVC que outrora suplían de auga e poder a este veciño de Pedroso: guerraenlauniversidad.blogspot.com/2020/03/la-g...
19.11.2025 20:17 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Como se constrúe un Monumento a las Aguas Ganadas:
19.11.2025 20:06 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0A Portrait Of A Dog Exposing Its Belly And Adopting An Excited Posture As A Strategic Act Of Conditioning Its Human. Acrylic on linen, 2024 by Younguk Yi www.instagram.com/yiyounguk/
18.11.2025 17:31 — 👍 44 🔁 8 💬 1 📌 5O Kevin agora é un gato da casa.
12.11.2025 22:14 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0E este acabeino hoxe e por iso fago isto. Deume un pouco igual. Non sei se é porque o lin en galego e as escollas da tradución parecéronme forzadas pero resultoume algo mediocre. O que máis me interesou foi o elenco e a psicoloxía das personaxes pero chega tarde e sabe a pouco.
12.11.2025 20:27 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0A este entrei con prexuízos porque non fun quen de conectar coa Vexetariana pero ao final convertiuse no libro que máis me gustou en moito tempo. Sabe evocar de forma precisa coa ansiedade existencial e a se adoitas sentirte así e che mola a filosofía da linguaxe vas opinar o mesmo ca min ❤️🩹
12.11.2025 20:19 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0Logo creo que foi este, que en liñas xerais gustoume bastante porque o autor escribe moi ben. É tamén un pouco cursi pero é que eu devezo polos cantos á vida e os impasse da xunventude.
12.11.2025 20:15 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0No vrau lin este, que me puxo algo de mala ostia porque xa non aturo a literatura sobre mulleres misteriosas e deprimidas pero requetefantásticas e menos se están obsesionadas coas plantas. Pero case choro nalgún momento porque sabe poñerlle moi ben as palabras á dor pola morte dun fillo.
12.11.2025 20:11 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Vou facer un fío do que vou lendo que se pra algo está isto é pra baleirar o pensamento, que eu so recordo as cousas que comparto.
12.11.2025 20:07 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Haiche uns atardeceres ben bonitos, iso si :)
04.11.2025 22:16 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Uns paseos destos días, que non foron moitos, pero faise o que se pode 😔
04.11.2025 22:13 — 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0En fin, que ao final para ser algo só fai falta dicir que eres algo. Ou que cho digan e claro, crelo. Eu durmo sobre todas as palabras bonitas que me dixeron algunha vez.
03.11.2025 22:11 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Cando me preguntan que me gusta facer no meu tempo libre paréceme ridículo dicir que facer fotos, porque tampouco é o que me gusta. Porque realmente a fotografía é ir de paseo con alguén e sinalarlle algo que che mola porque é máis difícil que se esqueza se son dous os que recordan.
03.11.2025 22:09 — 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0Así que confeso que tamén me da envexa ver que hai quen ten o meu “concepto” e son recoñecidos artistas ou quen fai do erro o seu espírito.
03.11.2025 22:06 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0É por eso que tamén comecei a facer foto en analóxico porque, xa que non sabes moi ben o que estás a facer, pois polo menos levalo ao límite.
03.11.2025 22:00 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0Hei de confesar que non sei usar unha cámara.
03.11.2025 21:58 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0Ata entón, a túa alma pulula no Purgatorio daqueles sin oficio nin beneficio.
29.10.2025 13:46 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Espiritualmente non marchas de Santiago ata que deixas de recoñecer persoas nos tiktoks do Royal Tandori.
29.10.2025 13:44 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Pensaredes que que rollo cear sempre o mesmo pero pódovos asegurar que para quen lle gusta o pan é unha sorpresa cada día.
Ou non estaría escribindo un relato erótico da media bóla do pan do Tres.
Para min a beleza é cear tódolos días pan con queixo e descubrirlle as enrugas á bóla, rillalo cós dentes seguíndoas e nadar coa lingua na humidade da súa miga.
28.10.2025 19:54 — 👍 3 🔁 0 💬 1 📌 0Recoméndovos volver ao Feisbuc de cando en vez.
27.10.2025 19:31 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0En xeral, eu aspiro a ter tempo libre pra facer a fotosíntese.
21.10.2025 12:34 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0Eu si asocio a boa vida con ter un pouco máis de sol, con poder saír a dar un paseo ou non ter que ver o sol saír e volver dende un cuartucho con ventilación forzada.
21.10.2025 12:32 — 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0Bueno, eu saio ás cinco e media e xa sei que durante varios meses o sol será un dereito de fin de semana. Se non parase a comer, aínda podería botar un café cos últimos raios de sol. E ao final pasas no traballo mínimo 9 horas. Sen dietas nin ostias….
21.10.2025 05:16 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Puf, eu creo que prefiro comer un sanwich ás presas que non ver a luz do sol no inverno….
20.10.2025 19:05 — 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0A movida esta dos 🥵cables no Xapón🥵 vs 😡os cables en Galicia” pero agora coas construccións a ladrillo visto en Medellín.
17.10.2025 15:42 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Resulta que agora a xente vai de viaxe de noivos a Colombia e botan fotos nun barrio chungo de Medellín e eu só podo pensar no poboado xitano que se ve dende a autovía no polígono de Pocomaco.
17.10.2025 15:37 — 👍 2 🔁 1 💬 1 📌 0E que solpor máis bonito estes días. O fin do día é un breve instante de ledicia. Que cor a do outono, pouco eucalipto se queima. Están as castañas a esperar pola cociña de leña.
13.10.2025 20:59 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0O Fantasma, que como xa cae o inverno volve pola casa.
13.10.2025 20:47 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0