Graciñas!
09.02.2026 16:20 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0@beninhus.bsky.social
Non me fago o sueco, é que son de alí.
Graciñas!
09.02.2026 16:20 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Que conto é?
09.02.2026 08:20 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Entre as moitas cousas que ultimamente se me dá por fotografar están os bambáns. Na illa xúntanse deseños vellos e novos e cantidade deles feitos de forma caseira con troncos, cadeas e pneumáticos.
08.02.2026 21:47 — 👍 3 🔁 0 💬 1 📌 0O cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula) é un dos paxaros máis abundantes en inverno por estas latitudes. O seu canto é doado de indentificar e non se asustan con facilidade, aínda que manteñen as distancias, polo que non son difíciles de fotografar.
#paxaros
#birds
Hoxe El País saca un pequeno artigo sobre a illa e vendo os comentarios pregúntome de que reunión de cuñados sacarían a case toda esa xente. 😰
31.01.2026 14:46 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Había tempo que non vía subeliños comúns (Aegithalos caudatus) preto da casa. Onte dando un paseo pola neve comecei a escoitar asubíos sobre a miña cabeza, e alí atomeime cunha ducia deles saltando entre as pólas na busca de comida.
#paxaros
#birds
E como hoxe tocaba ir á cidade pois non quedou outra que sacar a neve mentres a muller me gravaba e se escarallaba de min.
05.01.2026 20:27 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Hoxe atopámonos co coche así pola mañá. Como ando sen móbil e de vacacións non me entero moito das alertas meteorolóxicas e despois lévome sorpresas como estas.
#Gotland
O baixista Dave Riley dixo que nos pequenos pobos de USA a vida é aburrida e só hai dúas cousas que se poidan facer, ou estoupar cousas por diversión ou deitarte coa única rapaza que se deita con todos. Kerosene vai dun tipo que intenta combinar ámbolos dous praceres.
www.youtube.com/watch?v=EXV6...
Un grupo de pequenos lavancos (Anas platyrhynchos) escapando de min a primavera pasada.
#paxaros
#birds
Ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater) esta mesma mañá conseguindo o seu botín. O inverno pasado viña de cando en vez, pero agora xa é habitual velo no comedeiro.
#birds
#paxaros
Así se vía o ceo tras o solpor hai uns días. A foto está sen tocar, así como a saquei así a subín. Por estas latitudes son bastante impresionantes as postas do sol, sobre todo cando hai algunha nubes, con tonalidades que pasan polo laranxa, o rosa, o vermello e o violeta.
#Gotland
Gotland está chea de coches antigos e anualmente hai varios eventos relacionados con vehículos de época. Na imaxe podemos ver a tres donas no seu Ford T durante o Damrally que se celebra en maio.
#Gotland
#FordT
Haced un artículo del An-225 y su triste final. *wink wink nudge nudge*
24.12.2025 21:29 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Unha femia de lavanco real (Anas platyrhynchos) amerizando no porto de Ljugarn.
#paxaros
#birds
Hai uns días saíron as fotos finalistas do Wiki Loves Monuments deste ano en Suecia e, aínda que non son as miñas favoritas, entre elas hay dúas aportacións miñas.
A primeira é nas ruínas da abadía de Roma durante o amencer, e a a segunda é no museo do ferrocarril de Hesselby.
#Gotland
#WLM
Algo sobre o gutamål de Gotland?
19.12.2025 12:40 — 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0Este es el cacharro.
24.08.2025 20:45 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Un Hughes 369 en la Escuela Naval de Marín. Es bastante reciente y no hay nada en Google Maps.
24.08.2025 20:43 — 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0Outro carrán artico (Sterna paradisaea) sobrevoando a miña cabeza.
#paxaros
#birds
Carrán artico (Sterna paradisaea) intentando afastarme dos seus polos. Chegou a voar a poucos centímetros da miña cabeza un par de veces para facer que marchase.
#paxaros
#birds
"I like cats, do you like cats?
Of course you do, you sassy motherfucker"
Menudo melocotonazo!
30.05.2025 18:46 — 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0Ao lado da casa vive este macho de faisán de colar (Phasianus colchicus) con dúas femias.
#paxaros
#birds
De cando en vez voume aos estanques que hai a un par de quilómetros da casa e de cando en vez pillo algo interesante como este bilurico manchado (Tringa glareola).
#birds
#paxaros
Un bilurico común na copa dun piñeiro chiando coas ás extendidas.
Hai un par de día atopeime unha parella de biluricos comúns (Tringa totanus) que non pararon de chiar e voar ao redor miña ata que me afastei da zona onde tiñan o seu niño.
#birds
#paxaros
Airbus A400M Atlas británico aterrando formando estelas de condensación nas súas ás
Airbus A400M Atlas británico aterrando formando estelas de condensación nas súas ás
Estes días achegáronse un par de A400M británicos ao aeroporto. O de onte aterrou baixo unha forte choiva deixando unhas bonitas estelas (e a un fotógrafo enchoupado).
#avións
#planespotting
Unha gralla pequena pousada na póla dunha árbore.
As grallas pequenas (Coloeus monedula) son dos paxaros máis abundantes da miña zona, e é fascinante ver como socializan e actúan.
#birds
#paxaros
Subeliño común (Aegithalos caudatus) da subespecie escandinava.
Subeliño común (Aegithalos caudatus) da subespecie escandinava.
#birds
#paxaros
Unha femia de picanzo vermello (Lanius collurio) asexando dende o alto dunha árbore.
Unha femia de picanzo vermello (Lanius collurio) asexando dende o alto dunha árbore.
#birds
#paxaros