Edicións Defectuosas's Avatar

Edicións Defectuosas

@ed-defectuosas.bsky.social

Facemos fanzines porque algo hai que facer. - Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas O noso mail: ed.defectuosas@gmail.com

173 Followers  |  120 Following  |  231 Posts  |  Joined: 09.12.2023  |  1.6073

Latest posts by ed-defectuosas.bsky.social on Bluesky

Post image

Caamaño & Ameixeiras estarán esta tarde n'A Coruña dando un concerto canda Sús.
E tamén están no noso último fanzine canda outras seis formacións galegas.

18.10.2025 09:17 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

En setembro xuntamos unhas liñas sobre os lumes de agosto.
Decidimos deixalas repousar un tempo para que non parezan froito da rabia do momento (tampouco é que digamos nada polémico, é puro dato).
Así que (seguramente) nalgún momento dos próximos meses sacaremos isto.

12.10.2025 12:55 — 👍 1    🔁 1    💬 0    📌 0
TERRAPLANA | Degusto Sessions | #012
YouTube video by Degusto Café TERRAPLANA | Degusto Sessions | #012

Este é o único terraplanismo que apoiamos dende Edicións Defectuosas:
youtu.be/NTzRfDINQxM?...

10.10.2025 19:42 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

O peor é que tamén ten faixa! Pero polo que sexa ese pegote pareceulles boa idea chantalo na contra.

04.10.2025 19:49 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

É que ademais racha totalmente co deseño dos anteriores!

04.10.2025 17:33 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

A tope co novo de Juarma, pero aos de Blackie xa lles vale co de cascar tremenda promo na contra.
Iso ponse na faixa, ho!

04.10.2025 17:33 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0

Pois foi certo, voltaron The Homens.
Iamos con medo por se miraramos mal o cartel e no canto de The Homens saían The Hamens ou algo así (coma os Red Hot Chily Peppers e os Red Hot Chilly Pipers) pero non, eran os auténticos.

28.09.2025 16:09 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Miraches se asoman raíces pola parte de abaixo? Se antes de poñerse así deixou de medrar, ou medra moi pouco, pode ser que lle faga falla máis terra (pola foto non teño claro o tamaño do testo).

28.09.2025 16:06 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
@Ed_Defectuosas | Linktree Facemos fanzines

Acabamos de subir ao noso Drive o noso último fanzine, por se queredes botarlle unha ollada ao que a xente califica como a nosa obra máis ambiciosa (somos nós esa xente? Pode ser).
Aquí a ligazón:
linktr.ee/Ed_Defectuosas

27.09.2025 10:02 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Supoño que mañá a estas horas estaremos todos en Sigüeiro no concerto de The Homens, ou?

26.09.2025 18:21 — 👍 3    🔁 1    💬 0    📌 1

Os fanzines por sorpresa son os mellores fanzines.
Xa non lembrabas que o tiñas pendente, vas mirar o buzón agardando atopar só facturas e, de súpeto, bum!, un fanzine!

21.09.2025 07:23 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Polo que aprendín da última newsletter de Nazaret Escobedo diría que non o é, pero non estou seguro.
Consultemos coa experta: @nazaret.bsky.social, ¿es esto una Labubu?

20.09.2025 17:15 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0
Post image

Así locen os Carabela no noso último fanzine.

20.09.2025 12:33 — 👍 0    🔁 1    💬 0    📌 0

Saiu o disco de Lontras, un grupo que metimos no noso último fanzine cando só tiñan catro cancións publicadas.

19.09.2025 08:59 — 👍 2    🔁 0    💬 0    📌 0

Dos meus libros favoritos dos últimos anos. Vaia marabilla.

19.09.2025 08:55 — 👍 2    🔁 0    💬 1    📌 0

Hai uns días, cando xa ninguén se lembraba del, rematamos con este debuxo:

13.09.2025 15:43 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Fun ao Gadis ás 9.30 (sábado antes das 10 é unha das miñas horas boas) e resulta que estaba pechado por un "problema informático".
Xa lles vale aos hackers.

13.09.2025 11:30 — 👍 1    🔁 0    💬 1    📌 0
SAN - anatomía detallada de una herida (FULL ALBUM)
YouTube video by SAN SAN - anatomía detallada de una herida (FULL ALBUM)

Este disco évos unha cousa (aínda que, seguramente, non a cousa que mellor encaixe cun venres noite):
youtu.be/gkFv2sOaulo?...

12.09.2025 19:51 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0

Eu tamén estou no equipo de non pisar a Pelícano, pero desta volta teño dúbidas...

12.09.2025 19:43 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0
Fontaines D.C musician calls out Zionism
YouTube video by Middle East Eye Fontaines D.C musician calls out Zionism

E con "propaganda" dos Fontaines D.C., que tampouco andan con medias tintas co asunto palestino.
youtu.be/53huTpWt-lE?...

04.09.2025 09:04 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Gardámosche un, pero imos tardar en mandalo que enviamos a primeira remesa o martes e non imos pasar por Correos nuns días.

03.09.2025 21:47 — 👍 0    🔁 0    💬 1    📌 0

Por bluesky andan @praxisstvdio.bsky.social e @carlosarrojo.com que fan cousas moi guais e teñen tenda online.

30.08.2025 20:50 — 👍 3    🔁 0    💬 2    📌 0

Mándanos un mail ou unha mensaxe privada (temos as mensaxes privadas abertas? Nin idea, a verdade) e xa miramos como amañamos!

30.08.2025 20:46 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

A todo isto, os fanzines novos están case listos.
Mandaremos a primeira remesa a semana que vén, así que se queres un avisa!

30.08.2025 16:40 — 👍 1    🔁 0    💬 2    📌 0
Post image

Estamos grampando os fanzines escoitando o disco novo das Blanco Teta (boísimo!).
Entre que o grampado é a nosa parte menos favorita do proceso fanzineiro e a descarga punk, estamos poñendo as grampas con máis rabia da habitual. Agardamos que se note.
youtu.be/OmLXoqUA8bg?...

30.08.2025 16:40 — 👍 3    🔁 1    💬 1    📌 1

Seguro que neste preciso instante estás a preguntarte cando teremos listo o fanzine novo.
Pois non te preocupes, porque non lle queda moito!
Así que, coma sempre, se queres un podes avisarnos por aquí ou escribíndonos un mail e xa tomamos nota.

28.08.2025 18:35 — 👍 1    🔁 0    💬 0    📌 0

Xa che mandaremos un!
A nivel de deseño editorial claramente é a nosa masterpís.

27.08.2025 14:50 — 👍 0    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Hoxe fomos imprimir o fanzine novo e, coma sempre, ao chegar á casa montamos un para comprobar se nos trabucaramos coa orde das páxinas ao maquetar(o noso maior medo!).
Dúas conclusións:
1. As páxinas están na orde correcta.
2. O fanzine novo está bastante guapo.

26.08.2025 19:53 — 👍 5    🔁 0    💬 1    📌 0
Video thumbnail

Esta é a aliñación do noso seguinte fanzine.
Non nos veñades con que vos falta este ou vos sobra estoutro, que bastante traballo pasamos para encaixalo todo (a culpa foi nosa pola distribución que escollemos, iso tamén é certo).

24.08.2025 09:34 — 👍 3    🔁 0    💬 0    📌 0
Post image

Facendo un debuxo inspirado nuns rapaces que estaban na parada do bus mirando os teléfonos e comendo Jumpers (planazo, a verdade).
De momento vai quedando así:

17.08.2025 18:39 — 👍 8    🔁 0    💬 0    📌 1

@ed-defectuosas is following 20 prominent accounts