Na na na na na na na na na na na na na na na na…
www.rcdeportivo.es/noticias/el-...
@odafe.me.bsky.social
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
Na na na na na na na na na na na na na na na na…
www.rcdeportivo.es/noticias/el-...
Eu só estaría preocupado por Yeremay se o club portugués que se interesase por el fose o Penafiel.
www.laopinioncoruna.es/deportivo/20...
Algo ao estilo da serie "Adventures in Time" de Dominic Sandbrook, dende unha perspectiva máis local. Incluso creo que traducir varios dos libros desa serie (os menos britano-céntricos) xa podería ser interesante.
www.penguin.co.uk/series/ADVTI...
Recomendacións de lectura lixeira para cativos. Incluso aínda que o da lingua diga "para xente madura".
E ao fío disto, fáltanos en galego unha serie de libros de historia novelada coa capacidade de enganchar ao lector xuvenil. Nin sequera ten que ser historia de Galicia, tan só historia en galego.
Moita xente fai fila en Starbucks aínda que o café é ruin con forza, igual que moita xente adoece por viaxar a lugares que non valen un peso pero que son moi populares. Porque o que venden aí é "a experiencia": a de ir alí e despois poder contar que fuches alí. A xente funciona así, que imos facer.
09.08.2025 09:58 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Iniciouse por todas as razóns máis equivocadas, pero o programa espacial americano legounos un impulso á ciencia e á tecnoloxía do que aínda se beneficiarán os nosos netos. E ese programa non tería funcionado de non contar cuns chalados dispostos a arriscar as súas vidas.
Descanse en paz. Grazas.
A alegría de vivir que transpiran actualmente os tomates da miña horta é directamente proporcional á hostia que se van dar cando, inevitabelmente, dentro duns días volva a chover a caldeiros e descubran polas malas que non foran transplantados a Almería.
08.08.2025 14:28 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0Eu fiquei moi, moi esperanzado coa dupla Gragera - Patiño. Se o segundo realmente pode dar na tempada o que deu na pretempada, entre eles, José Ángel, Villares e quizais Rubén, este ano hai un mediocampo fabuloso (gran diferenza co ano pasado). Non vexo a necesidade de gastar diñeiro en Riki.
06.08.2025 21:04 — 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0Eu non creo que o despeito deba ser un factor á hora de modelar a nosa relación con Portugal. Deixando a un lado extremos políticos ou versións extravagantes do reintegracionismo, vexo enormes vantaxes en que en Galicia se profunde no coñecemento de Portugal e a lingua portuguesa, e tamén á inversa.
06.08.2025 11:47 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0O resultado global de todo isto é que para un portugués adulto do Douro hacia o sur (que son a enorme maioría), calquera similitude cultural ou histórica entre Portugal e Galicia é tan sorprendente como calquera diferenza entre Galicia e Murcia.
06.08.2025 08:14 — 👍 3 🔁 0 💬 2 📌 0E isto inclúe a maneira en que estudan a historia da súa lingua: do latín evolucionou o portugués, e isto ocorreu aproximadamente ao mesmo tempo da creación do reino, e polo tanto forma parte do "feito diferencial" que levou a Portugal no S.XII a considerarse "distinto". O galego non aparece aquí.
06.08.2025 08:14 — 👍 3 🔁 0 💬 1 📌 0Con moita sorte, ao narrar a historia da creación de Portugal en lugar de España falarán de "Castela". Con inmensa sorte, mencionarán o "Reino de León". Pero é tarefa imposíbel que mencionen Galicia na súa historia / mito fundacional cando eles mesmos ven que nin sequera o facemos no lado español.
06.08.2025 08:14 — 👍 4 🔁 0 💬 1 📌 0A segunda, que a historia e a identidade de Portugal ensínase e divúlgase alí como contraposición a España, como algo que se construíu básicamente a base de negar calquera cousa que unise ambos lados da fronteira.
06.08.2025 08:14 — 👍 4 🔁 0 💬 1 📌 0A primeira, que son un estado-nación tremendamente centralizado, e cústalles entender outras situacións. Para eles a nivel de linguas Portugal = português, e polo tanto Espanha = espanhol. E punto. Outras situacións son demasiado complicadas para o que están acostumados a entender.
06.08.2025 08:14 — 👍 7 🔁 0 💬 1 📌 1Exactamente a miña experiencia en Portugal. O descoñecemento da lingua galega e incluso da relación entre Galicia e Portugal por parte da maioría dos portugueses é case total.
