Campus Industrial de Ferrol's Avatar

Campus Industrial de Ferrol

@ciferrol.bsky.social

O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde. www.campusindustrial.udc.es

68 Followers  |  48 Following  |  456 Posts  |  Joined: 31.01.2025  |  1.9962

Latest posts by ciferrol.bsky.social on Bluesky


Post image

#CIFaoDía Primeira conferencia conxunta da Cátedra Jorge Juan e da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos @udc.gal #Armada @navantia-oficial.bsky.social
📅 Mércores 4/MARZO 🕡 Ás 19:00 horas
📍 Sala Carlos III - Edificio Herrerías - Fundación Exponav

26.02.2026 10:28 — 👍 1    🔁 2    💬 0    📌 0

#CIFaoDía (2/2) O investigador do Campus Industrial de Ferrol José Miguel Mahía, membro do Grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN), avalía os combustibles alternativos máis prometedores: o metano, o metanol, o amoníaco e o hidróxeno @udc.gal

26.02.2026 09:54 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía (1/2) O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) desenvolve un programa de doutoramento industrial, en colaboración con #CTIngenieros, centrado nos desafíos ambientais e operativos da transición enerxética no transporte marítimo @udc.gal

26.02.2026 09:54 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

📢A UDC lanza Empréga-T, un programa dirixido tanto ao estudantado da UDC como ás persoas recentemente tituladas que desexen mellorar o seu perfil profesional.

A formación, que arranca o 4 de marzo, impartirase no Campus da Coruña e no @ciferrol.bsky.social. 

🔗Máis info: https://bit.ly/Emprégat26

25.02.2026 11:16 — 👍 1    🔁 2    💬 0    📌 0
Post image

✨A UDC, líder da 1ª fase da campaña de doazón de sangue nas universiddes galegas, con 62 doazóns por cada 1000 alumnos.

O @ciferrol.bsky.social acadou ademais a taxa máis elevada, con 77 doazóns por cada 1000.

🫂Moitas grazas a todas as persoas da #ComunidadeUDC que participáchedes coa vosa doazón!

24.02.2026 10:19 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image Post image

♻️A Cátedra Epifanio Campo da UDC entregou no @ciferrol.bsky.social o III Premio de Divulgación Científica.

🏆 1º Premio, Paloma Funes

✨ 2 accésit:
• Blanca Fernández Amado
• Carla Pérez

Parabéns !👏🏽

+info: https://bit.ly/CECPr26

24.02.2026 08:45 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 1

#CIFaoDía Pola súa banda, as estudantes Blanca Fernández e Carla Pérez acadaron cadanseu accésit nas categorías de orixinalidade e sensibilidación, respectivamente @udc.gal

23.02.2026 14:35 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía Entregados os III Premios de Divulgación Científica que promove a Cátedra Epifanio Campo Universidade da Coruña - Grupo Rodonita. O Primeiro Premio de Divulgación Científica foi para o traballo levado a cabo pola alumna do Programa de Doutoramento en Enxeñería Civil, Paloma Funes @udc.gal

23.02.2026 14:35 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

🫂Do 23/2 ao 4/03 celébrase a VII Semana Universitaria de Economía Social e a UDC súmase a esta efeméride coa organización de dúas actividades.

Anímate a participar!

20.02.2026 14:32 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

📢📅Desde hoxe, día 23 de febreiro e ata o venres día 27 ás 14:00 horas, ábrese o prazo de presentación de candidaturas para as eleccións de representantes no Claustro, nas xuntas de centro e nos consellos de departamento da Universidade da Coruña.

+info: https://bit.ly/Eleccións2026

23.02.2026 07:01 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
O Campus de Ferrol acolle a primeira microcredencial sobre dixitalización industrial que Siemens lanza en España Un total de 40 estudantes de grao e de mestrado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) cursarán, ao longo deste 2026, sen horarios e ao seu propio ritmo, a microcredencial Expedite – Skills for Industry, desenvolvida por Siemens Digital Industries Software. Segundo explican fontes do Campus, rátase dunha formación en liña de 50 horas de duración e totalmente gratuíta para o alumnado da Universidade da Coruña (UDC) que nace como “un dos primeiros proxectos piloto destas características que a empresa de fabricación industrial alemá lanza en Europa e o primeiro en España”.

O Campus de Ferrol acolle a primeira microcredencial sobre dixitalización industrial que Siemens lanza en España

19.02.2026 11:04 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía (2/2) Unha alianza que persegue posicionar a Galicia como referente na habilitación de mega iates e cruceiros, impulsar a innovación e transferencia en interiorismo naval e establecer unha rede estable entre universidade e empresas do sector marítimo @udc.gal

20.02.2026 19:05 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía (1/2) A Universidade da Coruña e Gabadi únense para crear a Cátedra Gabadi UDC Avelino Llago, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). @udc.gal

20.02.2026 19:05 — 👍 0    🔁 1    💬 1    📌 0

#CIFaoDía (2/2) Unha iniciativa divulgativa impusada pola UDC e o Concello de Ferrol a través da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial no marco da exposición “Orixes IV. Urbanismo Castrexo” que se pode visitar no Centro Cultural Torrente Ballester ata o 26/ABRIL @udc.gal @usc.gal

20.02.2026 18:49 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía (1/2) O investigador Universidade de Santiago de Compostela (USC), Edgard Camarós Pérez, impartiu, este venres 20/FEBREIRO, o primeiro dos relatorios do Ciclo de Conferencias dedicado ao paleontólogo ferrolán Emiliano Aguirre @udc.gal @usc.gal

