's Avatar

@dezero-ordes.bsky.social

8 Followers  |  14 Following  |  52 Posts  |  Joined: 10.05.2025  |  1.5961

Latest posts by dezero-ordes.bsky.social on Bluesky

Post image

Tordoia ten plan de fin de semana. Vai de Tapas 2025.

07.11.2025 10:40 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Este mércores, reunión en Tordoia sobre o impulso dunha comunidade enerxética. Aberta a toda a veciñanza.

03.11.2025 11:29 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail

Imaxes da tradicional homenaxe ao coñecido como Soldado Lois este mediodía en Ordes.

01.11.2025 13:11 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

E mañá en Ordes...

30.10.2025 17:31 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Esta é a portada da edición de outubro de De Zero, que a partir de hoxe xa está dispoñible nos puntos de distribución habituais.

Tamén se pode recibir de balde por WhatsApp, pedíndoo no 617 917 130, ou por correo electrónico escribindo a dezero.redaccion@gmail.com

28.10.2025 12:03 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Concentración de protesta este mediodía en Frades para demandarlle á Xunta solucións ás carencias na atención primaria.

Ante o centro de saúde da Ponte, convocou o PSOE e secundaron PP, BNG e SLG.

Reclaman que cesen os retrasos en citas, consultas ou probas, con persoal e recursos suficientes.

25.10.2025 14:13 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Colisión entre dous vehículos esta tarde en Ordes, á altura da intersección entre a Rúa da Canteira e a Avenida de Alfonso Senra. Non se produciron danos persoais.

23.10.2025 15:42 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

Un coche avariouse e incendiouse esta mañá na AP-9 ao seu paso por Mesía. Quedou calcinado. Non hai danos persoais. O tráfico en dirección Santiago viuse afectado no carril dereito. Unha vez extinguido e retirado, retómase a normalidade. Sucedeu pouco antes das nove á altura do quilómetro 33.

23.10.2025 10:18 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Nas próximas horas intensificarase o vento e prevense chuvias importantes.

Precaución.

22.10.2025 17:04 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Mañá mércores, charla sobre seguridade no local social da terceira idade en Sigüeiro (Oroso).

21.10.2025 12:51 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Adif cortou esta mañá a circulación ferroviaria entre Santiago e Ordes pola aparición dun cadáver na vía en Compostela, pouco despois das dez da mañá.

Hai un plan alternativo de transporte por estrada ata que o xulgado autorice retirar o corpo.

Imaxe de arquivo da estación de Santiago.

20.10.2025 10:23 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Ata o 22 de febreiro, caza ilimitada do xabaril no 83% de Galicia, incluíndo toda a comarca de Ordes.

A Xunta declarou emerxencia cinexética, pola cantidade de danos en cultivos e de accidentes de tráfico.

A Federación Galega de Caza non está de acordo coa medida e califícaa de pouco seria.

18.10.2025 13:44 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Das tres persoas detidas pola súa suposta participación nunha agresión con arma branca o martes en Ordes, unha foi enviada a prisión provisional, comunicada e sen fianza, por decisión do xulgado de garda de Ordes.

As outras dúas quedaron libres sen fianza. Teñen prohibido comunicarse coa vítima.

17.10.2025 17:17 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Mañá sábado, primeira xornada de portas abertas en Viriato. Visitas previas á demolición.

17.10.2025 17:02 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Concentración esta tarde na Alameda de Ordes en solidariedade con Palestina, contra o terrorismo e contra o xenocidio.

17.10.2025 08:33 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Video thumbnail
16.10.2025 14:07 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image Post image

Unha persoa detida por maltrato animal, posesión ilícita de especies protexidas e intrusismo veterinario por un criadeiro clandestino no Mesón do Vento (Ordes).

A Garda Civil atopou 250 cadáveres de diversas especies. Ademais 171 animais tiveron que ser trasladados a centros de recuperación.

11.10.2025 09:04 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

A Fundación Juana de Vega abre a inscrición na edición 2026 do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.

As candidaturas poden presentarse ata o 5 de decembro nas modalidades 'Emprendemento' e 'Crecemento e Consolidación' a través da web programadeapoyo.juanadevega.org

10.10.2025 11:34 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

A Deputación da Coruña presenta “MercaNaVila”, un programa de 6 millóns de euros para apoiar o comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes, na carca de Ordes todos.

Na web mercanavila.gal poderanse descargar, a partir do 20 de outubro, os descontos de 100 eurow.

07.10.2025 12:54 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Coche incendiado no polígono de Ordes. Os Bombeiros acudiron a extinguir o lume.

06.10.2025 13:09 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Accidente de tráfico este mediodía na avenida da Grabanxa, en Sigüeiro (Oroso).

Non constan danos persoais relevantes. Aínda que están por determinarse causas e circunstancias, todo apunta a que bateron dous vehículos en circulación e á vez impactaron con outros estacionados e un baixo comercial.

06.10.2025 12:40 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0
Post image

Hoxe luns, doazón de sangue en Ordes.

06.10.2025 08:31 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image Post image

Homenaxe en Ordes ás persoas centenarias do municipio, co gallo do Día Internacional da Xente Maior.

Foi un recoñecemento, con recepción no consistorio, ao "traballo, esforzo e o coidado que realizaron ao longo da súa vida, tanto para as súas familias como para a nosa sociedade".

05.10.2025 14:06 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Responsables da iluminación pública de Ordes explican que na área das rúas Rosalía de Castro e Galicia existe un diferencial eléctrico que "salta" por razóns sen determinar.

A intención é reemprazalo por un dispositivo con outra tecnoloxía e evitar incidencias dos últimos días.

04.10.2025 12:25 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Veciñanza das rúas Rosalía de Castro e Galicia, en Ordes, quéixase do mal funcionamento da iluminación pública en datas recentes, como a pasada tarde, o que lles xera unha sensación de inseguridade.

03.10.2025 14:05 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Charla co doutor Ángel Carracedo.

02.10.2025 13:10 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image Post image

Necesitas unha clínica veterinaria para a túa mascota?

A túa mellor alternartiva é Concepción Berdomás, con novas instalacións na Rúa do Mercado de Ordes, servizo de urxencias e unha ampla experiencia.

Contido promocional.

02.10.2025 08:42 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

A partir de mañá comeza o prazo dun mes para solicitar axudas municipais á natalidade en Ordes.

bop.dacoruna.gal/bopportal/pu...

29.09.2025 08:28 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Esta fin de semana, PsicoTroita 10.

26.09.2025 13:51 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Rematada a posta ao día do local para a xente maior en Sigūeiro (Oroso). Foi equipado con novo mobiliario, nova iluminación, climatización, tarima e pintado interior.

Os traballos acometéronse con colaboración entre o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Oroso.

26.09.2025 08:27 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

@dezero-ordes is following 14 prominent accounts