O Manuel Esteban's Avatar

O Manuel Esteban

@manuelesteban.bsky.social

Médico. Profesor. Escritor

354 Followers  |  346 Following  |  537 Posts  |  Joined: 17.04.2024  |  1.9191

Latest posts by manuelesteban.bsky.social on Bluesky

Preview
Manuel Esteban remexe nas conciencias con «A... “Teño a necesidade de falar dos que están abaixo de todo”, díxonos e recoñeceu que “máis ca escritor son un lector infiltrado”.

Aquí a entrevista completa, para quen quixer
www.agalegaaudio.gal/videos/detai...

07.10.2025 21:00 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Últimamente está a pasarme que xa non gozo de fotografías ou vídeos fermosos, porque non podo evitar pensar que tal vez sexan feitos con IA.
Roubáronme tamén iso.

07.10.2025 18:18 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
Kiko Novoa e máis eu no plató de Radio Galicia, falando do libro A lei do mar.

Kiko Novoa e máis eu no plató de Radio Galicia, falando do libro A lei do mar.

Non hai épica nin gloria en naufragar a mantenta coa esperanza de ser rescatado sabendo que non todos van poder ser recollidos. O mar aberto é unha enorme zona gris. Un salvaxe oeste pouco amigo de imperativos categóricos e sen salvavidas para a conciencia.

07.10.2025 17:37 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0

Hoxe, contra as 13h, estarei con Kiko Novoa, na Radio Galega, falando do mar e da memoria.
Ouvímonos, se vos presta.

07.10.2025 07:47 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0
Paisaxe panorámica: árbores en primeiro plano. Por detrás, a cidade de Vigo espallándose polo val até o mar. No fondo, o mar e as illas Cíes. O ceo do abrente está despexado agás por unhas poucas nubes esfareladas.

Paisaxe panorámica: árbores en primeiro plano. Por detrás, a cidade de Vigo espallándose polo val até o mar. No fondo, o mar e as illas Cíes. O ceo do abrente está despexado agás por unhas poucas nubes esfareladas.

Dicía Cunqueiro que as vistas desde o vello Hospital Xeral abondaban para curar os doentes de moitas das súas enfermidades.

Con permiso do Hospital do Meixoeiro, don Álvaro.

07.10.2025 06:54 — 👍 12    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

“Escribir é tentar descubrir o que escribiriamos se escribísimos”, iluminou Marguerite Duras.

07.10.2025 05:24 — 👍 6    🔁 1    💬 1    📌 0
Post image

Ei, que xa o esquecía! Este xoves, 9 de outubro, contra as 19h estarei na SELIC cos amigos de Boadicea e da libraría Pedreira.
Haberá postais para todos!

06.10.2025 17:45 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 0
Somos Más Americanos (En Directo Desde Los Angeles MTV Unplugged)
YouTube video by LosTigresNorteVEVO Somos Más Americanos (En Directo Desde Los Angeles MTV Unplugged)

"Los tigres del norte" xa cantaron, antes e mellor, o problema migratorio.

"Yo no crucé la frontera, la frontera me cruzó"

youtu.be/0ue-YP-wvsY?...

06.10.2025 16:03 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Pareceume un pardal, pero xa sabes: de noite todos os g̶a̶t̶o̶s̶ paxaros son pardais.

06.10.2025 09:56 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Unha farola alumea, cunha luz laranxa, a parede dunha casa. É moi cedo, aínda é noite. Pousado no soporte da farola hai un paxaro. Semella un pardal.

Unha farola alumea, cunha luz laranxa, a parede dunha casa. É moi cedo, aínda é noite. Pousado no soporte da farola hai un paxaro. Semella un pardal.

Bo día, paxariño que madrugou máis que os demais.

06.10.2025 08:55 — 👍 3    🔁 0    💬 1    📌 0

Outra para a que puxo o bluit 😘🤗

06.10.2025 08:15 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Os últimos nomes do mar: a RAG alerta da perda dun tesouro da memoria galega A Real Academia Galega advirte de que milleiros de topónimos mariños corren o risco de desaparecer coa morte das xeracións que os conservan. O encontro reuniu especialistas e traballadoras e…

🌊 Os últimos nomes do mar: a RAG alerta da perda dun tesouro da memoria galega

05.10.2025 09:49 — 👍 7    🔁 4    💬 0    📌 1

Como A Nosa Voz non fixo a migración a Bluesky, vouvos contar eu quen foi Froilán, fillo de Froila, nacido no Regueiro dos Hortos, barrio extramuros de Lugo, no 833.

05.10.2025 09:34 — 👍 15    🔁 8    💬 1    📌 2
Preview
"A lei do mar", un estremecedor relato de muerte y supervivencia, de solidaridad y de egoísmo Es la nueva novela del vigués Manuel Esteban | Cadena SER

A lei do mar no Faiado dos libros. Agradecido a Celia Fernández e ao Hoy por hoy Ourense da @cadenaser.bsky.social

cadenaser.com/galicia/2025...

05.10.2025 08:59 — 👍 2    🔁 1    💬 0    📌 0
Preview
Los petirrojos europeos llegaron a sus cuarteles de invernada con un adelanto de 18 días Te damos los datos y te lo contamos en #AEMETBlog

Os paporrubios chegaron con dezaoito días de adianto aos lugares de inverno.
Hai algo terrible, salvaxe e tenro neste titular.
aemetblog.es/2025/10/04/l...