20.02.2026 18:49 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

#CIFaoDía O convenio foi asinado este venres, 20/FEBREIRO, polo reitor Ricardo Cao e o CEO da compañía José Antonio Llago. Esta alianza busca, entre outros, posicionar a Galicia como referente na habilitación de mega iates e cruceiros e fortalecer o nivel formativo da rexión neste eido @udc.gal

20.02.2026 15:03 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía A UDC e Gabadi crean unha cátedra para impulsar a formación e investigación especializada en habilitación e interiorismo naval. Estará codirixida pola profesora do Campus Industrial de Ferrol, Lucía Santiago, e o CCO de Gabadi, Pablo Guerrero @udc.gal

20.02.2026 15:03 — 👍 0    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image Post image Post image

🚢A UDC e o grupo Gabadi asinaron esta mañá o convenio de creación da Cátedra Gabadi-UDC co obxectivo de impulsar a formación e a investigación especializada en habilitación e interiorismo naval.

A Cátedra estará vencellada á #EPEF, do @ciferrol.bsky.social.

🔗Máis info: https://bit.ly/CatGabUDC

20.02.2026 14:03 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

💻Un total de 40 estudantes de grao e de máster da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) cursarán no @ciferrol.bsky.social este ano a primeira microcredencial sobre dixitalización industrial que Siemens lanza en España.

🔗Máis info: https://bit.ly/MicrCIF

19.02.2026 11:14 — 👍 1    🔁 2    💬 0    📌 0

#CIFaoDía (2/2) Trátase dunha formación en liña, de 50 horas de duración e totalmente gratuíta para o alumnado da Universidade da Coruña (UDC) na que se tratarán temas como a Intelixencia Artificial (IA), o xemelgo dixital, a enxeñaría sostible ou a internet das cousas (IoT) @udc.gal

19.02.2026 09:49 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía (1/2) O Campus Industrial Ferrol acolle a primeira microcredencial sobre dixitalización industrial que Siemens lanza en España. Nesta primeira edición participan un total de 40 estudantes de grao e de máster da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) @udc.gal

19.02.2026 09:49 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

#CIFaoDía Ciclo de Conferencias dedicado ao paleontólogo Emiliano Aguirre @udc.gal
📎 "As orixes da humanidade: do berce africano ás terras galegas”, impartida polo investigador da USC, Edgard Camarós Pérez.
📆 Venres 20/FEBREIRO 🕖 Ás 19:00 horas
📍 Facultade de Humanidades e Documentación

18.02.2026 09:41 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
La UDC organiza en el Campus de Ferrol una jornada de puertas abiertas: así puedes inscribirte La jornada tendrá lugar el miércoles 25 de marzo y se podrá elegir entre tres recorridos o itinerarios. Las inscripciones cierran el lunes 16 de marzo Te puede interesar: La UDC analiza el potencial de una bebida con agua de mar para fomentar el envejecimiento activo

La UDC organiza en el Campus de Ferrol una jornada de puertas abiertas: así puedes inscribirte #ACoruña #Coruña #Ferrol #Ferrolterra

15.02.2026 18:09 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0

#CIFaoDía (2/2) Ten, entre os seus obxectivos, o de contribuír a impulsar a imaxe, a presenza e a influencia da nosa comunidade no eido internacional ou o de crear oportunidades para os e as internacionalistas que a conforman @udc.gal

16.02.2026 10:10 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía (1/2) Nace no Campus Industrial de Ferrol a Asociación de Internacionalistas de Galicia (ASIG), unha organización sen ánimo de lucro integrada por alumnado e exalumnado do grao en Relacións Internacionais @udc.gal

16.02.2026 10:10 — 👍 0    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

#CIFaoDía V Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial Ferrol @udc.gal
📅 Mércores 25/MARZO 🕓 De 09:30 a 20:00 horas 🔗 Inscríbete en shre.ink/ARSP
✔ Quenda de mañá - Centros e institutos
✔ Quenda de tarde - Público xeral (familias, grupos de amigos/as)

16.02.2026 09:26 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía Convidado pola coordinación e o alumnado do Grao en Relacións Internacionais, este ex membro do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) falou do poder do relato, da tecnoloxía e da Intelixencia Humint ao servizo da desinformación @udc.gal

13.02.2026 14:55 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

#CIFaoDía O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolleu, este venres 13/FEBREIRO, un seminario impartido polo experto en Contraintelixencia, Seguridade e Defensa, Jorge Gómez @udc.gal

13.02.2026 14:55 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Preview
Gimnasio, cultura y voluntariado: el Campus de Ferrol no es solo para estudiar Las propuestas de la UDC para alumnado y ciudadanía incluyen desde rutas a actividades deportivas

#OCampusNosMedios Ximnasio, cultura e voluntariado: o Campus Industrial de Ferrol non é só para estudar @udc.gal Vía Diario de Ferrol

13.02.2026 14:40 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

📢Últimos días para cubrir as enquisas de avaliación da actividade docente!

📅O prazo remata o vindeiro luns, 16 de febreiro.

📲Participa, a túa opinión conta!

🔗bit.ly/Avaliemos126

#UDC #Avaliemos #Avaliemos2026 #Participa #EducaciondeCalidade #AvaliaciónDocenteUDC

13.02.2026 08:32 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0

@ciferrol is following 20 prominent accounts