Para min as causas son principalmente dúas:
Vale que lles pareza divertido darlles de comer cousas vivas aos seus bechos, pero polo menos que lle chamen polo seu nome. Ter leóns en Dinamarca cazando galiñas e chamarlle a iso "cadea alimentaria natural" manda narices…
edition.cnn.com/2025/08/04/e...
"Immune - A Journey into the Mysterious System that keeps you Alive" de Philipp Dettmer.
E ademais, o fundador de Kurzgesagt Philipp Dettmer é autor dun marabilloso libro "ao estilo Kurzgesagt" que condensa a brutal complexidade do sistema inmunitario a xeito de facer os seus principais mecanismos accesíbeis ao público. Unha viaxe alucinante polas incríbeis máquinas naturais que somos.
03.08.2025 11:43 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Kurzgesagt @kurzgesagt.org é unha canle de YouTube de divulgación científica que adoro. Das poucas que realmente adican tempo e esforzo a facer contido de calidade e suficientemente contrastado, a explicalo ben, e a respectar en todo momento a ciencia. Moi recomendado.
www.youtube.com/@kurzgesagt
As cabazas sonche unhas plantas ben feitiñas. Crecen moi lentamente, pero a cambio tes alimento de calidade que se conserva moitos meses, e decoración estacional para o outono 🙂
02.08.2025 10:33 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0Reunión de marketing:
- Como poderiamos facer para cobrar un montón indecente de diñeiro polas pas de xogar á pelotiña na praia?
- Xa sei! Por que non o chamamos “beach tennis"?
- Oh que idea tan boa!
Lecturas interesantes de verán.
31.07.2025 17:50 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0As tres situacións cotiás nas que se manifesta o máis escuro e vil do cidadán de a pé:
1. As reunións da comunidade de veciños.
2. Os grupos de whatsapp de pais e nais do colexio.
3. O aparcamento na praia.
A min mándanme isto e non piso o estadio en toda a tempada. Nin me achego a menos de 100m da estrutura.
www.elperiodicodearagon.com/real-zaragoz...
Siciliano, de mirada penetrante e nome de cantautor debutante en Sanremo. Fernando Soriano apuntando directo ao corazón dos @cuantosufrimos.bsky.social
Cinco Battiatos.
www.lavozdegalicia.es/noticia/torr...
Por certo que non teño coñecemento de que haxa unha edición en galego destas obras (😟!).
Eu linas en portugués nunha edición moderna da Ed. Saída de Emergência bastante correcta, dispoñíbel en eBook en FNAC (epub) ou en Amazon (kindle):
www.saidadeemergencia.com/saga/fundacao/
En resumo? Na miña opinión a triloxía orixinal de Foundation ten a día de hoxe un interese meramente "histórico": está ben lela para entender de onde saen tantas e tantas ideas usadas noutras obras. Máis interesantes as secuelas. Pero a día de hoxe escríbese ficción científica moito mellor como tal.
29.07.2025 06:03 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Ademais creo que as secuelas conteñen algunhas reflexións moi hábiles sobre política e socioloxía modernas.
O desenlace pareceume un desastre, pero xa se vía vir dende o inicio do último libro que ía ser moi difícil completar esa historia dun xeito coherente. Aínda así, a viaxe resulta interesante.
No entanto as secuelas (1982 e 1986), aínda tendo 40 anos, presentan contextos sociais e tecnolóxicos moito máis asumíbeis para o lector de 2025. É unha aproximación ao futuro moito menos apoutada no presente do autor que a escribiu, e polo tanto máis plausíbel.
29.07.2025 06:03 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Que sei que lle boto valor criticando a Asimov pero, igualmente, sorprendeume esa carencia de visión de futuro nestas obras. O contexto tecnolóxico e social de "Fundación" en 2025 resulta inverosímil, pero estou seguro de que igualmente a novela teríame resultado "antiga" de tela lido en 1985.
29.07.2025 06:03 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Deume en todo momento a molesta sensación de intentar transplantar a sociedade de 1940 coa súa tecnoloxía, organización social, problemas e tensións a 20.000 anos no futuro. A idea base da Fundación é o único visionario da novela, e pode non ser pouco, pero todo o demais desluce esa idea.
29.07.2025 06:03 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0