05.10.2025 07:34 — 👍 3    🔁 2    💬 0    📌 0
Preview
A Lei do Mar: Novela sobre Migración e Esperanza Descubre 'A lei do mar' de Manuel Esteban, unha novela que explora migracións forzadas, rescates no Mediterráneo e a riqueza lingüística galega.

"A literatura constrúese coa lingua"

Xosé M. Eyré degraña na súa Ferradura en tránsito unha recensión moi xenerosa sobre "A lei do mar".

Agradecido

ferradurablog.wordpress.com/critica-de-a...

04.10.2025 21:40 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Israel accused of detaining Greta Thunberg in infested cell and making her hold flags Activist tells Swedish officials she has been subjected to harsh treatment, including insufficient food and water

Espero que a Greta Thunberg lle dean o Nobel da Paz que xa merecía hai un ano.

www.theguardian.com/world/2025/o...

04.10.2025 19:34 — 👍 33    🔁 10    💬 2    📌 0

Mellor friki que equidistante!

04.10.2025 10:03 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Preview
Premio Literario Frei Martín Sarmiento - Escolas Católicas

Pois pensaba que o 2025 xa cubrira a cota de boas novas, pero aínda non acabou!
Moi feliz de que o meu Trickstar sexa finalista dos premios Frei Martín Sarmiento, xunto co Invisible de Eloy Moreno!
Unha outra postal desde as estrelas
share.google/laHU28NxF2HI...

03.10.2025 18:22 — 👍 7    🔁 0    💬 3    📌 0

E, seguindo a tradición de aeroportos, estacións de tren e pavillóns deportivos, porán o meu nome a un dos baños, que é onde vou sempre facer as curas dos alumnos que se cortan:
"Aseo Manolo do Desfibrilador"
Hai peores formas de pasar á posteridade.

03.10.2025 06:26 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Os DESAs están deseñados para ser manexados por calquera, mesmo sen formación (senón para que poñer un en cada recanto!). O da formación é un negocio que se sacaron algunhas CCAA da manga para facer caixa. Na maioría do mundo civilizado non é preciso. Ou, se chamas ao 112, o médico de pode guiarte.

02.10.2025 13:35 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

POR FAVOR! ISTO NON SE FAI! Eu vivo na póla e non podo perder unha ocasión así de desvirtualizar ao meu irmán nas redes dos xogos de palabras parvos! (Con permiso do @amil.gal )

01.10.2025 21:03 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

Oi, Manolo! Que non sabía que eras ti! Caghonomundo!

01.10.2025 20:58 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

É moi doado: ten un botón grande que pon ON/OFF. Cando o premes unha voz vaiche dicindo todo o que tes que facer.
De nada. Son 90€.

01.10.2025 20:37 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Tres persoas nunha mesa. Na esquerda, Sara Vila, de Edicións xerais de Galicia. No medio o escritor Manuel Esteban. Á dereita o escritor Pedro Feijoo. De fondo, un cadro do pintor Urbano Lugrís.

Tres persoas nunha mesa. Na esquerda, Sara Vila, de Edicións xerais de Galicia. No medio o escritor Manuel Esteban. Á dereita o escritor Pedro Feijoo. De fondo, un cadro do pintor Urbano Lugrís.

Que privilexio e que responsabilidade inaugurar a Sala Lugrís do Museo Massó de Bueu para presentar un libro.
E que sorte facelo con Pedro e con Sara!
Grazas sempre á libraría Miranda!!

01.10.2025 20:29 — 👍 6    🔁 0    💬 1    📌 0

Oh! Grazas a vós! Unha aperta oceánica!

01.10.2025 19:59 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0

En Galicia ese curso só pode impartilo o 061. Xa viñeron hai dous anos. Apuntáronse 10 profes dos que só quedan 4 no centro que din que non lembran nada (spoiler: non hai nada que lembrar, os DESAs son moi doados de usar). Habería que volver facelo, claro, mais son cartos e hai que querer facelo.

01.10.2025 16:43 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0

A miña sogra dixo hai uns días unhas cousas tan lindas sobre a relación que ten a súa filla comigo que aínda non me dei recuperado. Eu só podo dicir que espero que os meus fillos teñan tamén, algún día, unha relación semellante.

01.10.2025 13:58 — 👍 11    🔁 0    💬 1    📌 0
Preview
24/7 LIVESTREAM OF GLOBAL SUMUD FLOTILLA YouTube video by Global Sumud Flotilla

Hoy llega la Flotilla a Gaza. Podéis seguirles por aquí.
www.youtube.com/watch?app=de...

01.10.2025 07:41 — 👍 38    🔁 48    💬 0    📌 2
Post image

«Visibilidade», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
«Superar as cifras cativas de lectura e edición en galego, obriga as editoras a abordar estratexias de visibilidade transversais na libraría, nos medios e nas redes, para que se coñezan, se vexan e se merquen...»

01.10.2025 09:28 — 👍 7    🔁 4    💬 0    📌 0

@manuelesteban is following 16 prominent accounts