Actividades de abril 🐜🐜🐜
28.03.2025 18:32 — 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 0@casadasformigas24.bsky.social
Libraría independente en Cambados. Grandes historias en pequeno formato 📚🐜✨
Actividades de abril 🐜🐜🐜
28.03.2025 18:32 — 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 0Este venres recibimos a visita de Tamara Andrés para falar sobre a súa última publicación, 𝑷𝒂𝒓𝒂 𝒏𝒐𝒏 𝒄𝒐𝒏𝒄𝒓𝒆𝒕𝒂𝒓𝒎𝒆 ✨
Este libro é unha obra hetéroxenea, con poemas de versos curtos e breves, algúns moi diferentes do resto do conxunto, como para facer honra a un título que promete experimentación.
Adianto da programación de talleres creativos do mes de febreiro 💥
🔸 CLUB DE BORDADO x Lúa Mosquetera • 05/02
🔸 CERÁMICA x Terra e Lume • 08/02
🔸 COROAS DE MIMOSAS x Mimosas Garden • 09/02
🔸 PINTURA x Lúa Gándara • 15/02
📌 Inscricións e máis info no 744 657 258.
Con máis de sesenta títulos ás costas, Ramón Caride achégase o próximo venres 7 de febreiro a esta casa para falarnos da súa última novela, 𝑨𝒔 𝒔𝒖𝒑𝒆𝒓𝒗𝒊𝒗𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔.
Queres saber máis sobre esta historia? 👀
Por fin, despois de tantos meses dándolle voltas, arrancamos co CLUB DE LECTURA! Un espazo no que compartir opinións e libros con outras persoas 📚
O vindeiro martes 28 faremos unha primeira toma de contacto cunha reunión informativa. Abrimos inscricións e falaremos dos libros escollidos ☺️
Tras publicar diversas obras como “Galería de saldos” (2016) e “O meu sangue” (2022) entre outras, Diego Giráldez chega a Cambados para falarnos da súa primeira aventura literaria adicada a público infantil.
Achegádevos, paga a pena coñecer a historia detrás de “Xulia e as cóxegas das nubes” ⛅️🌧️
Xulia decidiu nacer antes do previsto.
Xusto o día que ficou sen electricidade a TurboBarloventa, a máquina que fabrica nubes da vida ☁️☁️☁️
Haberá algo que a poida subsituír?
📝 Diego Giráldez
🌿 FAI UNHA KOKEDAMA 🌿
Descubre como crear a túa propia kokedama. Unha técnica tradicional xaponesa, que consiste en albergar a planta nunha maceta orgánica de musgo en forma de bola, de aí o seu nome Koke(musgo) Dama(bola).
🔸 Se estás interesada en recibir máis información escríbenos ao 744657258
No ano 2017 e con motivo do 50 aniversario da publicación de “Cien años de soledad” de García Márquez, @randomhousees.bsky.social estrenaba a edición máis bonita da novela ata o momento.
Con ilustracións inéditas da artista chilena Luisa Rivera e cunha tipografía creada polo fillo do autor.
O vindeiro sábado 18 de xaneiro fai o teu propio bolso coa técnica de macramé 🧡
Como ben di Ana de Nai Diseños: non necesitas ter coñecementos previos, soamente ganas de aprender, desconectar e deixarte levar.
🔸 Se estás interesada en apuntarte escríbenos ao 744 657 258
Pois si amigas, rematou a tempada de Nadal e toca volver ao traballo.
👉 Recomendamos encarecidamente 𝑬𝒍 𝒅𝒆𝒔𝒄𝒐𝒏𝒕𝒆𝒏𝒕𝒐 de Beatriz Serrano. Unha novela para ler a escondidas na oficina.
Retomamos actividade no Club de Bordado de Lúa Mosquetera 💖
Un taller creativo de continuidade que se converteu nun espazo seguro para escapar da rutina, estimular a creatividade, aprender a bordar e compartir historias 🪡🧵✨
🔸 Se estás interesada en unirte escríbenos ao 744 657 258
Abrimos hoxe e mañá para que os Reis Magos fagan as últimas compriñas 👑👑👑
04.01.2025 10:58 — 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0 🎁 SORPRESA 🎁
Parece que os Reis Magos pasaron por esta casa antes de tempo!
Hoxe ás 19:00 temos a sorte de recibir a Laura Portas, autora do éxito 𝑬𝒍 𝒃𝒂𝒊𝒍𝒆 𝒅𝒆 𝒍𝒂𝒔 𝒎𝒂𝒓𝒆𝒂𝒔 🌊
Vémonos 👀
Prometemos un 2025 con maior actividade en @bsky.app 🐜🐜🐜
03.01.2025 02:01 — 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0Como un día solo sabe a pouco… imos cunha semana enteira de actividades para celebrar o primeiro aniversario de #CasaDasFormigas 🎉
🔸 Inscricións e máis info: 744 657 258
Pois si, amigas, #CasaDasFormigas celebra o seu primeiro aniversario e eu non podo sentirme máis emocionada e agradecida.
Foi un ano de aprendizaxe rodeada de libros e historias que compartín con todas vós.
De verdade, grazas por facer desta casa un fogar 🧡
🐜: @pacrispa.bsky.social
#OcéanoEspacial narra a historia de Millo, un neno moi especial e intrépido que está disposto a surcar mil mares coa intención de cumprir o seu soño: ver algún día unha balea.
Este conto, escrito por Yolanda Martínez de #HilosYBallenas, convídanos a vivir unha máxica aventura para toda a familia 🐳✨
Xa recibimos o quinto número da revista cultural #CenFollas, adicada este ano á memoria do pintor Lino Silva.
De entre as súas páxinas destacamos un artigo sobre o Pazo de Montesacro, uns manuscritos inéditos de Armando Cotarelo Valledor e a reprodución de 90 cm do cadro “Cambados desde Sálvora”.
As formigas chegaron a @bsky.app 🐜🐜🐜
18.11.2024 11:07 — 👍 8 🔁 2 💬 0 📌 0